lunes, 17 de diciembre de 2012

The Jesus And Mary Chain – Psychocandy (1985)


por Marcosdeaurita

A despedida entre Bob e Charlotte, metáfora da soidade da vida, co ‘Just Like a Honey’ sobre o fondo do bulicioso e solitario Tokyo, poñendo fin a unha historia chea de contrastes e novas sensacións.

Así se presenta tamén ‘Psychocandy’, cheo de contrastes e novas sensacións. Para experimentalo, mellor pechar os ollos e imaxinar unha viaxe cuns ruidosos surfistas punkis posuídos por un delirio en espiral que evoca a todos os desherdados da historia do rock'n'roll, algo escuro e decadente pero cun aire moi ‘cool’. Un desgarbado mozo golpea uns caldeiros do lixo mentres soa unha serra mecánica no medio dun xardín cheo de flores e ao fondo se escoita a inane monotonía vocal dun ser de cara sinistra e tétrica mais de corazón doce e melancólico... unha sorte de Frankenstein co pelo cardado. Toda unha experiencia!!!

The Jesus And Mary Chain crean cunha mirada calidoscópica que viaxa entre a psicodelia de 'Inside Me', o garaxe desenfreado de 'In A Hole' e 'The Living End', as melodías pegadizas de 'Taste Of Cindy' e 'You Trip Me Up' ou o pop máis intimista de 'Cut Dead' e 'Just Like A Honey'. Unha fusión de ritmos minimalistas e directos que soportan unha doce melodía pervertida e afogada de xeito premeditado baixo unha tormenta de distorsión e acoples, e cunha intensidade desenfreada ou pausada segundo vaian saíndo os demos ou as fadas. Unhas fadas vestidas de coiro negro e uns demos convertidos en xoguetes de plástico (“I'll be your plastic toy“). Ata daquela ninguén se atrevera a tanto.

É como sentir a sensación dunha froita doce cunha polpa que che corta a lingua. Evocando esa permanente antítese, esa eterna loita entre o ben e o mal, a mesma que figuradamente mantiñan as mans do reverendo Harry Powell. Anos máis tarde alguén saído dunha tétrica mina atoparía a pedra filosofal, a comuñón perfecta entre estes dous mundos, pero antes uns irmáns xa instigarán o caos do que xurdiu esa loita, na que nunca prevalecerá unha opción sobre a outra...

jueves, 27 de septiembre de 2012

The Modern Lovers – The Modern Lovers (1976)


por Marcosdeaurita

“I got the modern sounds of modern Massachusetts”... Jonathan Richman, todo un personaxe dentro da historia da música moderna, tiña claro o seu lugar cando proclamou isto na mítica ‘Roadrunner’. Este himno, que pasaría á historia do rock, é a definición dun estilo de vida, dunha actitude para afrontar esa estrada cotiá que percorremos, infinita e sen retorno... e como a música nos evade e nos axuda a mostrar unha faciana máis optimista, a pesares de sabernos perdedores de antemán... cun destino inevitable: “Indo a máis millas por hora [...] encántame coa radio acesa / axúdame a estar só ata altas horas da noite [...] Non me sinto tan mal no coche agora / Non me sinto tan só, coa radio acesa".

Sempre á marxe das modas, creou un estilo e unha imaxe propios. Como dicía John Felice, veciño e amigo de Richman, gustáballe facer as cousas en solitario, posto que unha e outra vez lle propoñía montar unha banda e el negábase. Debedor tanto dos crooners como dos cantautores folk, tanto do rock’n’roll dos 50 coma do pop dos 60, a súa imaxe vai contracorrente, basta con ver unha foto dos propios Modern Lovers para decatarse. Richman co pelo curto e un aspecto sinxelo e minimalista rompía coas tendencias do momento, nunha época de cabelos longos, onde se impoñían entre outras estridencias, o estilo extravagante e teatral do glam. Mesmo resulta ser un auténtico straight edge, unha década antes de que existise sequera o calificativo, rexeitando os hábitos toxicómanos habituais nos músicos de rock da época, tal é como reivindica en 'I'm Straight', e todo iso, a pesares de convivir e establecer amizade con consumidores habituais.

