lunes, 29 de agosto de 2011

HARLAN T. BOBO. Too much love. 2006

Ela foise. El non o entendía. Acabouse o amor. E doe. Vaia si doe. Pero el non se ía quedar parado esperando que a dor o consumira. Tiña que facer algo. E vaia si o fixo.

Nacido Johnatan Acosta, carpinteiro de profesión, triste paiaso de branca tez nos ratos libres en festas para nenos e non tan nenos. Musico de talento. Bonita carta de presentación.

Baixista en nómina de grupos como Reigning Sound ou Viva l´American death music, sin ter escrito unha nota nin ter elaborado unha estrofa na súa vida, ¿que pasou nesa relación para este derroche de talento inesperado? Mr. Bobo abriu o seu peito, sacou o que quedaba do corazón que alí moraba, recompuxo os anacos e transformounos en cancións, tonadas que mostran a un home abrumado e desnudo polo recordo de un tempo de amor que se foi polo sumideiro. Podía terse quedado sentado, mirando para a parede branca, pero colleu un lapis que había tirado polo chan, púxose a compoñer e escribir letras, a pintar dibuxos. Un deles é o que figura na portada do disco.

¿Quen era ela? podía ser calquera, pode ser a que che rompeu o corazón a ti, ou a min. Pero ten nome, Yvonne, causa e consecuencia, 6 anos de relación que se foron con un suspiro. No disco está o mellor e o peor de amar a Yvonne, según di Harlan. Por moito que busco eu non atopo que pode ser o mellor de amala, todo é negatividade e dor. El conta que ela lle pediu que non seguira escribindo cancións sobre eles, pero Harlan non fixo nin caso.

O feito de escribir serviu ó mesmo tempo de terapia e catalizador dun proceso doloroso, intenso, ainda que en el Harlan queira deixar pequenas pinceladas dos bos momentos que pasou con Mrs. Bobo. O día que se sentou por primeira vez diante dunha folla en branco e coa guitarra nas mans debiu ser como o día despois do fin do mundo. Un burato terrible abríase os seus pes, ía caer irremisiblemente en el, e tiña que atar unha corda ó outro extremo para tirar dela e sair outra vez ó mundo real. Esa corda converteuse neste disco.

Cando se produce a ruptura sentimental, tratámola de maneiras diversas. A veces apodérase de nos o rencor e a sede de venganza, outras afundímonos no desamparo, a tristeza e o medo a soidade. Harlan afronta o feito seguindo o manual da psicoloxía, pasando polos tres estados teoricos: negacion, enfado e aceptación.

NEGACION.

Unha guitarra española acompaña “It’s only love”, mecanismo de defensa ante o que se aveciña. Harlan non se cree de todo que ela xa non esté cerca. Intenta autoconsolarse, pero claramente non o consigue. Non é facil despois de moito tempo de sentir o calor da muller amada, de repente verte exposto ó frio val da soidade.

“Left your door unlocked”, patetica, desármame. Harlan colase na casa da sua ex aproveitando que ela está co outro en cuestión. Sempre hai outro. Busca probas de que ela todavía pensa un pouco en el, e quere que o atope durmindo cando chegue, para que vexa canto lle importa todavía. ¿algo lóxico que decir? Nisto nos transformamos cando ela se vai. Co paso do tempo non nos recoñeceremos, pero nese momento sentimos que é o que hai que facer. Patetico pero dunha beleza conmovedora.

“Stop”, pornografía emocional. Casi recitando verdades ocultas e culpas propias e alleas, frases de sinceridade punzante, dor e palabras sinxelas, mezcla dificil de atopar...  “sinto que os teus soños e esperanzas non funcionaran como planeaches/ podo aceptar toda a culpa por iso/ pero creo sinceramente que o que tivemos foi algo precioso…”. Chegado aqui, a escoita deixame destrozado, e so van 3 cancións. Este home é alguén derrotado, que perdeu o que mais quería. ¿quen non estivo así algunha vez?

IRA

“Too much love”, e como me cabrea que o resto do mundo esté enamorado, cando eu non podo da persoa que quero. El está enfadado, a canción é tensa, agresiva. Emborrachase case ata o coma sentimental e escribe “Zippers and jeans”. O ritmo aumenta, o guitarreo é incesante, a bilis sae a relucir. Sigue odiando a todo o mundo, en especial ós que o sustituiran no amor dela, en “Mr. Last Week”. Dinme de bruces contra un muro e pagoo con todos. Non teño amigos, so enemigos. Ela é unha ...puta sin corazón... O home estaba jodido de verdade.

ACEPTACION

Tristeza, a cabeza baixa, depresión. Ela non vai volver. Acabome de dar conta. “When you’re coming home”, ou como a volta á unha casa valeira chea de cotidianeidade e rutina afoga á Harlan como se fora un tsunami de actos sen significado si ela non está para velos e compartilos, “After this night”, ese último bico que de ter sabido que ia ser o derradeiro houberao alongado ata o infinito, para derretirme definitivamente contigo e “Bottle and hotel” , canción que salvará mais de un matrimonio, súplica e derrumbamento ó mesmo tempo. Trio definitivo de temas, nos que asumimos o que nos depara a puta vida, e nos damos conta de que todos os esforzos foron inutiles, e so queda asumir a nova realidade, cruamente resumida no titulo da ultima canción.

Mazazo emocional, 31 desoladores minutos. Por algun lado ten que sair eso que nos consume, e Mr. Bob convirtese nun exibicionista sentimental. Respírase humanidade na historia, verdad da boa, abatimiento e desolacion que quedou impresa nos surcos. Aqui temos o sentimento universal das relacións pasionais, simpleza e complexidade, o amor como algo despiadado, infernal, nostálgico, e sobre todo cheo de beleza. Dos instrumentos sae sexo, sudor, dor, ... música no seu estado mais desnudo. O fin e ó cabo, é so amor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario