Ela foise. El non o entendía. Acabouse o amor. E doe. Vaia si doe. Pero el non se ía quedar parado esperando que a dor o consumira. Tiña que facer algo. E vaia si o fixo.
Nacido Johnatan Acosta, carpinteiro de profesión, triste paiaso de branca tez nos ratos libres en festas para nenos e non tan nenos. Musico de talento. Bonita carta de presentación.
Baixista en nómina de grupos como Reigning Sound ou Viva l´American death music, sin ter escrito unha nota nin ter elaborado unha estrofa na súa vida, ¿que pasou nesa relación para este derroche de talento inesperado? Mr. Bobo abriu o seu peito, sacou o que quedaba do corazón que alí moraba, recompuxo os anacos e transformounos en cancións, tonadas que mostran a un home abrumado e desnudo polo recordo de un tempo de amor que se foi polo sumideiro. Podía terse quedado sentado, mirando para a parede branca, pero colleu un lapis que había tirado polo chan, púxose a compoñer e escribir letras, a pintar dibuxos. Un deles é o que figura na portada do disco.
¿Quen era ela? podía ser calquera, pode ser a que che rompeu o corazón a ti, ou a min. Pero ten nome, Yvonne, causa e consecuencia, 6 anos de relación que se foron con un suspiro. No disco está o mellor e o peor de amar a Yvonne, según di Harlan. Por moito que busco eu non atopo que pode ser o mellor de amala, todo é negatividade e dor. El conta que ela lle pediu que non seguira escribindo cancións sobre eles, pero Harlan non fixo nin caso.
O feito de escribir serviu ó mesmo tempo de terapia e catalizador dun proceso doloroso, intenso, ainda que en el Harlan queira deixar pequenas pinceladas dos bos momentos que pasou con Mrs. Bobo. O día que se sentou por primeira vez diante dunha folla en branco e coa guitarra nas mans debiu ser como o día despois do fin do mundo. Un burato terrible abríase os seus pes, ía caer irremisiblemente en el, e tiña que atar unha corda ó outro extremo para tirar dela e sair outra vez ó mundo real. Esa corda converteuse neste disco.
Cando se produce a ruptura sentimental, tratámola de maneiras diversas. A veces apodérase de nos o rencor e a sede de venganza, outras afundímonos no desamparo, a tristeza e o medo a soidade. Harlan afronta o feito seguindo o manual da psicoloxía, pasando polos tres estados teoricos: negacion, enfado e aceptación.
NEGACION.
Unha guitarra española acompaña “It’s only love”, mecanismo de defensa ante o que se aveciña. Harlan non se cree de todo que ela xa non esté cerca. Intenta autoconsolarse, pero claramente non o consigue. Non é facil despois de moito tempo de sentir o calor da muller amada, de repente verte exposto ó frio val da soidade.
“Left your door unlocked”, patetica, desármame. Harlan colase na casa da sua ex aproveitando que ela está co outro en cuestión. Sempre hai outro. Busca probas de que ela todavía pensa un pouco en el, e quere que o atope durmindo cando chegue, para que vexa canto lle importa todavía. ¿algo lóxico que decir? Nisto nos transformamos cando ela se vai. Co paso do tempo non nos recoñeceremos, pero nese momento sentimos que é o que hai que facer. Patetico pero dunha beleza conmovedora.
“Stop”, pornografía emocional. Casi recitando verdades ocultas e culpas propias e alleas, frases de sinceridade punzante, dor e palabras sinxelas, mezcla dificil de atopar... “sinto que os teus soños e esperanzas non funcionaran como planeaches/ podo aceptar toda a culpa por iso/ pero creo sinceramente que o que tivemos foi algo precioso…”. Chegado aqui, a escoita deixame destrozado, e so van 3 cancións. Este home é alguén derrotado, que perdeu o que mais quería. ¿quen non estivo así algunha vez?