Na súa volta a Boston despois da súa intensa pero infrutuosa estancia en Nova York, seguindo as pegadas da Velvet Underground e tentando facerse un oco na escena musical da cidade, contacta con Felice e para ledicia deste fundan The Modern Lovers. Estamos en 1970 e se Jonathan apenas cumpriu dezanove anos, John é un adolescente de quince. Despois dalgún que outro cambio, a principios de 1971, a banda consolidase con Jonathan Richman, Jerry Harrison (teclados), Ernie Brooks (baixo) e David Robinson (batería), con aparicións esporádicas á guitarra de John Felice, cando llo permitían os seus estudos, as cales se irán reducindo ata desaparecer.
Logo de labrarse unha boa reputación en directo, espertan o interese dalgunha compañía e en 1972, pasan varias veces polo estudio de gravación. Na mesma semana de marzo gravan practicamente todo o material do que máis tarde se publicaría como disco. Dunha sesión con John Cale para Warner son seis cancións, mentres que 'Girlfriend' e 'Modern World', son gravadas con Mason & Apere para A&M. Dos nove temas iniciais cos que sairía o disco, só 'Hospital' non é desas datas, sendo rexistrado un ano antes pola banda noutra gravación. Posteriores reedicións do disco recollen outros temas gravados nesas sesións e noutras futuras con Kim Fowley aos mandos, entre eles o imprescindible 'I’m Straight' ou 'Dignified and Old' e 'Government Center'.


Aínda que musicalmente bebían directamente da Velvet Underground, o espírito xuvenil e alegre de Richman contrastaba coa escura e decadente mirada de Lou Reed. O álbum semella un tratado sobre a procura do amor, expresado nas desventuras dun amante moderno, que coma un trobador recita as súas miserias alleo á música que soa, mentres cun aire adolescente se laia das súas infrutuosas andanzas. A estas alturas sobra dicir que se trata dun monólogo creativo do propio Jonathan Richman, que capitaliza case completamente todos os temas.

Se en ‘Roadrunner’ “a autopista é a túa noiva”, no resto das cancións o amor está presente, sempre cun alento moi xuvenil, coma en ‘Astral Plane’: “Esta noite estou só no meu cuarto / volvereime tolo se non dormes comigo / eu estarei contigo / reunireime contigo no plano astral”. Riscando a guitarra a través do son hipnótico e intenso do Farfisa introducímonos de cheo en ‘Old World’, onde reivindica os clásicos e salda a súa débeda con eles, pechando logo o circulo con 'Modern World' e o seu sarcástico "I'm love with the USA". Ironía e sarcasmo sempre presentes, igual que na caótica pero consistente ‘Pablo Picasso’, escrita en colaboración con John Cale, sendo así a única que non asina so o xenio de Boston. A electrizante e urxente ’She Cracked’, supón a enésima versión dos seus problemas coas mulleres. Trátase dun tema moi punk que ben puido ter asinado o propio Johnny Thunders. ‘Hospital’,é unha canción reconfortante á vez que triste, un amor fatal é o fío condutor que envolve unha relación contraditoria: “déixame volver á túa vida / non soporto o que fas / pero estou namorado dos teus ollos”. ‘Someone I Care About’,en busca do amor sincero e comprometido, como a fermosa balada ‘Girlfriend’,unha canción núa, un alegato post adolescente na procura do amor verdadeiro.

