Novembro do ano 68. O soño hippie todavia se mostra potente pero xa comeza a agonizar, con un sentido de cercanía do apocalipse que vibraba no aire, alimentado polas drogas e a paranoia. Os grandes álbumes da época conteñen elementos de morte e decadencia, postos fronte a un desexo utopico de amor e liberdade. Van Morrison fai nacer Astral Weeks, como equipo de supervivencia para este tempo extrano e intermedio.
Van Morrison, o home que devolveu as palabras ás suas orixes máxicas, onde xuntadas coa música se combinan para crear unha nova realidade. Astral Weeks é o exemplo perfecto de como calquera cousa se pode cohesionar nun todo cargado dunha emoción suprema. Van chega a un punto que leva a música a un campo totalmente diferente, a un lugar no que podes penetrar e establecerte. A súas mellores cancións ocupan ese espacio encantado, no que se fai dificil desligar o amor sagrado do profano. Esa icónica imaxe do xardin brumoso e da choiva caendo, pode ser o Edén, o paraíso ou o xardin da tua casa. En Moondance, o seu seguinte album e un dos mais maravillosos para facer o amor, hai mais disto. Pero é en Astral Weeks onde esas imaxes forxan unha cousa nova a partir da sensualidade e do coñecemento místico.
O pequeno irlandes de sexualidade conflictiva fai un album mentalmente a cabalo entre Belfast, Londres e Nova Iorke, onde se grabou. Mais que un disco é unha autorevelación. Por momentos parece un predicador cantando para apagar o lume do inferno. Van pode ser enormemente cómico ou un malhumorado insoportable, un mistico e un inadaptado, a ratos inxenuo e a ratos maxestuoso. Igual que calquera, en realidade, so que el crea o seu mundo nas incribles cancions deste disco.
Conta John Densmore, dos Doors, sobre Astral Weeks e unha festa: "...no apartamento fixose o silencio. Todos miramos a Van. O oilo cantar sobre camiñar por xardins húmidos de choiva saltaronseme as bagoas. Era como si el non se poidese comunicar a un nivel de charla normal, e o puxera todo nas cancións. A música xurdia dun lugar moi profundo. Ó rematar fixose un silencio longo, case sagrado. E logo seguimos coa festa..."
Traballar con él é como estar colgado a unha altura de 85 pisos agarrado pola punta dos dedos. Van era un pequeno Dylan, que utilizaba o estudio como un lugar para compoñer e probar ideas novas. Presentabase sempre con servilletas de papel con letras e melodias. Facía malabares con granadas de man. Trata de chegar a un cambio que veña dun nivel mais inconsciente, todo conectado coas profundidades do pensamento. Van busca un concepto con unha orientacion visual, case se podería decir que tenta facer unha película en vez de un disco. Saiulle unha obra que habita nese mundo máxico da melancolía á deriva.
A portada do disco: Van esta nun circulo negro e mira hacia abaixo e ó seu interior, cos ollos cerrados e unha lixeira sonrisa. Sinistro e soñador, coma a sua música. Na contraportada parece un autentico asesino en serie.
25 de setembro do 68. Entran a grabar catro temas nunha sesion de 7 horas: Cyprus Avenue, Madame George, Beside You e Astral Weeks. Semellaba que Van estivese todo o rato colocado, como si sufrise unha gran pena personal. Non houbo ensaios, simplemente se improvisaba. Tales riscos foron sorteados dunha maneira espectacular. Si se pode falar de un instrumento solista fora desa guitarra casi líquida sería o deslizante contrabaixo de Richard Davis, musico que traballara co arbitro do talento, Miles Davis.
15 de outubro do 68. O elenco volve a arder. En sesions nocturnas, as mellores para ese tipo de musicos, grabaronse Sweet Thing, Ballerina, The way young lovers do e Slim slow slider.
Disco rematado. O acetato xira, a agulla rasca...
Astral weeks. A idea de que para nacer debes morrer primeiro está presente. É pura enerxia en transformación, ves a luz ó final do tunel O primeiros e preciosos versos ..." si me aventuro na estela, entre os viaductos dos teus sonos, donde o aceiro en movemento esta a piques de chocar, e remata a cuneta das carreteras secundarias, podrias atoparme?"... Busca ese lugar que mencionaba Dylan, no que as palabras non poden oirse. Guitarra estremecida e amable e logo a voz de Van, madura e chea de tenrura. Todo é incerto, Van non é mais que un extraño neste mundo.
Beside you. Parece cantada a un neno, quizais el mesmo, e por momentos a alguén amado. Canción de beleza básica, na que Van arrastra as palabras como se foran a durar sempre.
Sweet thing. Cancion suave, romantica, como pedindolle a alguén que se deite silenciosamente o seu lado. Van parece un gato que ronronea. Aparecen eses xardins completamente empapados de choiva, a súa imaxe mental caracteristica.
Cyprus avenue. Unha rúa de Belfast, lugar místico onde pasear e pensar, sitio perdido e oculto da traxedia do mundo. Van ten a sensacion de estar atrapado, como vencido no asento dun coche e reducido a un silencio torturante que non lle deixa escoitar os ruidos da vida.
Young lovers do. O amor xuvenil. Choiva unha vez mais. Sensualidade por arrobas, a imaxe do primeiro bico adolescente sobrevoando a canción.
Slim slow slider. Ese saxo que voa como si se cruzara cunha flauta, soando como chegada atravesando un lago azul claro.. A imaxe dunha persoa atrapada nunha gran cidade, posiblemente drogada, que confunde Notting hill cunha praia arenosa, confusión unha vez mais..
Madame george. Tema capital do disco, levanta unha arrolladora atmosfera de desesperacion e decadencia. É case un monologo interior, no que Van repite palabras ata o infinito: ollo, adeus, porque e amor fundense nunha melodia que se hincha e desmorona. Sedante e chispeante como plantarse de pe cara o vento en medio dunha gran nevada. O contraste entre o amor e o odio, o calor e o frio. Visions infantis que se volven sinistras, sexualidade que crece luxuriosa. O tema desemboca no final mais bonito que escoitei en moito tempo, e acaba sendo unha cancion de despedida cando ela se sube ó tren que parte.
Ballerina. So poesia, sobre unha puta, ou unha ex amante, posiblemente Janet Planet, esa actriz da que enamorou en san francisco. Trasluce emocion ó cantar, alegria, desexo, esperanza, hastio, asombro e ilusion. A vida mesma.
Astral Weeks sobresalta e consuela, convoca emocions universais e recordos en profundidade como so fai o arte xenial. Ten esa atmosfera agridoce. Van fala sobre seguir avanzando, sobre aspirar e espirar, sobre os perigos da vida e as suas alegrias. A forza de astral weeks esta no seu aire acumulador de paixon e de misterio. É unha busqueda xenial, alimentada pola creencia de que a traves dos procesos mentales e musicais se pode acceder a vislumbrar a iluminacion. A veces é como ver o corpo dende arriba, dende ese plano astral, no que so percibes xente aturdida pola vida, totalmente agobiada, nos osos, á que se lle concede un momento de vision e unha vida enteira para gozar de el. Secate os ollos, di Van, e deixate levar pola música.
miércoles, 14 de diciembre de 2011
SLINT – Spiderland. 1991 por Marcosdeaurita
Post-rock, post-hardcore, post…, está claro que Slint semella ser algo post. Sen embargo, 'Spiderland' é un deses discos precursores, que cambiou a forma de escoitar e entender o rock e pode ser considerado cando menos unha encrucillada de camiños, derrubando moitos convencionalismos e abrindo as portas a novos universos sonoros moito máis eclécticos e menos ríxidos.
O mesmísimo Steve Albini apostou polos de Louisville e gravoulles xa en 1987 o experimental ‘Tweez’. Pero ese debut quedaba moi lonxe da obra que asinarían anos despois, e ninguén podía esperar a esas alturas que puidesen cambiar a configuración do que entendiamos por rock e darlle un novo xiro.
Slint xoga cos contrastes, unha fermosa foto en branco e negro ilustra a portada, unha plácida imaxe que se contrapón radicalmente ao que o disco garda no seu interior. ‘Spiderland’ pinta un mundo inhóspito e tenebroso, de pesadelo, cheo de estraños e inquietantes seres que parecen vagar resignadamente por ese inferno. O álbum vai discorrendo por diferentes pasaxes, medrando en intensidade de principio a fin, xogando con permanentes cambios de ritmo que transmiten estados de ánimos. Os instrumentos contribúen a dar énfase á historia, mesmo participando dela; e as letras, susurradas ou recitadas máis que cantadas por Brian McMahan, son escuras e desoladoras.