IRA
“Too much love”, e como me cabrea que o resto do mundo esté enamorado, cando eu non podo da persoa que quero. El está enfadado, a canción é tensa, agresiva. Emborrachase case ata o coma sentimental e escribe “Zippers and jeans”. O ritmo aumenta, o guitarreo é incesante, a bilis sae a relucir. Sigue odiando a todo o mundo, en especial ós que o sustituiran no amor dela, en “Mr. Last Week”. Dinme de bruces contra un muro e pagoo con todos. Non teño amigos, so enemigos. Ela é unha ...puta sin corazón... O home estaba jodido de verdade.
ACEPTACION
Tristeza, a cabeza baixa, depresión. Ela non vai volver. Acabome de dar conta. “When you’re coming home”, ou como a volta á unha casa valeira chea de cotidianeidade e rutina afoga á Harlan como se fora un tsunami de actos sen significado si ela non está para velos e compartilos, “After this night”, ese último bico que de ter sabido que ia ser o derradeiro houberao alongado ata o infinito, para derretirme definitivamente contigo e “Bottle and hotel” , canción que salvará mais de un matrimonio, súplica e derrumbamento ó mesmo tempo. Trio definitivo de temas, nos que asumimos o que nos depara a puta vida, e nos damos conta de que todos os esforzos foron inutiles, e so queda asumir a nova realidade, cruamente resumida no titulo da ultima canción.
Mazazo emocional, 31 desoladores minutos. Por algun lado ten que sair eso que nos consume, e Mr. Bob convirtese nun exibicionista sentimental. Respírase humanidade na historia, verdad da boa, abatimiento e desolacion que quedou impresa nos surcos. Aqui temos o sentimento universal das relacións pasionais, simpleza e complexidade, o amor como algo despiadado, infernal, nostálgico, e sobre todo cheo de beleza. Dos instrumentos sae sexo, sudor, dor, ... música no seu estado mais desnudo. O fin e ó cabo, é so amor.
lunes, 29 de agosto de 2011
lunes, 22 de agosto de 2011
PAVEMENT: Slanted and enchanted.1992
Teño que recoñecer que aínda que son un amante do ruído e a distorsión, a primeira vez que escoite `No Life Singed Her´, non asimilei ese desorde inicial e aos 10 segundos xa fixen un xuízo rápido (e equivocado). Pero afortunadamente nunha segunda oportunidade o resultado dese xuízo foi totalmente diferente, e a experiencia inesquecible.
Stephen Malkmus, líder da banda, afirma que nos sesenta, moitas bandas tentaban copiar aos Stones e non conseguían facelo, pero creaban algo novo e moi interesante. É así como progresa a música, grazas a músicos que levan máis aló a creación musical partindo dos sons da súa época. E iso foi o que fixo Pavement, bebendo de The Velvet Underground, The Fall, Dinosaur Jr. e os incribles Slint, e cun Malkmus interpretando os temas entre o falsete dylaniano e a desgana de Lou Reed. Pero Pavement non soan a nada diso (e a todo ao mesmo tempo).
Herdeiros (ao igual que Sebadoh e Guided By Voices) da estética “lo-fi”, non se preocupan nin polo refinamento sonoro nin por facer explícitas letras, cunha actitude creativa máis preto do minimalismo e a experimentación, con excelentes melodías envoltas en enxordecedoras ondas de ruído e distorsión.
En 1.989 Stephen Malkmus (voz/guitarra) e o seu amigo da infancia Scott Kannberg (guitarra/voz) xúntanse en Stockton, California, e gravan o primeiro EP do grupo “Slay Tracks: (1933-1969)” no estudio Louder Than You Think do pintoresco batería ex-hippie Gary Young, que se uniría a eles en 1.990. Máis tarde entraron na formación Mark Ibold (baixo) e un segundo batería, Bob Nastanovich (máis tarde Steve West substituiría a Young despois da xira de Slanted And Enchanted en 1.993).