As tentativas de levar adiante o disco prolónganse polo menos aínda un ano máis, e no medio de todos estes enredos, múltiples gravacións e vaivéns xeográficos, Jonathan Richman perderá o interese en publicar unhas cancións que parira facía xa demasiado tempo e que xa non reflectían a súa alma. Cando finalmente se publica o álbum ‘The Modern Lovers’ en 1976, a banda xa levaba separada desde 1974, debido principalmente ao distanciamento estilístico de Jonathan Richman co resto do grupo. Isto reflictese en que case ao mesmo tempo deste lanzamento, el se presenta co seu novo combo, mantendo case o mesmo nome (Jonathan Richman & The Modern Lovers), e cunha proposta musical evolucionada e moi diferenciada daquela recollida nas sesións de principios da década, e que supón o comezo dunha prolífica carreira en solitario.

Os demais compoñentes dos Modern Lovers acabarán nalgunhas das bandas máis influentes e importantes da época. Deste xeito, John Felice, funda os Real Kids, unha fantástica banda punk rock. Jerry Harrison unirase aos Talking Heads, mentres David Robinson marchará facerse cargo das baquetas de The Cars. Pola súa parte, Ernie Brooks pasa a ser o baixista habitual de Elliott Murphy. Case nada...

A pesar da aparición de bandas tan interesantes como os Stooges ou MC5, nos 70 foron habituais as efémeras aventuras de bandas importantes na historia do rock como a Sonic’s Rendezvous Band ou os Nerves, nunha escena musical que estaba maioritariamente copada por bandas de hard rock ou rock sinfónico, algunhas das cales tiñan unhas pretensións musicais grandilocuentes que se estendían máis aló dos dez minutos. Igualmente fugaces, os Modern Lovers, cun estilo cru e sinxelo, persoal e directo, ían influír en toda a xeración punk anos máis tarde, non só musicalmente, senón tamén pola súa actitude e autenticidade.

"Don't feel so alone, got the radio on ”.

martes, 31 de julio de 2012

FUGAZI. 13 songs. 1989


por Marcosdeaurita

O mundo de hoxe, inexorablemente globalizado, imprime en nós un selo estandarizado que reflicte os mesmos problemas, gustos, alternativas, inquedanzas e fainos vivir mentalmente alonxados do noso entorno, homologando unhas realidades con outras.

Probablemente Ian McKaye fose un visionario cando creou en 1980 o selo Dischord, xunto cos seus compañeiros na banda Teen Idles, Jeff Nelson e Nathan Strejcek. Un selo cunha política dirixida a promover as bandas locais. Cun total desinterese en ser aceptado polo sistema e sen ningún aceno de mimetizarse cunha multinacional discográfica (a diferenza doutros moitos selos independentes da época que acabaron sendo absorbidas polas majors). Vender os discos e as entradas dos seus concertos a prezos populares e asequibles para todo o mundo, non gravar videoclíps, escoller moi ben a quen lle concedían entrevistas eran algunhas das premisas que marcaba o súa forma de entender a música. MacKaye non procuraba o éxito, só pretendía crear o seu propio sistema, un sistema orientado aos intereses da sociedade na que vivía, nomeadamente da escena musical de Washington DC, e non escravizado e vendido aos beneficios das ventas como a industria musical. Proba delo é que hoxe en 2012, pasados trinta anos, e despois de axudar a saír adiante a bandas tan fantásticas como The Nation Of Ulysses ou The Make-Up, Dischord Records segue fiel aos principios cos que foi creada. E por suposto Ian McKaye tamén.

Nun principio MacKaye, Nelson e Strejcek foron asociados co xermen da cultura straight-edge, un estilo de vida que inclúe o rechazo ás drogas e o alcol. Tras este primeiro paso MacKaye e Nelson deixarían unha fonda pegada no underground americano con Minor Treath, unha das bandas máis influíntes do hardcore punk dos oitenta xunto con Bad Brains e Black Flag. Minor Threat publicaron dous álbums e varios ep’s, cunha música directa e unhas letras intelixentes e incisivas. Despois disto MacKaye segue ca súa frenética actividade e crea Embrace, ata que en 1987 das súas cinzas e das doutra banda da escena local, chamada Rites of Spring nace Fugazi.

