Bebía como si o sentido da vida estivese no fondo dunha botella. Moi irlandés, pensaredes. Isto levouno a unha morte anunciada. Ainda aguantou bastante. A combinación do alcol cos fármacos que tomaba para disimular o seu pánico a voar foi unha combinación letal. Un transplante dun fígado cheo de buratos e queimado ata o infinito foi o camiño directo á tumba. Non deixa de dar que pensar o feito de que alguén que nos fai flotar tantas veces a un palmo da terra coa súa música tivera medo a voar. Pero, ¿quen necesita os avións cando xa voa nos escenarios?
A súa música perdurará eternamente, como unha desas maravillas ocultas para o placer dos que o admiramos. Guitarrista idolatrado polos mais grandes, sen embargo non é o clasico instrumentista que masturba o mastil buscando o propio placer, senón que non seu caso as seis cordas estan sempre ó servicio da canción. O aspecto emocional imponse á tecnica. Rory chega a ter un dominio da guitarra tal que non lle fai falla alardear del, logra pulsar as teclas da esencia das cancións sin recrearse no control do instrumento. ¿para que tocar mil notas por segundo si con dúas che digo o que quero decir?.
Recibe unha forte educación musical na casa, toca todo instrumento de corda que chega as suas mans. O neno Rory escoita a Lonnie Donegan e ós mestres do blues con fruicion na radio tentando imitalos. A súa vida é a música dende pequeno, e pronto monta os seus primeiros grupos. Con ¡ 17 anos ¡ xa fai maravillas co trio Taste.
A súa historia é a da súa famosa guitarra, esa stratocaster do 61, a primeira que aterrizou en Irlanda. O seu detalle caracteristico é o desgaste do acabado. Rory, debido ó seu raro grupo sanguineo, convertia os litros de suor que chorreaba en cada concerto nun poderoso acido que acababa co barniz da guitarra. Observao en calquera actuación en directo, todo ese acido caendo encima da guitarra, un instrumento e unha vida consumida pola música.
No ano 73 estaba nun periodo de franca inspiración, tras editar Blueprint. Rodadas ata a saciedade en Cork City, as cancións deste Tatoo entran no estudio perfectamente engraxadas. Suor e paixon resbalan nota a nota, transpiran os surcos do disco. A magnífica formación do grupo, McAvoy ó baixo coordinado como se foran un con Rod de´Ath á bateria, e o organo de Lou Martin facendolle as beiras á Strato. Fian unha combinación de blues, rythm&blues, skiffle, rock´n´roll, jazz, e slide con absoluta maestría, como si todo formase parte dunha unidade de acción. A base rítmica martillea constantemente e marca o camiño, que sigue Rory, desbocado por momentos, docemente contido en outros, acompañado dun organo que enche os ocos que deixa Gallagher. A tensión palpase en Cradle Rock, tema costa abaixo, banda desatada, estribillo revelador:
... you´ll miss out of you, let me out of your
day and night, i been tryin to make you see that
hear what i got to say
that´s all about me and you...
Daste conta?
Admit it vai polos mesmos sendeiros. Crudeza nos acordes para contar unha historia de rupturas e crueldade. ¿que queda despois da tormenta?. Repitese a historia en sleep on a clothes line.
...looking for my baby
but everywhere i´ve gone
tell me i just missed her
it´s gone on too long...
Xa nos vamos dando conta de que pe coxea Rory. Levanos ó terreo que el quere, o da desesperación, o da amargura, a súa música sona triste en un ritmo que cabalga sin cesar, é unha fuxida hacia adiante. Unha pausa para escoitar livin´like a trucker, un canto mais á vida do músico na carretera, desarraigado de todo, lonxe dos seres queridos, casi vivindo ... like a gipsy.., di Rory.
Tras catro cancions, escoitadas en desorden razonable, o corpo de un está preparado para afrontar a parte mais dura do disco, a que toca con un punzon fervendo a sensibilidade das entrañas. 20:20 vision, e ese ritmo acustico que se vai metendo, falando desa rapaza que pode ...facer sentir a meu avo como se tivese seis anos... Who´s that coming? traballa o slide e a armónica, en tradición bluesy, conta unha maravillosa historia, a chegada de alguén, ela?, ante a que ...o demo debe empezar a rezar coas suas rodillas no chan... Terrible e maravillosa chegada, ritmo en aumento, voz rasgada e rota.
They don´t make them... é unha das miñas favoritas. Chega un momento en que o solo de guitarra te leva a terreos descoñecidos, nun dialogo brutal co teclado, no que so eles saben o que se estan a decir, pero ti desde fora podes intuilo. A veces non se cruzan palabras, non fai falla decir as cousas, pero moi adentro un sabe o que está a pasar. Verdade?
Pero Tatoo, sin dubida, son duas cancións. Eu teño que facer como o demo de who´s that coming?, poñerme a rezar, porque o efecto que producen é demoledor. Claro, son Tatoo´d lady e A million miles away. Para maior desespero e regocixo simultaneo, o disco abrese coa maravillosa Tatoo´d lady, un dos mais incribles temas de Rory. Outro conto sobre feirantes, e as maravillas de pasar a vida baixo un teito de lona e vagar de cidade en cidade. Un mundo de fábula para unha canción que chega fondo.
Pouco podo decir de A million miles away. Deixate levar e escoitaa. Deixate levar como ese home que, acodado na barra do bar, ten a cabeza a un millon de millas. Ese home derrotado sentado na penumbra observando ledicia ó seu arredor pero incapaz de compartila. Ese home que ten grabado con lume momentos do pasado, onde soaba unha canción parecida. Ese home que viu o ceo e ten medo de voltar ós infernos. Ese era... Rory.
No hay comentarios:
Publicar un comentario