Estamos nas vésperas de algo grande, referímonos a “Slanted And Enchanted” , o inesquecible primeiro LP da banda. Gravado entre decembro de 1.990 e xaneiro de 1.991, case integramente no citado Louder Than You Think e producido polo propio grupo, non vería a luz ata o ano seguinte. A pesar disto causou unha gran impresión na crítica especializada incluso antes da súa publicación. E non era para menos, xa que nos atopamos ante un dos mellores discos dos noventa, e xa que citamos as influencias do grupo tamén podemos dicir que este se convertería en influencia para innumerables bandas de aquí en adiante.
Envolto nun maxistral ritmo canso e cunhas letras intelixentes á par que desconcertantes o disco comeza coas luminosas guitarras de `Summer Babe (Winter Version)´, todo un clásico do grupo. `Trigger Cut / Wounded-Kite at :17´ ben puideron asinala os propios Stones se houbesen comezado a súa carreira nos 90, e a rabiosa `No Life Singed Her´ que nace no caos, discorre na melodía e desemboca nun so de guitarra nada habitual. Isto é moi habitual en Pavement, envolver no desorde e o ruído as melodías das súas cancións, que finalmente resultan deliciosas. `In The Mouth A Desert´ comeza pausada e vai medrando en intensidade vocal, ruído e distorsión, pero sen chegar a estoupar , non como ocorre en `Conduit for Sale!´, recitada máis que cantada, nun rexistro moi preto do “hip-hop”, dando mostras, dunha forma moi sutil, dunha grande orixinalidade, ó igual que en `Fame Throwa´ e `Chesley´s Little Wrists´ onde se manifestan uns Pavement delirantes e ó contrario que en `Zurich Is Stained´ onde amosan unha face máis sosegada, talante que alcanza o cume na melancólica `Here´, cun comezo memorable, “I was dressed for success/ but success it never comes” (Vestinme para o éxito / pero o éxito nunca chegou), xusto o contrario do que lles ía acontecer aos de Stockton.
En `Jackals, False Grails: The Lonesome Era´ adoptan a súa vertente máis ruidosa, e en `Loretta Scars´ e `Perfume-V´ as guitarras distorsionadas desprenden melodías envolventes rompendo os esquemas convencionais da canción pop, como xa fixeran antes The Fall e os Pixies, nunha fórmula moi habitual na banda. Volven a sorprendernos con `Two States´ que invita a saltar cun ritmo repetitivo e pegadizo, e pecha a sublime `Our Singer´ (cunha soberbia batería, soberbia durante todo o disco) que é outras das xemas dun “Slanted And Enchanted” no que a admiración medra coa escoita, ¿ata onde? terás que descubrilo ti mesmo.
sábado, 13 de agosto de 2011
OTIS REDDING. Otis Blue. 1965
Otis debía de ser consciente de que non lle quedaba moito tempo. Dende o mais profundo do seu ser tivo que sentir que a vida se lle escapaba entre os dedos das mans. So así son capaz de explicar esta urxencia, este desborde de paixón que adorna a rodaja que da voltas no tocadiscos: o mítico Otis Blue.
Era 10 de decembro, ano 67, cando a avioneta na que voaba Otis se precipitou ó vacío, e con ela a alma do mais soul dos cantantes. A voz que me fai voar ainda estando deitado cando soa na habitación, partiuse precisamente caendo do ceo. Penso realmente que a súa alma non caeu, senon que subiu directamente a ese lugar ocupado polos mais grandes, os que foron capaces de facernos sentir cousas que de outra maneira nin imaxinaríamos que existían.
Ese día facía dous anos e medio que entrou no estudio de Stax Records en Memphis para grabar os temas do seu terceiro album. Aquela sesión, que di a lenda que non durou mais de 24 horas, debeu ser máxica.
Os músicos eran conscientes de que estaban grabando algo para a historia. Supoño que as cervexas de despois tiveron que saber a gloria. Imaxino a Steve Crooper ó lado de Duck Dunn e falando do que acababan de facer. Impagable.