O disco abre con ‘Breadcrumb Trail’, que é como unha montaña rusa, arriba e abaixo, a un lado e ao outro. ‘Nosferatu Man’ é a banda sonora da vida dun vampiro, na cal as afiadas guitarras contribúen a crear o ambiente axeitado para as andanzas do protagonista. ‘Don, Aman’ é un dos temas máis crus e intensos, cunha rabia contida durante case toda a canción que desencadea ao final un arrebato de ira, unha ira contida contra todo e contra todos. Novamente a alucinante guitarra de David Pajo contribúe a dar énfase á historia. ‘Washer’ e ‘for dinner’ rebaixan o ton intenso do disco, pero non a súa escuridade, máis aínda acentúana.
‘Good Morning, Captain’ é simplemente sublime, enigmática e con moitos matices. Baseada no poema ‘The Rime Of The Ancient Mariner’ de Samuel Taylor Coleridge, que conta a inquietante historia dun vello capitán de navío. Se Slint creou un estilo propio, ou cando menos se definiu as bases del, este tema sería o paradigma. Un remate espectacular e escalafriante, un dos mellores momentos do rock de todos os tempos…
Despois da súa publicación, a banda disolveuse e o disco pasou practicamente desapercibido ata que cos anos foi gañando o recoñecemento que merece.
miércoles, 23 de noviembre de 2011
MY BLOODY VALENTINE. Loveless. 1991
Desamor, …no lugar onde se confunden o ben e o mal, o ceo e o inferno, onde a distorsión se funde coa melodía e con anxelicais voces, doces cantos de serea que te atrapan se os escoitas o tempo suficiente... Kevin Shields atopou a pedra filosofal que moitos andaban a procurar. Despois disto xa nada sería igual nin dentro nin por suposto fora.
A evolución de My Bloody Valentine é canto menos curiosa. O grupo comezou sendo algo así como se os Jesus And Mary Chain de Psychocandy se atoparan con The Cramps, para acabar converténdose en profetas da melodía ruidosa.
Pero 'Loveless' é moito máis do que calquera podía esperar. Fráxiles voces con ecos, guitarras rasgadas co trémolo, pistas de batería e efectos de reverberación para crear diversas atmósferas idílicas e texturas que se asemellan ao famoso Wall Of Sound de Phil Spector. E aínda así detrás de todo non parece haber ninguen, semella que a música flúe libre a través do universo...
Desde a tormenta inicial de 'Only Swallow' o disco discorre por unhas paisaxes sonoras entrelazadas entre si. Pezas estrañas como 'Touched' combinadas con enérxicas descargas como 'When You Sleep' ou 'I Only Said'. As melodías etéreas de 'To Here Knows When', 'Come In Alone' ou 'Blow A Wish' súmente nun estado de ensoñación lixeiro e arrastrante cara ao infinito. En 'Sometimes' o disco alcanza un momento sublime cunha sensiblidade desgarradora, dentro dunha atmósfera prácida, chea de amor (ou desamor): “...atoparás a maneira en que o amor fire...”, “...permaneces de pé, vendo como me vou, non me importa que xirases a cabeza, esperando que che devolvese a mirada...”. 'Soon' é unha premonición... sendo definida por Brian Eno como un novo standard de canción pop. Con iso sobran as palabras.
Resulta difícil non deixarse atrapar polo misterio que rodea a xestación deste álbum, o que contribúe a engrandecer aínda máis a figura de Kevin Shiels e de My Bloody Valentine. O disco xestouse ao longo de tres anos, utilizándose ata 19 estudos de gravación diferentes e participando 14 enxeñeiros de son distintos. Mesmo se chegou a dicir que o custe da gravación levou á bancarrota a Creation Records. Alan McGee, propietario do selo desminteo dicindo que “Loveless non levou ao selo á bancarrota. É certo: tardaron moito en gravarlo, gastaron moitos cartos, pero nos tomábamos demasiadas drogas e estábamos fora de control”. Aparte, e a pesar do que din as malas linguas, McGee mostra a súa admiración e devoción por eles: “...aos Valentine conocínos nos oitenta […] cando os vin dinme conta de que efectivamente eran moi bos. Desde aquel día non podía negarlles nada.” Anos máis tarde Creation Records foi vendido a Sony por 30 millóns de dólares.
Do propio Shields tamén xurdiron unha serie de lendas entorno á súa figura, relacionadas coa súa inconformidade e o seu gusto polo perfeccionismo. O certo é que Kevin Shileds tiña na súa cabeza esta obra mestra desde o principio e non parou ata que a sacou fora, sendo na totalidade practicamente obra súa. Pero non foi capaz de sobrepoñerse a ella, e desde entón a súa carreira creativa é practicamente inexistente, con permanentes rumores sobre a gravación do terceiro disco de My Bloody Valentine.
viernes, 18 de noviembre de 2011
NICK DRAKE. Five leaves left. 1969.
Que triste ten que ser escoitar os vacios eloxios e ver as profundas reverencias que se fan agora á túa música, eh Nick. Sei que tocabas para ti, sei que non che gustou nada cando tiveches na man esta portada verde coa túa foto impresa. A todos lle pareces triste nesa foto. Eu véxote despistado, vendo como marchaba en bicicleta aquela amiga nosa, acordaste de ela?. Estiveches locamente enamorado moito tempo do seu pelo, da súa sonrisa. Mil tardes compartiu con nos en aquela buhardilla. E ahora todos te ven mirando para ela na maldita portada. ¿por que sacaches á luz esas cancións? Eran nosas, recordas. Eran túas.
Por mais que lle dou voltas non atopo os motivos. Cando estudiabamos xuntos, alí en Cambridge, a todos aqueles loucos da literatura inglesa, Locke, Defoe e o que che gustaba tanto, Lewis Carrol, sempre me falaches de mundos que estaban na túa cabeza, mundos que eu non entendía. Oiate rasguear aquela vella guitarra unha e outra vez, como ía tomando forma o teu peculiar estilo de tocala, diferente a todo o que eu oíra ata entonces. Recordo aquel tempo que estivemos en Francia, e as escapadas a Marrocos. Aquelas noites en vela eran máxicas, falando de todo e de nada, ata altas horas, sin durmir, fumando cannabis sin parar. Eu era feliz, pero nunca me din conta do desgraciado que ti eras. De como non durmíamos porque realmente ti non podias, o teu insomnio destrozabate. Perdoame por non darme conta. Perdoame por non pararte cando empezaches a tomas aquelas pildoras, de bonitas cores pero tráxico destino. Teriamos que haber buscado outra solución, Nick. Houberamola atopado. E eu non estaría escribindo ó mais alá neste momento.
Ven á miña cabeza a noite que coñecemos a aquel americano, Joe. Non lembro ben o seu apelido, Boyd quizais. Decian del que fora o que lle enchufara a guitarra a Dylan en Newport. Decian que impulsara a John Martyn e á Incredible String Band. Decian tantas cousas del... Enseguida te entusiasmaches. As tuas cancións eran maravillosas, e a Joe gustabanlle moito. Fai pouco alguen faloume del e dun libro que publicou. Bicicletas brancas se chama. Fala algo de ti e de como entramos en aquel estudio de gravacion. De como meteu nel a Richard Thompson e algun membro mais dos Fairport Convention, e aqueles dous que tocaban en Pentangle. Bos músicos. Richard era un mestre da guitarra electrica. Tamén había músicos de vento, eu non sabía para que. ¿pediralos ti? ¿aquelas cancions que desnudas eran máxicas, como serían revestidas desos instrumentos?
Aqueles días foron de luces e paixón. Pero tamen tristes e crueles. Vinte mostrandote tal e como eres. Vinte contando cousas que nunca contaras. Vinte na túa cumbre, no pico mais alto da túa vida. Ti que escapabas nas actuacións en directo, que non falabas con ninguén, que fuxías da xente, de repente sacaches a relucir a beleza e a delicadeza, a melancolía e a sensibilidade que eu sabía que habitaba en ti. A túa apatía de repente converteuse en lume, lume lento e pausado, lume do que dura ata o infinito.
Cando tocabas River man, parabase o tempo. A búsqueda dese home do río, dese río que fluye, desa sabiduría vital. Aquel ultimo parrafo éra cruel ... vou a ver ó home do río, voulle decir todo o que poida, sobre a prohibición de sentirse libre...
E en Fruit tree, presaxio convertido en canción, onde dis ... todos saberán que estabas aqui cando te teñas ido... Sabias o que ia pasar, cabron. Esta canción ainda hoxe se me fai dificil de escoitar. E demasiado triste. Doume conta de como era o teu interior. De como debiches sufrir... a vida non é sinon recordo, que ocorreu fai moito tempo, un teatro cheo de tristura para un espectaculo largamente olvidado. Parece moi facil deixala correr, ata que te detes a preguntarte por que nunca te preguntaches por que... Dende que che escoitei tocala por primeira vez, non deixo de preguntarme os por ques de todo. E unha maneira agonica de vivir, pero é a única que coñezo, por culpa túa.
Unha das miñas preferidas era, e sabelo, Way to blue. A túa voz case chorando, e os ventos aullando en silencio. Pideslle a alguen ... dime todo o que sepas, ensiname o que teñas que ensinar... Cantas veces cho pedin eu, e cantas te negaches. Eras así. Acepteite.
Alguen me dixo unha vez que escoitandote daba a impresión de que falabas de soños, de momentos etereos que estaban no teu limbo particular. Eu creo que falabas de cousas que estaban na terra, que sufrias diariamente, que non sabias como contalas. A veces estás liricamente optimista, como en The thoughts of Mary Jane, ou na preciosa Time has told me. Non sabes canto me axudou esta cancion no meu tortuoso camiño pola vida. Eso que dis de que ... algun dia o noso oceano atopará a sua orilla..., faime pensar en que todo acaba sendo como ten que ser, o tempo é xuiz sabio e duro. Esa canción compuxechela para ela, para a da ventana, seino.
Drama en Three hours, quen era ese Jeremy que escapa, que busca un amo e un esclavo? ti?. E en Day is done, a que che axudei a compoñer, falamos do paso do tempo. Recordo que nos obsesionaba. Segueme doendo cada segundo que estou sin ti. A ti o tempo acabouseche pronto. Que bonita era esta canción, pero cando un está lonxe de onde quere estar volvese extremadamente cruel.
Hoxe volvo a escoitar o disco tras mais de 17 anos sin facelo. E oio Saturday sun cando a agulla toca case ó seu fin. E veñen á miña cabeza esas tardes simples, fugaces, casi inaprensibles, que co paso do tempo gañaron un valor infinito... non parecian gran cousa ese dia, pero cando os recordo eran momentos realmente bos...
E mentras escribo esto doume conta de todo. Claro, como non cain antes. Realmente foi a unica maneira que atopaches de contarnos o que sentias. Vichelo claro no teu interior, e nunca fuches capaz de facernolo ver os demais. Excepto nestes surcos. Recordote, e resbala unha bagoa... Por que non me din conta cando estabas conmigo¡¡¡??? Quixente, Nick, e a miña traxedia é que so me queda esta portada verde e esta foto tua mirando para ela, en vez de mirar para quen che saca a foto, en vez de mirar para min.
Robert Kirby

viernes, 21 de octubre de 2011
THE DREAM SYNDICATE. Days of wine and roses. 1982
por Marcosdeaurita.
“No son longos, os días de viño e rosas: dun soño nebuloso xorde o noso camiño, para perderse dentro doutro soño” Ernest Dowson
Os bos momentos son tan efímeros como a vida mesma, obrigandonos a sentilos e vivilos con máis intensidade. Iso mesmo lles sucedeu no outono de 1982 a un grupo de mozos californiano que, baixo o nome de The Dream Syndicate, abrazaron creativamente a costa leste e os anos sesenta, nun idilio que se prologou durante estes días de viño e rosas, que se foron pouco despois dunha aloucada gravación express que concentrou todo o frenesí e o talento dun grupo de rock de guitarras, nun disco que parece desbocado, pero que en ningún momento perde o control, aínda que sexa bailando permanentemente no límite. A experiencia tornouse irrepetible.
Pero a historia comezara algo antes, en 1981, cando Steve Wynn, que contaba con apenas 21 anos, decide poñer a proba o seu talento nunha deslumbrante sesión chamada '15 Minutes', grabada por el mesmo na súa propia casa. Estamos na época do 'Do It Yourself', o espiritu punk esta moi presente no mundo do rock e moitos abrense camiño deste xeito. Nesta gravación anticipanse as claves do son que definiría un icono do rock americano: 'The Days Of Wine And Roses'. Wynn asina oito das nove cancións do disco, e xunto a el un elenco de luxo formado pola baixista Kendra Smith, compañeira de universidade de Steve, o batería Dennis Duck e o salvaxe, desbocado e talentoso guitarrista Karl Precoda.
Rock de guitarras non é só unha cualidade descriptiva da música de The Dream Syndicate, senón tamén unha declaración de intencións, nun momento no que os sintetizadores borraran do mapa as seis cordas. 'The Days Of Wine And Roses' é un disco adiantado á súa época, cun son que non atopa semellante en 1982, coma se dun eslabón perdido se tratase, e que segue a soar actual hoxe en día.
O disco comeza coas potentes guitarras de 'Tell Me When It's Over', un medio tempo delicioso no que esta moi presente o Neil Young máis eléctrico. En 'Definitely Clean' a enerxía punk de coetáneos seus como Gun Club xorde nun tema no que novamente as guitarras dominan a escena, algo que en 1982 era toda unha afrenta ao sitema establecido, e que os relegaba ao underground e a categoría de proscritos. O mesmo impetu repitese en 'Then She Remembers' un tema velvetiano acelerado ao triple de revolucións, o que provoca unha desatada loucura garaxeira. Antes, un dos momentos máxicos do disco 'That´s What You Always Say', que xa formara parte do citado '15 Minutes'. Podemos dicir que nos atopamos ante un hit, un número 1, un tema que o ten todo para poder ser considerada unha das mellores cancións pop do seu tempo.
A paradigmática 'Halloween', asinada por Precoda (a única non composta por Wynn), convertirase nun referente para moitas bandas posteriores que se beberon desta fonte, como Galaxie 500 ou Yo La Tengo que teñen unha innegable débeda con este disco. Aquí, Precoda, mostra un estilo máis clásico e menos desaliñado que no resto do álbum.
A angustia e a melacolía contidas de 'When You Smile' (“Cando ti sorrís, non sei qué facer / Porque podería perder todo en un ou dous minutos / E parece que ven o fin do mundo / Cando ti sorrís”) deambulan collidos da man da luminosidade a ledicia e a inxeniudade sen deixar claro en ningún momento a que lado están.
'Too Little, Too Late', con Kendra Smith na voz, desprende un aire velvetiano warholiano (se se admite o termo). 'Until Lately' mostra unha cara diferente, menos tensa e máis desenfadada, mostrando a súa versatilidade. Jonathan Richman xa pasará por alí.
Ao longo do disco, as tormentas eléctricas alternan con momentos de calma tensa debaténdose entre o desorde e a precisión, ata chegar ao tema final, co mesmo título que o disco, onde os californianos pechan con máis de sete minutos de desenfreno eléctrico, nunha incrible descarga de intensidade onde todo estoupa polos aires, rematando así os efímeros días de viño e rosas, que se irán para sempre, e que só voltaran cando a agulla se pouse neste incrible disco, roubándolle momentos ao pasado.

miércoles, 12 de octubre de 2011
JOHN LENNON. Plastic Ono Band. 1970.
Como afrontalo, preguntome. Quero pero non podo. Escoito a John gritandome ó oido, dicindo tanto con tan pouco, e sinto a necesidade de facer o mesmo. Imposible. Imposible en duas liñas explicar o que pasa nestos surcos. Imposible recrear a sensación primeira, esa que te leva ós teus propios pozos negros escoitando estas cancións, esa que te fai sentir perdido ante o mundo para acto seguido darche un ápice de esperanza. ¿Hai esperanza, John? ...responde...respondeme¡¡¡
A caixa negra non parpadea coa sua inaguantable e irritante luz vermella, non hai resposta. Quizais porque na realidade él tamén a estaba buscando. Necesito que alguén me explique por que un dos homes mais idolatrado, icónico, rico e amado do mundo ten a necesidade de facer isto. Por qué alguen na cima da súa vida, descende ós infernos a mirarse ó espello de Satanás, e decide ensinarnos a todos qué é o que se ve. ¿Realmente necesito que alguén mo explique? Penso que John nunca estivo na cima, sempre estivo nese inferno, e que sabía que non ía sair del nunca, pero que había cousas que melloraban a súa estancia nel: e naciu PLASTIC ONO BAND. John, o mais grande, descendendo ó barro, enfangandose e mostrandose en alma plena. Aqui estou, este son eu, deixade de decir todos como son ou como queredes que sexa. Nas nosas vidas poucas persoas nos ven asi, a veces ninguen, pero John mostrouse nun disco que todo o mundo ia escoitar. Pouco lle importaba.