Ao frente da banda con MacKaye estará Guy Picotto, que ao igual que o baterista Brendan Canty, provén de Rites of Spring, unha banda deudora do legado de Hüsker Dü e asociados xunto a Embrace (novamente Ian MacKaye) do que logo se coñeceu como emocore, onde as principais diferenzas co hardcore atópanse na temática das cancións, máis intimistas e persoais. Sen embargo, esa clasificación sería rexeitada drasticamente por Picotto, quen ía a ser unha peza fundamental na faceta creativa e que ía poñer a reputación da banda en directo nun bó lugar, cos seus aloucados e eléctricos bailes e a súa fascinante interpretación vocal dos temas. Completará a formación o baixista Joe Lally.

Comprometidos con moitas causas sociais, Fugazi ofrecen concertos cos que recadar fondos para múltiples delas, ademais de dar actuacións xirando practicamente por cada recuncho dos USA e por case todos os países do mundo na súa furgoneta.

A banda desenvolve a complexa madexa do post-hardcore, un estilo que non é nin post-rock, nin slowcore, nin hardcore, nin punk... pero é todo ao mesmo tempo. Sube, baixa, arranca, para, susurra, berra... por eses sinuosos sendeiros se move a música de Fugazi, cunhas letras moi atrevidas, intelixentes, sinceiras e introspectivas, invitando á rebelión individual para construír unha sociedade máis xusta.

'13 Songs' son exactamente iso, trece cancións, o resultado dos dous primeiros Ep's da banda, os sete temas do Ep Fugazi e os 6 de Magin' Walker, compostos todos eles por MacKaye (6) e Picotto (7). Calquera dos dous ep's ten un nivel excelente por separado, pero xuntos acadan un resultado espectacular. O máis excitante para quen se achegue a eles e que isto só é o comezo dunha longa e incrible discografía.

Fugazi comeza coa mellor carta de presentación posible, 'Waiting Room', convertido xa nun clásico do rock, sendo un dos seus mellores temas e dos máis versioneados. A rabia e a frustración xuvenil percorren os cinco minutos da canción, nun alegato contra o inconformismo.

Outro momento estelar é 'Suggestion', unha das cancións máis aclamadas da banda, onde a protagonista é unha muller, que esta farta de ser vista como muller-obxecto. Con esta canción gañáronse as simpatías dos sectores máis tolerantes do feminismo, posto que as riot girls máis duras non gustaban de seren apoiadas por homes, xa que consideraban que a loita polos seus dereitos era patrimonio seu en exclusiva.

O álbum está cheo de enerxía contida unhas veces e desbordada outras, con temas como ‘Bulldog Front’; a inquietante e desgarradora ‘Give Me The Cure’; ‘Glue Man’ totalmente hardcore, chea de rabia e tensión; a acelerada e melódica ‘Margin’ Walker’, unha peza moi habitual no estilo da banda; ou ‘And the same’ unha dura crítica ao racismo e a violencia. 'Bad Mouth' reflexa o choque interxeneracional, de como aceptar e vivir co que se é en lugar de criticar aos que envexamos. Moi na liña vai ‘Burning’, en permanente calma tensa, invita ao oínte a tomar as rendas da súa vida e deixar de ser alienado polo sistema ao igual que a pegadiza ‘Burning Too’.

Pechan as sensacionais ‘Provisional’ e ‘Promises’, nunha liña moi emo, e entre medias ‘Lockdown’ cun ferinte e repetitivo riff de guitarra transmitindo inquietude e urxencia, a mesma coa que Fugazi nos invitou unha e outra vez ao longo dos anos a despoxarnos das ataduras da sociedade capitalista, deixando de ser remeiros presos desa galera endiañada que viaxa a ningunha parte, para poder navegar polo mar da vida na nosa propia embarcación e cara o rumbo que desexamos.