Disco de morte e redención, de loita social e individual, pero sobre todo de amor. A morte e o amor xuntanse na persoa de Sam Cooke, idolo para Otis que falecera había pouco tempo a mans de unha das súas multiples amantes. Tres temas se interpretan do gran Cooke: A change is gonna come, Shake e Wonderful world. Tres patas de un mismo banco, tres iconos do soul interpretados polo alumno mais grande e dedicadas ó maestro desaparecido.
Teño que recoñecelo, un escalofrío cruza o meu corpo, e temblo coma un neno pequeno a punto do llanto cando escoito A Change is gonna come. Poucas cancións producen este efecto, pero é como a mais dura das drogas, pura adicción. Elevada ós altares como himno de protesta ante os conflictos raciais, a verdade é que un extrapolao á súa propia vida. Os cambios dan medo, pero a veces merece a pena loitar por eles ainda que nos estrellemos contra a situación establecida no intento.
O outro tema do disco que me fai sentir algo parecido é, como non, I´ve been loving you too long. Non son capaz de facer literatura con esta canción, por verdadeiro medo a non estar á súa altura, por iso so expresarei un recordo lonxano: este tema sonando repetidamente nun vello auto, 60 minutos de cinta escoitando ... to stop now... unha e outra vez, un bucle continuo, purgando as feridas de un desengaño, sendo consciente de que ninguén podia cantar a miña sensación interior como Otis naquel momento e naquela canción. O pasado, que volve ciclicamente...
O trio de cancións inesquencibles completao Ole man trouble, onde Otis canta á búsqueda da paz, de un sitio mental onde asentarse e deixar atras unha vida axitada. Guitarra afilada, ventos cortantes, voz desgarrada, con traxedias vividas. Un está vendo a historia de ese home que necesita tranquilidade, xa está canso de todo .
Todo o disco é unha viaxe fascinante pola historia da musica soul de do rock´n´roll. As tremendas reinterpretacións que fai de varios clásicos quedaron para a posteridade. O impulso que lle dou a outras cancións xa de éxito foi inmenso. My girl dos Temptations, que xa todo o mundo asocia con Redding, e que nos fai recordar todos os días a esa rapaza á que lle cantan, esa ...my girl... que fai que o mundo se pare, que nada importe e que todo quede fora da burbuja na que está ela e mais eu, ou Satisfaction dos Rolling Stones que tras pasar pola batidora rythm´n´soul de Otis queda irrecoñecible.
Un dos temas mais afamados do disco, Respect, foi roubada por Aretha Franklin para convertila en himno feminista, a pesar de que na concepción orixinal Otis simplemente implora respeto no sentido tradicional da palabra: necesita que a súa muller o estime, o aprecie, e lle de o seu respeto e cariño.
O sonido crudo, carnal tan propio da banda residente da Stax, Booker T & the MGs, a calidade musical de Isaac Hayes, e esa guitarra maravillosa de Steve Crooper inundan o disco. Otis era todo enerxía, que sabia transmitir ós que o rodeaban. A voz soa como se estivese contida, esperando a ser liberada en estampida pola propia inercia da canción. Cada momento ten a súa modulación adecuada, e a escoita do disco lévate en alfombra máxica a un mundo de soños mais cerca do que parece da realidade terrenal.
Non foi facil escribir estas liñas, demasiadas emocións liberadas dende un pasado non lonxano e hacia un futuro de incertidume. Otis cantaba como se aquela canción fora a última, ¿ por qué non somos nos capaces de vivir así?