Primeiro album de estudio despois da separación dos catro de Liverpool, para el xunta vellos amigos que o coñecen ben: a sección rítmica, contida, concisa, elemental, Ringo á batería e Klaus Voorman ó baixo. John co piano e as guitarras. Phil Spector, o mago enano, na producción, e flirteando co piano en Love, como fai o gran Billy Preston en God. As tomas de cada canción son básicas, crudas, duas como máximo para cada tema, sensacións primixeneas plasmadas no acetato.
Escoitando este disco, danme ganas de rir do punk, que todavia tardaria en chegar, da súa simpleza de plantexamentos, dese quedar na superficie da rebeldia. Punkis, escoitade a John Lennon, o gran rebelde, o home desnudo, o home contra o mundo. Movia as conciencias cunha muller de punto de apoio. Non llo contedes a Arquimides, pero sí, o seu famoso punto de apoio era unha muller.
Unha muller que lle ensinou a amar. Unha muller que desnudou os seus medos e traumas, mostrandollos na cara, para que os contemplara e sacara a rabia e a dor, sumerxindoa nas cancións deste disco. ¿Sabes como se chama este disco na edición xaponesa?: a alma de John.
Deiteime a escoitalo antes de escribir isto. Vinme superado. Por John e por min mesmo. John está ó meu lado, outros non. Deitado na cama, penso na alma de John. Penso na miña alma. Penso nas almas todas. Estamos unidas pola mesma traxedia: non somos inmortais. Ese é o punto final. Pero, ¿que pasa no camiño hacia alí?. Ese camiño é unha festa, unha festa de sufrimento, de medo, pero ó mesmo tempo de autoafirmación, de amor. De amor a vivir a pesar da morte.¿a donde van os que morren? non o sei, pero sei onde quedan os que os sobreviven, no mais profundo inferno, cheo de dor e esperanza. Con cantas tonterias nos preocupamos a veces.
PLASTIC ONO BAND é un canto a todo isto do que falo. Disco crudo, no que un home esceptico co mundo desnuda a sua alma. Intenta eliminar os fantasmas vitaiss. Fachada de éxito, aspecto emocional derrumbado. Minimalismo, melodia, reflexion existencial.
Unhas campás anticipan a chegada da morte, pero tamen o inicio de algo novo. Mother, primeiro e desgarrador tema. O abandono dos seus pais, a morte da nai, o inicio da súa tráxica vida. Grita desesperadamente por ela. A voz é desgarradora, o piano aporreado con desgana. Penso o peor... canta..." nai, ti tivechesme, un a ti nunca, necesitabate, ti xamais me necesitaches. Así que so teño unha cousa que decirche, adeus, adeus...."
Tras este inicio matador, “Hold On” parece que quere devolver a esperanza. Mantente, que que todo vai ir ben, parece dicirse a si mesmo. É un consuelo no medio do caos e da catastrofe, casi unha cancion de cuna. John, aguanta, ninguen cho vai decir, ninguen te vai abrazar cando o necesites, aguanta. Apreta os dentes, dixome unha vez un amigo.
En I found out, John arremete contra todo. Agria exposición de rexeitamento ante a falsedade humana, xa sexa na relixión, os movimentos pacifistas, os dioses da música incluindo ó propios Beatles... Quen vos creedes que sodes... Desaogo no medio da tormenta emocional.
Working class hero é unha das miñas favoritas. Cancion social por excelencia, reivindicacion da clase obrera, ten unha tenue melodia que te atrapa e che fai esquencer por un momento a violencia do que conta. Escoitao cando di cousas como ...polo que vexo seguides sendo uns putos campesinos... Despertade, estanos dicindo. Despertade dunha vez¡¡¡
Soa “Isolation”, tremenda, arrebatadora. Ese piano quitalle o control do tempo a Deus e tomao como propio. A lentitude da execución contrasta coa rabia na voz. John confesa que ten medo, da soedade, do mundo. Vivir con medo é algo natural, pero demoledor:
... non espero que o entendas
despois de causar tanto dano
pero de novo, non tes a culpa,
eres solo un ser humano, unha victima da loucura...
Remember, outra preciosa melodia, aguillona no punto clave,... non sintas pena da forma que se foi, non te sintas culpable, solo recorda... Non me jodas, John.
Chegado a este punto, ou me meto un chute de esperanza, ou por que non pegarse un tiro. Soa “Love”, título breve, gran emoción. Simple e complexo, o misterio do amor. Ahh, si, recordo o porque de tanto sufrimento. O amor, ese gran misterio.
En well, well, well discute coa súa amada de temas diversos. Look at me, preciosa, para esa muller tamen... mirame, mira dentro de min... Dous temas que son pausa antes da tempestade que é God. John renega de todo, dos heroes da cultura popular, incluindo os Beatles. Iconos derrumbados como si fora o propio Nietzsche. O Deus son eu, saio do mundo dos soños para ser eu mesmo, declaro a sua independecia do mundo e a unica creencia nel mesmo.. e por suposto en esa muller sempre presente. Escribirei a miña propia historia, si me deixan. Final do disco antes do panexírico que é my mummy´s dead, recordo da traxedia e da beleza do mundo.
John Lennon, aquel que xa guiara os Beatles hacia mundos descoñecidos e surrealistas, hacia zonas delirantes do pensamento, cando se atopou so esto multiplicouse exponencialmente. Un home cunha vida tormentosa, inestable, caprichosa. O triunfo, o favor do publico, bañarse en cartos, non o cambiaron. So multiplicaron a súa angustia.
Home que fixo da dor a sua relixion, para John crear e amar é un sufrimento, pero tamen unha redención, un camiño para o conseguir o orgasmo que é vivir, a búsqueda continua do placer de amar, do amor verdadeiro. En todos lados grita con desesperacion, a veces en voz baixa, pero sempre hai alguen que o oia. Grita que a unica verdade é o amor, e a traxedia máxima a falta de amor. Unha vez cantou: ...amote sempre, todos os dias de novo, fixemos o amor todos os dias, pero empezamos de novo, lonxe, solos, como se fose a primeira vez.
Nunha entrevista na radio 6 horas antes de morrer oiuselle unha vez mais...todo o que vale a pena neste mundo pódese reducir a unha cousa: o amor.
viernes, 7 de octubre de 2011
RORY GALLAGHER. Tattoo. 1973
Bebía como si o sentido da vida estivese no fondo dunha botella. Moi irlandés, pensaredes. Isto levouno a unha morte anunciada. Ainda aguantou bastante. A combinación do alcol cos fármacos que tomaba para disimular o seu pánico a voar foi unha combinación letal. Un transplante dun fígado cheo de buratos e queimado ata o infinito foi o camiño directo á tumba. Non deixa de dar que pensar o feito de que alguén que nos fai flotar tantas veces a un palmo da terra coa súa música tivera medo a voar. Pero, ¿quen necesita os avións cando xa voa nos escenarios?
A súa música perdurará eternamente, como unha desas maravillas ocultas para o placer dos que o admiramos. Guitarrista idolatrado polos mais grandes, sen embargo non é o clasico instrumentista que masturba o mastil buscando o propio placer, senón que non seu caso as seis cordas estan sempre ó servicio da canción. O aspecto emocional imponse á tecnica. Rory chega a ter un dominio da guitarra tal que non lle fai falla alardear del, logra pulsar as teclas da esencia das cancións sin recrearse no control do instrumento. ¿para que tocar mil notas por segundo si con dúas che digo o que quero decir?.
Recibe unha forte educación musical na casa, toca todo instrumento de corda que chega as suas mans. O neno Rory escoita a Lonnie Donegan e ós mestres do blues con fruicion na radio tentando imitalos. A súa vida é a música dende pequeno, e pronto monta os seus primeiros grupos. Con ¡ 17 anos ¡ xa fai maravillas co trio Taste.
A súa historia é a da súa famosa guitarra, esa stratocaster do 61, a primeira que aterrizou en Irlanda. O seu detalle caracteristico é o desgaste do acabado. Rory, debido ó seu raro grupo sanguineo, convertia os litros de suor que chorreaba en cada concerto nun poderoso acido que acababa co barniz da guitarra. Observao en calquera actuación en directo, todo ese acido caendo encima da guitarra, un instrumento e unha vida consumida pola música.