lunes, 18 de junio de 2012

NICK CAVE. Murder Ballads. 1996

Amor e morte. Duas caras da mesma moeda. Unha moeda que cando é lanzada ó aire sabes que traerá funestas consecuencias, pero ó mesmo tempo observas o seu brillo cos ollos dun neno de 5 anos que espera maxia no mundo. Nunca hai maxia. A cabeza, o corazón e o estómago dun mesmo é un lugar oscuro no que vivir, cheo de maldade e traxedia. Nick Cave, o xenio enfermizo, consciente sempre desta dicotomía, escupe na súa música esa negritude, ese pozo sen fondo, pero nunca con tanta beleza como neste Murder Ballads. A morte vista cara a cara. E de tanto mirala un acabase rindo, case abrazandoa, e en momentos fugaces de marabillosa intuición, convertea en amor. Asómate ás tebras, non te marees, e solta unha longa carcaxada, como se comprenderas a esencia do mundo. É o que fai Nick, con lirismo desbordante. Mareome....

Cando unha persoa se converte nun asasino? Todos o somos un pouco. ¿nunca quixeches matar a ninguén? ¿nunca te enamoraches de alguén a quen quixeras matar todos os días? Saca Cave do imaxinario colectivo unha serie de historias que as convirte en persoales, transformación de lendas populares en partes de un mesmo, en pezas do puzzle propio. O arrogante músico explota o seu estilo de crooner apaixoado e atormentado. Fasciname. Agónico discurrir polo lado maligno do corazon humano, viaxe só de ida, con un soplo de esperanza final. Embarcate no tren que te levará ó teu inferno persoal.



Ese tren discurre mirando a varias historias de asasinos en serie, tremebundos e malignos contos que poñen os pelos de punta, cada canción é unha porta a un mundo de sangue, morte e maldade.

Song of Joy, a mais terrible do disco, fala de como un médico sae a curar un enfermo e ó volver atopa morta a toda a súa familia. Cave conta a impactante historia como un deses narradores viaxeiros de antaño. Ese narrador que palabra tras palabra fai surxir o escalofrío no ointe: él era ese medico, e agora vaga polo mundo contando a sua traxica existencia. Helaseme a sangue. Creo que os matou el mesmo. O vento parece aullar mentras Cave canta. Fai frío. Teño ganas de matarte.
Stagger Lee, enfático personaxe, capaz de voarche a cabeza por calquera nimiedade. Botano da casa e lanzase a recorrer mundo armado co seu Colt 45. Acaba a tiros nun lonxano e mugriento bar por culpa dunha puta. Que cousas. Amor a primeira vista? Ganas de sexo rapido? Ou simplemente é que queria pegarlle catro tiros ó primeiro que llo pedira... Teño ganas de matarte.

Love Creature, canción ou xemido, realidade onírica, vento do deserto aullando. Parece unha pausa do medio da tormenta.
Where the Wild Roses Grow, con Kylie Minogue, ou como enamorarte dun asasino. El levaa ó río, ese río da vida e da morte, bicaa e mataa. Toda beleza debe morre, di... Preciosa, terrible. A sangue baixa pola auga, e el dase a volta e marcha. Quero matarte asi.
The curse of Millhaven, ou esa cidade maldita onde todos estan destinados a morrer. Inevitable fin. Lottie, rapaza de ollos preciosos e 15 aniños que vaga pola canción, confesa ter matado a moitos mais do que parece. Belcebú con ollos verdes...

The kindness of strangers, tristisima historia dunha inocente xoven que trata de buscar a sorte na vida e se atopa coa maldade personificada no seu asasino, que lle pegou un tiro e deixouna atada a unha cama. Ganas de chorar, cando se pon Anita Lane a cantar e literalmente irrumpe en sollozos contaxiosos. Que triste é todo. Ganas de matarme.  