jueves, 11 de agosto de 2011
HÜSKER DÜ. Metal Circus. 1983
by marcosdeaurita
"A razón da ruptura da banda era que estábamos fartos uns dos outros". Con estas palabras Bob Mould (guitarra, voz) -un dos guitarristas máis interesantes dos oitenta obtendo un son cheo de matices e texturas e o mesmo tempo sucio e caótico- poñía fin a calquera conxectura sobre a separación de Hüsker Dü entre elas as que apuntaban a adicción ás drogas de Grant Hart (batería, voz) -atronador nas baquetas, a metade creativa máis pop e doce do grupo- como detonante. O certo é que as relacións persoais entre Mould e Hart estaban bastante deterioradas e as cousas con Greg Norton (baixo) tampouco ían demasiado ben. A parella Mould-Hart é a responsable de case a totalidade dos temas de Hüsker Dü é xuntos formaron un binomio de xenios incapaces de convivir xuntos demasiado tempo pero que nos deixan xoias da calidade de "Diane", "It´s Not Funny Anymore", "Girl Who Lives On Heaven Hill", "Don´t Want To Know If You Are Lonely", "Green Eyes" ou "New Day Rising".
Durante seis anos (1.982-87) facturaron oito discos, nos que mantiveron o listón moi alto. Non chegaron a alcanzar a notoriedade de outros contemporáneos como REM, en parte debido a que a separación de Hüsker Dü é previa a explosión mediática do rock americano independente a finais dos oitenta. A pesar diso son recoñecidos como unha das bandas máis influentes de finais de século. A súa separación deu lugar ás prolíficas carreiras en solitario sobre todo de Mould (Sugar) e Hart (Nova Mob), pero esa é outra historia...
Quizais en ningunha das súas entregas captaron tan ben a urxencia do seu son como en "Metal Circus", un disco que en pouco máis de dezaoito minutos demostra o porqué da transcendencia de Hüsker Dü na música actual, e é seguramente o primeiro sinal de grandeza do grupo. Conflúen neste disco o hardcore máis directo, o punk máis sinxelo e a melodía pop máis clásica, sons que ata daquela permanecerán illados entre si.
Enérxico, cru, volátil, e sobre todo inconfundible. O son de Hüsker Dü queda patente neste disco e quizais sexa unha das marcas da casa, semellante ó de outras obras como "Everything Falls Apart" ou "New Day Rising". O seu son non se achegaba a nada convencional e se a iso unimos as súas peculiaridades en canto ó estilo o resultado realmente parece bastante desconcertante nun principio. Segundo Hart isto pode ter unha explicación: "Nunca fun capaz de asimilar influencias. Supoño que se debe a que os dezaseis anos, un antes de formar o grupo, nunca escoitara música rock. Isto debeume condicionar para que saíse algo orixinal..."
O disco desprende enerxía xa desde o comezo coa brutal "Real World", un tema de aires hardcore cun coro moi pop e un fondo melódico moi acusado, algo que sería habitual no son da banda. "Deadly Skies" é un risco punk bastante acelerado, propio da época, que ben poderían haber asinado Black Flag ou Bad Brains, destacando poderosamente a guitarra de Mould que parece ter vida propia. Con "It´s Not Funny Anymore" estamos ante unha das mellores composicións dos de Minneapolis sen lugar a dúbidas, é sinxelamente prodixiosa, sinxelamente pop e unha demostración da súa versatilidade. "First Of The Last Calls" retoma a enerxía punk novamente con tinturas melódicas, que desaparecen case por completo na esmagadora "Lifeline". O final é digno dunha obra mestra: "Diane" é a un tempo fermosa e macabra, luminosa e escura, xeada e cálida, acadando o disco un clímax que só podería ter solución de continuidade coa delirante "Out On A Limb" interpretada dende as entrañas da paranoia. En canto as letras, mentres outras bandas da época expoñían mensaxes e slogans políticos, Hüsker Dü explora as cuestións reais e persoais da vida e os sentimentos sinceros, como soen facer as grandes bandas de rock de todos os tempos.
Demasiado rápidos para englobalos no pop rock americano dos oitenta, pero non o suficiente como para clasificar dentro do punk, Hüsker Dü deixounos un legado que moi poucas bandas igualan chegando a converterse nun dos maiores expoñentes musicais dos oitenta, á altura de outras bandas como Sonic Youth, Pixies ou os citados REM, tanto pola súa orixinalidade como pola súa influencia posterior.