No ano 73 estaba nun periodo de franca inspiración, tras editar Blueprint. Rodadas ata a saciedade en Cork City, as cancións deste Tatoo entran no estudio perfectamente engraxadas. Suor e paixon resbalan nota a nota, transpiran os surcos do disco. A magnífica formación do grupo, McAvoy ó baixo coordinado como se foran un con Rod de´Ath á bateria, e o organo de Lou Martin facendolle as beiras á Strato. Fian unha combinación de blues, rythm&blues, skiffle, rock´n´roll, jazz, e slide con absoluta maestría, como si todo formase parte dunha unidade de acción. A base rítmica martillea constantemente e marca o camiño, que sigue Rory, desbocado por momentos, docemente contido en outros, acompañado dun organo que enche os ocos que deixa Gallagher. A tensión palpase en Cradle Rock, tema costa abaixo, banda desatada, estribillo revelador:
... you´ll miss out of you, let me out of your
day and night, i been tryin to make you see that
hear what i got to say
that´s all about me and you...
Daste conta?
Admit it vai polos mesmos sendeiros. Crudeza nos acordes para contar unha historia de rupturas e crueldade. ¿que queda despois da tormenta?. Repitese a historia en sleep on a clothes line.
...looking for my baby
but everywhere i´ve gone
tell me i just missed her
it´s gone on too long...
Xa nos vamos dando conta de que pe coxea Rory. Levanos ó terreo que el quere, o da desesperación, o da amargura, a súa música sona triste en un ritmo que cabalga sin cesar, é unha fuxida hacia adiante. Unha pausa para escoitar livin´like a trucker, un canto mais á vida do músico na carretera, desarraigado de todo, lonxe dos seres queridos, casi vivindo ... like a gipsy.., di Rory.
Tras catro cancions, escoitadas en desorden razonable, o corpo de un está preparado para afrontar a parte mais dura do disco, a que toca con un punzon fervendo a sensibilidade das entrañas. 20:20 vision, e ese ritmo acustico que se vai metendo, falando desa rapaza que pode ...facer sentir a meu avo como se tivese seis anos... Who´s that coming? traballa o slide e a armónica, en tradición bluesy, conta unha maravillosa historia, a chegada de alguén, ela?, ante a que ...o demo debe empezar a rezar coas suas rodillas no chan... Terrible e maravillosa chegada, ritmo en aumento, voz rasgada e rota.
They don´t make them... é unha das miñas favoritas. Chega un momento en que o solo de guitarra te leva a terreos descoñecidos, nun dialogo brutal co teclado, no que so eles saben o que se estan a decir, pero ti desde fora podes intuilo. A veces non se cruzan palabras, non fai falla decir as cousas, pero moi adentro un sabe o que está a pasar. Verdade?
Pero Tatoo, sin dubida, son duas cancións. Eu teño que facer como o demo de who´s that coming?, poñerme a rezar, porque o efecto que producen é demoledor. Claro, son Tatoo´d lady e A million miles away. Para maior desespero e regocixo simultaneo, o disco abrese coa maravillosa Tatoo´d lady, un dos mais incribles temas de Rory. Outro conto sobre feirantes, e as maravillas de pasar a vida baixo un teito de lona e vagar de cidade en cidade. Un mundo de fábula para unha canción que chega fondo.
Pouco podo decir de A million miles away. Deixate levar e escoitaa. Deixate levar como ese home que, acodado na barra do bar, ten a cabeza a un millon de millas. Ese home derrotado sentado na penumbra observando ledicia ó seu arredor pero incapaz de compartila. Ese home que ten grabado con lume momentos do pasado, onde soaba unha canción parecida. Ese home que viu o ceo e ten medo de voltar ós infernos. Ese era... Rory.

viernes, 30 de septiembre de 2011
LOVE. Forever changes.
Duas noites sobrevoan a miña cabeza: unha delas sudorosa, apretada, mais de mil persoas sin poder mover un músculo, coa boca aberta ante a exibición de Arthur. A clásica cinta na cabeza, e os incribles temas de Forever Changes soando un detras do outro, atronando a sala coa súa aparente delicadeza, clavando o aguillón cheo de veneno no momento mais oportuno. Parecía inofensivo, pero matounos a todos.
A outra noite foi tempo despois, ó aire libre, baixo unha frondosa arboleda, lugar paradisíaco. Arthur non apareceu. Estaba a súa banda, pero non era Love. Sin él non existe Love. Tocaron os seus temas, por momentos tentaron facernos olvidar a súa ausencia, pero era imposible. ¿por que non estaba él alí? Enfermidade, dician algúns. Pouco despois falecia de leucemia.
Corría o ano 2006, pero mr. Lee tiña conciencia da morte xa facía moito tempo. Ponme os pelos de punta The Red Telephone, tema aparentemente inocuo que encerra oscuridades inimaxinables:
"Sentado na ladeira dunha colina
vendo a toda a xente morrer
sentireime mellor no outro lado."
Espera á dama negra... sentado¡ A canción, tremenda, remata con un tozudo fraseo e unha súplica... Freedom, freedom, freedom. ¿quen ten prisioneiro a Arthur? Penso que a propia vida, a traxedia da súa existencia, culminada no caos e descontrol de un día a día marcado polas drogas e o alcohol, e a conciencia de ver cousas que outros nin sospeitaban.
Arthur Lee, negro deprimido na America das loitas raciais, nado en Memphis, emigrado a L.A. - California, home de personalidade atormentada e risa contaxiosa, como quen oculta ahí os seus tormentos. Monta un grupo na mitade da voráxine dos 60, e so se lle ocorre chamarlle Love. Ridiculamente tópico si se tratase de outro, ten todo o sentido ó tratarse de Lee. Porque, e especialmente no disco que nos ocupa, Arthur Lee, Love, trata os seus propios desenganos e desencontros co mundo con sorprendente falta de electricidade, de agresividade. Parece que o formato acústico, as orquestacións, sirven como elemento apaciguador e conteñén toda a negritude que hai destras dos temas. Arthur viste traxedias coas mellores sedas, decora sinsabores con lazos rosas, fainos ver que o mundo pode ser mellor, ... ainda que sexa un lugar infernal.
Corría setembro do 67. Setembro, como agora. Love leva grabando dende inicios do verán. Calor axfisiante fora, atmosferas doces e pausadas dentro. Si un cerra os ollos escoitando este disco rápidamente ve unha praia, nota as altas temperaturas, escoita a música que soaba, sinte ó seu lado esa muller de agosto. Dende logo Forever changes ten un sabor indiscutible a verán, pero según avanzas polos surcos unha e outra vez percibes a chegada do outono, un triste outono onde o sol se oculta e as follas caen.
Foi cumbre e tumba. Forever Changes é o apoxeo creativo dun home, dun grupo, detras do cal foron moitos dos mais mitificados ídolos da época. Jimmi Hendrix, amigo personal de Lee ou Jim Morrison, que sempre declarou querer chegar á súa altura, por nomear dous cercanos a él.
Séntate a escoitalo con paciencia, como si foses a disfrutar da froita prohibida do paraíso, que a cada mordisco che pode dar as sensacións mais doces ou os sabores mais amargos. As suaves e maravillosas melodias que envolven o ambiente son un terrible engano, e abren as portas do pozo mais profundo. Escoita no ultimo tema, You Set The Scene, o que di Lee:
... Este é o momento e a vida que estou vivindo
afrontarei cada dia con unha sonrisa
porque o tempo que se me concede é tan breve
e as cousas que debo facer tan importantes
hai lugares os que me dirixo
é o unico que teño claro
que o que vive haberá de morrer
e sempre haberá xente que se pregunte por que
e por cada saludo feliz haberá un adeus
xa haberá mais tempo de estar contigo
a quen pense que a vida é solo un xogo
¿gustouche o papel que che tocou xogar?
E remata o disco. Sinto frío. Necesito volver ó principio.
Necesito escoitar o trio inicial de cancións: Alone again or, A house is not a motel e Andmoreagain.
Esa suavidade acústica que me mece, esas melodias que envolven a miña cabeza, esa trompeta no primeiro tema, o mais coñecido do disco. Esa segunda canción, ritmo alto, verdades anticipadas a un tempo, ...as noticias de hoxe seran peliculas mañan..., e esa terceira, Andmoreagain, belisima, seductora, atrapate na sua tea de araña melódica.