Crow Jane, blues arrastrado e o´Malley´s bar, historia dese veciño que conta como mata xente durante 14 minutos de cancion, e sinte unha leve erección ó soltar toda a súa paranoia, levannos a Death is not the end., tema de Bob Dylan, que canta Cave rodeado de amigos tentando dar unha mensaxe algo esperanzadora despois de tanta miseria. E un pouco tarde, non che parece, Nick.

Para o final deixo Henry Lee, a miña favorita. Interpretada xunto a PJ Harvey, relata como o amante é apuñalado por ela cando este lle conta que xa ten outra muller. Belísima, non podo parar de escoitala. Mulleres que matan ou morren brutalmente, pero que antes diso aman ou son amadas. A realidade supera á ficción, e Pj case acaba co matrimonio de Cave tras unha relación apaixoada. Aterradora beleza, amor fugaz, calor de dous corpos ansiosos... ¿é música no aire ou é a nosa propia vida? Non o sei. So sei que xa non te quero matar... porque te amo demasiado.

lunes, 16 de abril de 2012

BIG STAR. Radio City. 1974.

¿Alguén che regalou un disco fai pouco? Vouche contar a historia dun que me regalaron a min fai moitos anos, e que leva moito tempo facendo os meus días mais levadeiros.

Fai mais de 15 anos, entrei nunha tenda de discos ávido de carne, buscando o Santo Grial, disposto a fundir o meu escaso potencial capitalista en rodaxas sonoras. Algo buscaba, pero non sabia o que. O dono da tenda, veteran en mil concertos, contame a súa historia mentras pincha uns poucos vinilos. É esta unha historia triste, a dun home de Leon que a mediados dos 80, xa cumpridos os 30 anos, se da conta de que a súa vida está colgando dun fio. Con muller e fillos, non ten ningunha propiedade, vive dun oscuro garito rockeiro, e o seu unico legado para os nenos que amamanta é unha colección de mais de 17.000 discos. Sinte a vertixe cando alguen na radio anuncia a fin do vinilo en favor do rompedor formato cd. Vende a colección, excepto os 700 imprescindibles para sobrevivir. Arrepintese ó instante. Cos cartos marcha de Leon e escapa para A Coruña. Alí monta a tenda, tras darse conta de que a música é o seu único e irrenunciable modo de vida.

Escoito asombrado, a experiencia de alguen que vive e ama a música. A charla toca ó seu fin. Eu non sei que disco comprar. E el abreme o camiño da luz. Colle un da marabunta, aparece este Radio City. Big Star, penso, ¿quen serán estes fulanos? O home regalame o disco, coma quen regala sabiduría adquirida tras moitos anos. Non fun consciente do que estaba a pasar. Ahora si que o son. Regaloume un raio de vida, horas de escoita maldita pensando na muller amada. Regaloume unha entrada directa ó magnífico inferno do pop.

Esta historia de desapego, de homes erraticos que vagabundean polos surcos da vida, é tamen a historia de Alex Chilton. Foi Alex un deses músicos talentosos, dotados para arrancar unha melodía de calquera lado, home zarandeado polo destino, o consumo industrial de drogas, os amores obsesivos e o seu propio desapego ó exito. Lider dos Box Tops, grupo xuvenil prefabricado para o triunfo comercial, escapou por pernas asqueado do negocio musical. E caeu ó lado do seu amigo de sempre, Chris Bell, outro personaxe tráxico. Nace Big Star, editan o nº1 Record, magnifica colección de cancións á que ninguén presta atención, e Bell vaise do grupo tras chocar co irrascible Alex. ¿Fin da historia?

Pois non.

Dos restos do grupo nace Radio City. Colección de cancions de tristura atroz e fraxil beleza. Sí, é pop, din os críticos. ¿pero non se supoñía que o pop tiña que ser alegre e vital? Aquí vexo demasiade oscuridade esperandome en cada rincón e a Chilton levandome por camiños que non quero recorrer. Mais crudo e directo que o seu antecesor, Radio City non carece deses guitarreos armónicos e dos xogos vocais imposibles, pero desprende un olor a amores perdidos e soños irrenunciables. Ole a ela.