martes, 9 de agosto de 2011
Ryan Adams. Heartbreaker
Esto vai de recordos. Iso é a música. Un flash, un instante, unha sensación, que pronto se convirte en recordo. Agora mesmo pasa por diante dos meus ollos o concerto de Ryan Adams en Victoria , fai uns cuantos anos: 17 fantasticos minutos iniciais, a promesa de unha noite inolvidable, e unha caida en picado polo barranco da bronca e da desidia, tan transitado polo talentoso Ryan.
Soaron na primeira tandada tres temas, maravillosos, tensos, delicados cando procedía: To be Young, oh my sweet Carolina e Shakedown on 9th street, todos deste Heartbreaker do 00. Isto non é unha nota, é un ano, o da edición desta mezcla de paixon e anos percorridos polos clubes americanos tocando, levantando homes dos seus asentos e facendo soñar ás mulleres con un amante mellor do que tiñan na casa.
De épocas posteriores é unha foto de Ryan, deitado nunha cama xunto a unha guapa muller, con un tocadiscos ainda botando fume en vez de mesita de noite, vestidos como si non tivesen tempo de despirse antes de pinchar algún tremendo vinilo, ou, por que non, este Heartbreaker. Porque eu pincharia este disco, non de inicio a fin, senón saltando de maneira caprichosa polos surcos, elixindo e moldeando a esa muller que escoita deitada e con cara de non estar sentindo nada. ¿ como non se pode sentir nada escoitando Come Pick me up, armónica aullante, ou sobre todo esa doce Carolina á que pide Adams voltar. Alguén que anda a vida na carretera, de cama en cama, de concerto en concerto, e que ten morriña do que non pode disfrutar. ¿a alguén lle sona esa historia?
E que pasa pola mente de un cando escoita algo como To be young is to be sad, is to be high? Si que se apodera a tristeza do corpo propio, a pesar do ritmo vivo e agresivo, e a inmediatez de unha canción que parece grabada de un tirón a unha sola toma fai que a entrada na escoita do disco sexa inmellorable. Quizais por iso que din que foi grabado en catorce días parece que nos chega mais rápido ó corazón, como se a urxencia da grabación se transmitira ó acetato. Canción entre a desesperanza e a visión de algo mellor, alguén insinuou que producto de un fracaso amoroso. Dende logo non hai mellor momento que cando te desarma por dentro a persoa amada para que afloren os mais interiores pensamentos e sensacións. Se falaba ó principio de que a música é sensacións, este tema fai aparecer en min a rabia de algo perdido, algo intanxible, unha oportunidade fallida, pero ó mesmo tempo na reflexión final do disco hai unha ventana de optimismo, como si a algo realmente malo lle sucedera sempre un acontecemento mellor, ainda que solo sexa porque cando tocas fondo xa non hai nada mais por debaixo. Quince kilos chegou a perder Adams tras o abandono daquela muller que xacia na súa cama. O peso perdido converteuno en unha canción por kilo, case se podería decir que vendidas ó peso.
Duas sombras planean sobre o disco, a mais tanxible de Ethan Johns, productor e multiinstrumentista do disco, que deixa a súa pegada nesa interpretación triste e pausada pero ó mesmo tempo cargada de tensión e desesperanza das ideas de Ryan. A outra sombra é mais eterea, a de Gram Parsons, torturado habitante do reino dos ceos, ó que Adams se quixo acercar facendo cantar a Emmylou Harris en Oh my sweet Carolina. De amores fallidos está cheo o mundo que deixan dor e destrucción ó seu paso, pero tamen creatividade e beleza.

UN DIA NA PRAIA
Ali estaba eu, ela suxeriu que en vez de falar tanto me dedicase a escribir sobre esto... e aquí está.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)