Xa caemos na trampa, a ver quen nos saca agora. Porque o que se sucede é unha continuidade, unha unidade de acción, esa bateria apenas audible, as mullidas guitarras, os ventos e as cordas aullando en voz baixa, a paleta completa de cores orquestais. En A Daily Planet Lee observa o mundo dende unha ventana, en Bummer in the Summer canta sobre esa relación de verán fallida, unha muller esquiva, en The Good Humor ... Lee xoga co ointe, cun final de orquesta desencaixada, que te fai levantar do asento para ver si o disco se raiou. Pero non, segue ahí engaiolandome coas suas melodias e martirizandome cos seus textos.

Imaxino por un momento as incendiarias actuacións de Love no barrio de Sunset Strip no 67 e non podo mais que pedir a quen lle corresponda que me deixe viaxar no tempo, ainda que sexa por unha soa vez. E voa a miña imaxinación tamen para buscan canto hai de certo na lenda que di que o primeiro productor do Forever Changes era un homiño chamado Neil, de apelido Young, pero cuestions de choque de caracteres e supoño que drogas fixeron que Arthur Lee tomara as rendas. ¿que houbera pasado nese choque de trens? Creo que non sobreviria ninguen.
Love, Forever Changes. Amor, dor, caras da mesma moeda. Cando alguén che diga que te odia, non lle fagas moito caso, porque ó mellor o que quere decir é xusto o contrario.
miércoles, 7 de septiembre de 2011
CAMPER VAN BEETHOVEN • Telephone Free Landslide Victory. 1985
Por Marcos de Aurita
No 25º aniversario do Silfo, Antón fixo un disco recopilatorio con cancións escollidas por xente que pinchara no local ao longo deses anos. El pediume que escollera unha, e non sei porque (xa que existían unha chea de posibilidades), escollín sen dubidalo a fantástica 'Take the Skinheads Bowling'.

Comprimindo a enerxía do garage e do punk ('Wasted' dos imprescindibles Black Flag ou 'Club Meda Sucks'), con melodías províntes do ska ('Border Ska', Skinhead Stomp'), do folk americano ('Tina'), do da Europa do leste ('Payed Vacation: Greece', 'Vladivostok') e mesmo reminiscencias psicodelicas ('Oh No!'), todo iso sumámoslle unhas letras absurdas, cheas de ironía e humor (moi na liña dos sempre especiais Violent Femmes), poderíamos dicir que nos atopamos diante dun delirio esquizofrénico en toda regra, pero o certo é que cada vez que o escoito pareceme mellor.
Un álbum cheo de momentos impagables. 10 sobre 10.
lunes, 29 de agosto de 2011
HARLAN T. BOBO. Too much love. 2006
Ela foise. El non o entendía. Acabouse o amor. E doe. Vaia si doe. Pero el non se ía quedar parado esperando que a dor o consumira. Tiña que facer algo. E vaia si o fixo.
Nacido Johnatan Acosta, carpinteiro de profesión, triste paiaso de branca tez nos ratos libres en festas para nenos e non tan nenos. Musico de talento. Bonita carta de presentación.
Baixista en nómina de grupos como Reigning Sound ou Viva l´American death music, sin ter escrito unha nota nin ter elaborado unha estrofa na súa vida, ¿que pasou nesa relación para este derroche de talento inesperado? Mr. Bobo abriu o seu peito, sacou o que quedaba do corazón que alí moraba, recompuxo os anacos e transformounos en cancións, tonadas que mostran a un home abrumado e desnudo polo recordo de un tempo de amor que se foi polo sumideiro. Podía terse quedado sentado, mirando para a parede branca, pero colleu un lapis que había tirado polo chan, púxose a compoñer e escribir letras, a pintar dibuxos. Un deles é o que figura na portada do disco.
¿Quen era ela? podía ser calquera, pode ser a que che rompeu o corazón a ti, ou a min. Pero ten nome, Yvonne, causa e consecuencia, 6 anos de relación que se foron con un suspiro. No disco está o mellor e o peor de amar a Yvonne, según di Harlan. Por moito que busco eu non atopo que pode ser o mellor de amala, todo é negatividade e dor. El conta que ela lle pediu que non seguira escribindo cancións sobre eles, pero Harlan non fixo nin caso.
O feito de escribir serviu ó mesmo tempo de terapia e catalizador dun proceso doloroso, intenso, ainda que en el Harlan queira deixar pequenas pinceladas dos bos momentos que pasou con Mrs. Bobo. O día que se sentou por primeira vez diante dunha folla en branco e coa guitarra nas mans debiu ser como o día despois do fin do mundo. Un burato terrible abríase os seus pes, ía caer irremisiblemente en el, e tiña que atar unha corda ó outro extremo para tirar dela e sair outra vez ó mundo real. Esa corda converteuse neste disco.
Cando se produce a ruptura sentimental, tratámola de maneiras diversas. A veces apodérase de nos o rencor e a sede de venganza, outras afundímonos no desamparo, a tristeza e o medo a soidade. Harlan afronta o feito seguindo o manual da psicoloxía, pasando polos tres estados teoricos: negacion, enfado e aceptación.
NEGACION.
Unha guitarra española acompaña “It’s only love”, mecanismo de defensa ante o que se aveciña. Harlan non se cree de todo que ela xa non esté cerca. Intenta autoconsolarse, pero claramente non o consigue. Non é facil despois de moito tempo de sentir o calor da muller amada, de repente verte exposto ó frio val da soidade.
“Left your door unlocked”, patetica, desármame. Harlan colase na casa da sua ex aproveitando que ela está co outro en cuestión. Sempre hai outro. Busca probas de que ela todavía pensa un pouco en el, e quere que o atope durmindo cando chegue, para que vexa canto lle importa todavía. ¿algo lóxico que decir? Nisto nos transformamos cando ela se vai. Co paso do tempo non nos recoñeceremos, pero nese momento sentimos que é o que hai que facer. Patetico pero dunha beleza conmovedora.
“Stop”, pornografía emocional. Casi recitando verdades ocultas e culpas propias e alleas, frases de sinceridade punzante, dor e palabras sinxelas, mezcla dificil de atopar... “sinto que os teus soños e esperanzas non funcionaran como planeaches/ podo aceptar toda a culpa por iso/ pero creo sinceramente que o que tivemos foi algo precioso…”. Chegado aqui, a escoita deixame destrozado, e so van 3 cancións. Este home é alguén derrotado, que perdeu o que mais quería. ¿quen non estivo así algunha vez?
IRA
“Too much love”, e como me cabrea que o resto do mundo esté enamorado, cando eu non podo da persoa que quero. El está enfadado, a canción é tensa, agresiva. Emborrachase case ata o coma sentimental e escribe “Zippers and jeans”. O ritmo aumenta, o guitarreo é incesante, a bilis sae a relucir. Sigue odiando a todo o mundo, en especial ós que o sustituiran no amor dela, en “Mr. Last Week”. Dinme de bruces contra un muro e pagoo con todos. Non teño amigos, so enemigos. Ela é unha ...puta sin corazón... O home estaba jodido de verdade.
ACEPTACION
Tristeza, a cabeza baixa, depresión. Ela non vai volver. Acabome de dar conta. “When you’re coming home”, ou como a volta á unha casa valeira chea de cotidianeidade e rutina afoga á Harlan como se fora un tsunami de actos sen significado si ela non está para velos e compartilos, “After this night”, ese último bico que de ter sabido que ia ser o derradeiro houberao alongado ata o infinito, para derretirme definitivamente contigo e “Bottle and hotel” , canción que salvará mais de un matrimonio, súplica e derrumbamento ó mesmo tempo. Trio definitivo de temas, nos que asumimos o que nos depara a puta vida, e nos damos conta de que todos os esforzos foron inutiles, e so queda asumir a nova realidade, cruamente resumida no titulo da ultima canción.
Mazazo emocional, 31 desoladores minutos. Por algun lado ten que sair eso que nos consume, e Mr. Bob convirtese nun exibicionista sentimental. Respírase humanidade na historia, verdad da boa, abatimiento e desolacion que quedou impresa nos surcos. Aqui temos o sentimento universal das relacións pasionais, simpleza e complexidade, o amor como algo despiadado, infernal, nostálgico, e sobre todo cheo de beleza. Dos instrumentos sae sexo, sudor, dor, ... música no seu estado mais desnudo. O fin e ó cabo, é so amor.

lunes, 22 de agosto de 2011
PAVEMENT: Slanted and enchanted.1992
Teño que recoñecer que aínda que son un amante do ruído e a distorsión, a primeira vez que escoite `No Life Singed Her´, non asimilei ese desorde inicial e aos 10 segundos xa fixen un xuízo rápido (e equivocado). Pero afortunadamente nunha segunda oportunidade o resultado dese xuízo foi totalmente diferente, e a experiencia inesquecible.
