Soaron na primeira tandada tres temas, maravillosos, tensos, delicados cando procedía: To be Young, oh my sweet Carolina e Shakedown on 9th street, todos deste Heartbreaker do 00. Isto non é unha nota, é un ano, o da edición desta mezcla de paixon e anos percorridos polos clubes americanos tocando, levantando homes dos seus asentos e facendo soñar ás mulleres con un amante mellor do que tiñan na casa.
De épocas posteriores é unha foto de Ryan, deitado nunha cama xunto a unha guapa muller, con un tocadiscos ainda botando fume en vez de mesita de noite, vestidos como si non tivesen tempo de despirse antes de pinchar algún tremendo vinilo, ou, por que non, este Heartbreaker. Porque eu pincharia este disco, non de inicio a fin, senón saltando de maneira caprichosa polos surcos, elixindo e moldeando a esa muller que escoita deitada e con cara de non estar sentindo nada. ¿ como non se pode sentir nada escoitando Come Pick me up, armónica aullante, ou sobre todo esa doce Carolina á que pide Adams voltar. Alguén que anda a vida na carretera, de cama en cama, de concerto en concerto, e que ten morriña do que non pode disfrutar. ¿a alguén lle sona esa historia?
E que pasa pola mente de un cando escoita algo como To be young is to be sad, is to be high? Si que se apodera a tristeza do corpo propio, a pesar do ritmo vivo e agresivo, e a inmediatez de unha canción que parece grabada de un tirón a unha sola toma fai que a entrada na escoita do disco sexa inmellorable. Quizais por iso que din que foi grabado en catorce días parece que nos chega mais rápido ó corazón, como se a urxencia da grabación se transmitira ó acetato. Canción entre a desesperanza e a visión de algo mellor, alguén insinuou que producto de un fracaso amoroso. Dende logo non hai mellor momento que cando te desarma por dentro a persoa amada para que afloren os mais interiores pensamentos e sensacións. Se falaba ó principio de que a música é sensacións, este tema fai aparecer en min a rabia de algo perdido, algo intanxible, unha oportunidade fallida, pero ó mesmo tempo na reflexión final do disco hai unha ventana de optimismo, como si a algo realmente malo lle sucedera sempre un acontecemento mellor, ainda que solo sexa porque cando tocas fondo xa non hai nada mais por debaixo. Quince kilos chegou a perder Adams tras o abandono daquela muller que xacia na súa cama. O peso perdido converteuno en unha canción por kilo, case se podería decir que vendidas ó peso.
Duas sombras planean sobre o disco, a mais tanxible de Ethan Johns, productor e multiinstrumentista do disco, que deixa a súa pegada nesa interpretación triste e pausada pero ó mesmo tempo cargada de tensión e desesperanza das ideas de Ryan. A outra sombra é mais eterea, a de Gram Parsons, torturado habitante do reino dos ceos, ó que Adams se quixo acercar facendo cantar a Emmylou Harris en Oh my sweet Carolina. De amores fallidos está cheo o mundo que deixan dor e destrucción ó seu paso, pero tamen creatividade e beleza.

No hay comentarios:
Publicar un comentario