Stephen Malkmus, líder da banda, afirma que nos sesenta, moitas bandas tentaban copiar aos Stones e non conseguían facelo, pero creaban algo novo e moi interesante. É así como progresa a música, grazas a músicos que levan máis aló a creación musical partindo dos sons da súa época. E iso foi o que fixo Pavement, bebendo de The Velvet Underground, The Fall, Dinosaur Jr. e os incribles Slint, e cun Malkmus interpretando os temas entre o falsete dylaniano e a desgana de Lou Reed. Pero Pavement non soan a nada diso (e a todo ao mesmo tempo).
Herdeiros (ao igual que Sebadoh e Guided By Voices) da estética “lo-fi”, non se preocupan nin polo refinamento sonoro nin por facer explícitas letras, cunha actitude creativa máis preto do minimalismo e a experimentación, con excelentes melodías envoltas en enxordecedoras ondas de ruído e distorsión.
En 1.989 Stephen Malkmus (voz/guitarra) e o seu amigo da infancia Scott Kannberg (guitarra/voz) xúntanse en Stockton, California, e gravan o primeiro EP do grupo “Slay Tracks: (1933-1969)” no estudio Louder Than You Think do pintoresco batería ex-hippie Gary Young, que se uniría a eles en 1.990. Máis tarde entraron na formación Mark Ibold (baixo) e un segundo batería, Bob Nastanovich (máis tarde Steve West substituiría a Young despois da xira de Slanted And Enchanted en 1.993).
Estamos nas vésperas de algo grande, referímonos a “Slanted And Enchanted” , o inesquecible primeiro LP da banda. Gravado entre decembro de 1.990 e xaneiro de 1.991, case integramente no citado Louder Than You Think e producido polo propio grupo, non vería a luz ata o ano seguinte. A pesar disto causou unha gran impresión na crítica especializada incluso antes da súa publicación. E non era para menos, xa que nos atopamos ante un dos mellores discos dos noventa, e xa que citamos as influencias do grupo tamén podemos dicir que este se convertería en influencia para innumerables bandas de aquí en adiante.
Envolto nun maxistral ritmo canso e cunhas letras intelixentes á par que desconcertantes o disco comeza coas luminosas guitarras de `Summer Babe (Winter Version)´, todo un clásico do grupo. `Trigger Cut / Wounded-Kite at :17´ ben puideron asinala os propios Stones se houbesen comezado a súa carreira nos 90, e a rabiosa `No Life Singed Her´ que nace no caos, discorre na melodía e desemboca nun so de guitarra nada habitual. Isto é moi habitual en Pavement, envolver no desorde e o ruído as melodías das súas cancións, que finalmente resultan deliciosas. `In The Mouth A Desert´ comeza pausada e vai medrando en intensidade vocal, ruído e distorsión, pero sen chegar a estoupar , non como ocorre en `Conduit for Sale!´, recitada máis que cantada, nun rexistro moi preto do “hip-hop”, dando mostras, dunha forma moi sutil, dunha grande orixinalidade, ó igual que en `Fame Throwa´ e `Chesley´s Little Wrists´ onde se manifestan uns Pavement delirantes e ó contrario que en `Zurich Is Stained´ onde amosan unha face máis sosegada, talante que alcanza o cume na melancólica `Here´, cun comezo memorable, “I was dressed for success/ but success it never comes” (Vestinme para o éxito / pero o éxito nunca chegou), xusto o contrario do que lles ía acontecer aos de Stockton.
En `Jackals, False Grails: The Lonesome Era´ adoptan a súa vertente máis ruidosa, e en `Loretta Scars´ e `Perfume-V´ as guitarras distorsionadas desprenden melodías envolventes rompendo os esquemas convencionais da canción pop, como xa fixeran antes The Fall e os Pixies, nunha fórmula moi habitual na banda. Volven a sorprendernos con `Two States´ que invita a saltar cun ritmo repetitivo e pegadizo, e pecha a sublime `Our Singer´ (cunha soberbia batería, soberbia durante todo o disco) que é outras das xemas dun “Slanted And Enchanted” no que a admiración medra coa escoita, ¿ata onde? terás que descubrilo ti mesmo.
sábado, 13 de agosto de 2011
OTIS REDDING. Otis Blue. 1965
Otis debía de ser consciente de que non lle quedaba moito tempo. Dende o mais profundo do seu ser tivo que sentir que a vida se lle escapaba entre os dedos das mans. So así son capaz de explicar esta urxencia, este desborde de paixón que adorna a rodaja que da voltas no tocadiscos: o mítico Otis Blue.
Era 10 de decembro, ano 67, cando a avioneta na que voaba Otis se precipitou ó vacío, e con ela a alma do mais soul dos cantantes. A voz que me fai voar ainda estando deitado cando soa na habitación, partiuse precisamente caendo do ceo. Penso realmente que a súa alma non caeu, senon que subiu directamente a ese lugar ocupado polos mais grandes, os que foron capaces de facernos sentir cousas que de outra maneira nin imaxinaríamos que existían.
Ese día facía dous anos e medio que entrou no estudio de Stax Records en Memphis para grabar os temas do seu terceiro album. Aquela sesión, que di a lenda que non durou mais de 24 horas, debeu ser máxica.
Os músicos eran conscientes de que estaban grabando algo para a historia. Supoño que as cervexas de despois tiveron que saber a gloria. Imaxino a Steve Crooper ó lado de Duck Dunn e falando do que acababan de facer. Impagable.
Disco de morte e redención, de loita social e individual, pero sobre todo de amor. A morte e o amor xuntanse na persoa de Sam Cooke, idolo para Otis que falecera había pouco tempo a mans de unha das súas multiples amantes. Tres temas se interpretan do gran Cooke: A change is gonna come, Shake e Wonderful world. Tres patas de un mismo banco, tres iconos do soul interpretados polo alumno mais grande e dedicadas ó maestro desaparecido.
Teño que recoñecelo, un escalofrío cruza o meu corpo, e temblo coma un neno pequeno a punto do llanto cando escoito A Change is gonna come. Poucas cancións producen este efecto, pero é como a mais dura das drogas, pura adicción. Elevada ós altares como himno de protesta ante os conflictos raciais, a verdade é que un extrapolao á súa propia vida. Os cambios dan medo, pero a veces merece a pena loitar por eles ainda que nos estrellemos contra a situación establecida no intento.
O outro tema do disco que me fai sentir algo parecido é, como non, I´ve been loving you too long. Non son capaz de facer literatura con esta canción, por verdadeiro medo a non estar á súa altura, por iso so expresarei un recordo lonxano: este tema sonando repetidamente nun vello auto, 60 minutos de cinta escoitando ... to stop now... unha e outra vez, un bucle continuo, purgando as feridas de un desengaño, sendo consciente de que ninguén podia cantar a miña sensación interior como Otis naquel momento e naquela canción. O pasado, que volve ciclicamente...
O trio de cancións inesquencibles completao Ole man trouble, onde Otis canta á búsqueda da paz, de un sitio mental onde asentarse e deixar atras unha vida axitada. Guitarra afilada, ventos cortantes, voz desgarrada, con traxedias vividas. Un está vendo a historia de ese home que necesita tranquilidade, xa está canso de todo .
Todo o disco é unha viaxe fascinante pola historia da musica soul de do rock´n´roll. As tremendas reinterpretacións que fai de varios clásicos quedaron para a posteridade. O impulso que lle dou a outras cancións xa de éxito foi inmenso. My girl dos Temptations, que xa todo o mundo asocia con Redding, e que nos fai recordar todos os días a esa rapaza á que lle cantan, esa ...my girl... que fai que o mundo se pare, que nada importe e que todo quede fora da burbuja na que está ela e mais eu, ou Satisfaction dos Rolling Stones que tras pasar pola batidora rythm´n´soul de Otis queda irrecoñecible.
Un dos temas mais afamados do disco, Respect, foi roubada por Aretha Franklin para convertila en himno feminista, a pesar de que na concepción orixinal Otis simplemente implora respeto no sentido tradicional da palabra: necesita que a súa muller o estime, o aprecie, e lle de o seu respeto e cariño.
O sonido crudo, carnal tan propio da banda residente da Stax, Booker T & the MGs, a calidade musical de Isaac Hayes, e esa guitarra maravillosa de Steve Crooper inundan o disco. Otis era todo enerxía, que sabia transmitir ós que o rodeaban. A voz soa como se estivese contida, esperando a ser liberada en estampida pola propia inercia da canción. Cada momento ten a súa modulación adecuada, e a escoita do disco lévate en alfombra máxica a un mundo de soños mais cerca do que parece da realidade terrenal.
Non foi facil escribir estas liñas, demasiadas emocións liberadas dende un pasado non lonxano e hacia un futuro de incertidume. Otis cantaba como se aquela canción fora a última, ¿ por qué non somos nos capaces de vivir así?

jueves, 11 de agosto de 2011
HÜSKER DÜ. Metal Circus. 1983
by marcosdeaurita
"A razón da ruptura da banda era que estábamos fartos uns dos outros". Con estas palabras Bob Mould (guitarra, voz) -un dos guitarristas máis interesantes dos oitenta obtendo un son cheo de matices e texturas e o mesmo tempo sucio e caótico- poñía fin a calquera conxectura sobre a separación de Hüsker Dü entre elas as que apuntaban a adicción ás drogas de Grant Hart (batería, voz) -atronador nas baquetas, a metade creativa máis pop e doce do grupo- como detonante. O certo é que as relacións persoais entre Mould e Hart estaban bastante deterioradas e as cousas con Greg Norton (baixo) tampouco ían demasiado ben. A parella Mould-Hart é a responsable de case a totalidade dos temas de Hüsker Dü é xuntos formaron un binomio de xenios incapaces de convivir xuntos demasiado tempo pero que nos deixan xoias da calidade de "Diane", "It´s Not Funny Anymore", "Girl Who Lives On Heaven Hill", "Don´t Want To Know If You Are Lonely", "Green Eyes" ou "New Day Rising".
Durante seis anos (1.982-87) facturaron oito discos, nos que mantiveron o listón moi alto. Non chegaron a alcanzar a notoriedade de outros contemporáneos como REM, en parte debido a que a separación de Hüsker Dü é previa a explosión mediática do rock americano independente a finais dos oitenta. A pesar diso son recoñecidos como unha das bandas máis influentes de finais de século. A súa separación deu lugar ás prolíficas carreiras en solitario sobre todo de Mould (Sugar) e Hart (Nova Mob), pero esa é outra historia...
Quizais en ningunha das súas entregas captaron tan ben a urxencia do seu son como en "Metal Circus", un disco que en pouco máis de dezaoito minutos demostra o porqué da transcendencia de Hüsker Dü na música actual, e é seguramente o primeiro sinal de grandeza do grupo. Conflúen neste disco o hardcore máis directo, o punk máis sinxelo e a melodía pop máis clásica, sons que ata daquela permanecerán illados entre si.
Enérxico, cru, volátil, e sobre todo inconfundible. O son de Hüsker Dü queda patente neste disco e quizais sexa unha das marcas da casa, semellante ó de outras obras como "Everything Falls Apart" ou "New Day Rising". O seu son non se achegaba a nada convencional e se a iso unimos as súas peculiaridades en canto ó estilo o resultado realmente parece bastante desconcertante nun principio. Segundo Hart isto pode ter unha explicación: "Nunca fun capaz de asimilar influencias. Supoño que se debe a que os dezaseis anos, un antes de formar o grupo, nunca escoitara música rock. Isto debeume condicionar para que saíse algo orixinal..."
O disco desprende enerxía xa desde o comezo coa brutal "Real World", un tema de aires hardcore cun coro moi pop e un fondo melódico moi acusado, algo que sería habitual no son da banda. "Deadly Skies" é un risco punk bastante acelerado, propio da época, que ben poderían haber asinado Black Flag ou Bad Brains, destacando poderosamente a guitarra de Mould que parece ter vida propia. Con "It´s Not Funny Anymore" estamos ante unha das mellores composicións dos de Minneapolis sen lugar a dúbidas, é sinxelamente prodixiosa, sinxelamente pop e unha demostración da súa versatilidade. "First Of The Last Calls" retoma a enerxía punk novamente con tinturas melódicas, que desaparecen case por completo na esmagadora "Lifeline". O final é digno dunha obra mestra: "Diane" é a un tempo fermosa e macabra, luminosa e escura, xeada e cálida, acadando o disco un clímax que só podería ter solución de continuidade coa delirante "Out On A Limb" interpretada dende as entrañas da paranoia. En canto as letras, mentres outras bandas da época expoñían mensaxes e slogans políticos, Hüsker Dü explora as cuestións reais e persoais da vida e os sentimentos sinceros, como soen facer as grandes bandas de rock de todos os tempos.
Demasiado rápidos para englobalos no pop rock americano dos oitenta, pero non o suficiente como para clasificar dentro do punk, Hüsker Dü deixounos un legado que moi poucas bandas igualan chegando a converterse nun dos maiores expoñentes musicais dos oitenta, á altura de outras bandas como Sonic Youth, Pixies ou os citados REM, tanto pola súa orixinalidade como pola súa influencia posterior.

martes, 9 de agosto de 2011
Ryan Adams. Heartbreaker
Esto vai de recordos. Iso é a música. Un flash, un instante, unha sensación, que pronto se convirte en recordo. Agora mesmo pasa por diante dos meus ollos o concerto de Ryan Adams en Victoria , fai uns cuantos anos: 17 fantasticos minutos iniciais, a promesa de unha noite inolvidable, e unha caida en picado polo barranco da bronca e da desidia, tan transitado polo talentoso Ryan.
Soaron na primeira tandada tres temas, maravillosos, tensos, delicados cando procedía: To be Young, oh my sweet Carolina e Shakedown on 9th street, todos deste Heartbreaker do 00. Isto non é unha nota, é un ano, o da edición desta mezcla de paixon e anos percorridos polos clubes americanos tocando, levantando homes dos seus asentos e facendo soñar ás mulleres con un amante mellor do que tiñan na casa.
De épocas posteriores é unha foto de Ryan, deitado nunha cama xunto a unha guapa muller, con un tocadiscos ainda botando fume en vez de mesita de noite, vestidos como si non tivesen tempo de despirse antes de pinchar algún tremendo vinilo, ou, por que non, este Heartbreaker. Porque eu pincharia este disco, non de inicio a fin, senón saltando de maneira caprichosa polos surcos, elixindo e moldeando a esa muller que escoita deitada e con cara de non estar sentindo nada. ¿ como non se pode sentir nada escoitando Come Pick me up, armónica aullante, ou sobre todo esa doce Carolina á que pide Adams voltar. Alguén que anda a vida na carretera, de cama en cama, de concerto en concerto, e que ten morriña do que non pode disfrutar. ¿a alguén lle sona esa historia?
E que pasa pola mente de un cando escoita algo como To be young is to be sad, is to be high? Si que se apodera a tristeza do corpo propio, a pesar do ritmo vivo e agresivo, e a inmediatez de unha canción que parece grabada de un tirón a unha sola toma fai que a entrada na escoita do disco sexa inmellorable. Quizais por iso que din que foi grabado en catorce días parece que nos chega mais rápido ó corazón, como se a urxencia da grabación se transmitira ó acetato. Canción entre a desesperanza e a visión de algo mellor, alguén insinuou que producto de un fracaso amoroso. Dende logo non hai mellor momento que cando te desarma por dentro a persoa amada para que afloren os mais interiores pensamentos e sensacións. Se falaba ó principio de que a música é sensacións, este tema fai aparecer en min a rabia de algo perdido, algo intanxible, unha oportunidade fallida, pero ó mesmo tempo na reflexión final do disco hai unha ventana de optimismo, como si a algo realmente malo lle sucedera sempre un acontecemento mellor, ainda que solo sexa porque cando tocas fondo xa non hai nada mais por debaixo. Quince kilos chegou a perder Adams tras o abandono daquela muller que xacia na súa cama. O peso perdido converteuno en unha canción por kilo, case se podería decir que vendidas ó peso.
Duas sombras planean sobre o disco, a mais tanxible de Ethan Johns, productor e multiinstrumentista do disco, que deixa a súa pegada nesa interpretación triste e pausada pero ó mesmo tempo cargada de tensión e desesperanza das ideas de Ryan. A outra sombra é mais eterea, a de Gram Parsons, torturado habitante do reino dos ceos, ó que Adams se quixo acercar facendo cantar a Emmylou Harris en Oh my sweet Carolina. De amores fallidos está cheo o mundo que deixan dor e destrucción ó seu paso, pero tamen creatividade e beleza.

UN DIA NA PRAIA
Ali estaba eu, ela suxeriu que en vez de falar tanto me dedicase a escribir sobre esto... e aquí está.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)