A escoita levanos a ese estado felizmente idiota, a ese momento da mente despreocupado, no que nos volvemos débiles ante os vaivéns vitais. Antecesor do negrísimo "Third/Sister Lovers", parece que Chilton empeza a recorrer os camiños tortuosos que o levarán ó estalido emocional do seu último disco. As cancións abanéan coma sostidas nunha corda a unha altura infinita, coma se o ritmo se perdera no aire por momentos.

A cara A é dunha beleza dificil de describir. Iniciada coa nerviosa e caotica "O My Soul", na que Chilton lle canta a esa nena que lle fai perder os estribos, unha banda a punto de estalar cálmase de repente e atopa a liña da perfección en "Life Is White". Canción de total resentimiento amoroso ..."non te quero ver porque sei do que careces"... deixa un pouso de amargura, porque a sensación que da é que iso que di a letra non é o que pensa o que a canta. Decir o contrario do que se pensa, maldita maneira de espantar fantasmas.

O grupo desbordase na incrible "way out west", súplica subliminal... "ela intenta non amarme pero sabe que é imposible"... "faime ser malo, pero amoa nesas noites solitarias na miña habitación"... Unha melodía inocente levanos a transitar unha historia de amor desesperado dun home resignado, que lle pide a ela só que o ame. ¿e tan dificil?

A estas alturas a alma xa está algo desmontada segun a agulla cruza os surcos compulsivamente, pero cando soa "what´s going Ahn", algo se ven abaixo. Demasiado bonita e demasiado especial. O ritmo ralentízase como cando a acaricias na cama, a melodía elevate como si ela che susurrara ó oído ... encantasme ... o "oh no" que Chilton gime ó final da canción, ¿é de placer ou de renuncia? Nunca o sabrei.

O corpo xa está preparado para a prodixiosa "You Get What You Deserve". Aumenta o dramatismo da melodía, o ritmo a contratempo, as pausas en lugares insospeitados... A estas alturas a mestria de Big Star moldeando melodías está fora de dubida. Despois de amar a esa rapaza, dan ganas de conducir rapidamente escoitando este tema a toda voz, atravesando a noite en busca dun lugar mental onde a felicidade sexa mais tibia e soportable.

Interminables esforzos consiguen darlle a volta ó acetato. Soa "Mod Lang", agresiva, cruda, dificil. ¿Acabouse o caramelo para dar paso ó vinagre? A resposta témola na incrible "Back of a Car", xoia absoluta, ritmo hipnótico, dulzura punzante, guitarras caprichosas. Ese asento traseiro do coche, esa música atronando, esas ganas de decir todo, esas palabras que non saen. Nunca mellor resumidas as urxencias xuvenís e a frustración adulta.

A psicodelica "Daisy Glaze", sorprendente no seu final, antecede a unha canción das que non se olvidan facilmente. "September Gurls" ou como os romances veraniegos non se apartan da nosa mente nunca xamais. Melodia amasable, dan ganas de volver a ese agosto - setembro a abrazar a esa rapaza que se pasea pola praia... oh when she makes love to me... grita Alex Chilton.

Antesala do seu posterior descenso ós infernos por culpa da mantis relixiosa Lesa Aldredge e do consumo indiscriminado de sustancias alucinóxenas, todavía Radio City ten luz e esperanza. Nunha tarde soleada o disco brilla como se fose parente do sol, pero non o pilles nunha noite de auga. Si ela non está o teu lado pódete afundir na miseria.

É un disco dunha beleza enorme, dunha capacidade de seducción infinita, producto de duras experiencias, de soños inalcanzables e de mulleres arrebatadoras. A traxedia da vida vista a traves dos ollos da muller amada. Dísco de vaporosa presencia, misterio todavía lonxe de descifrarse, transita por terrenos comúns a todo mortal con especial sensibilidade. Dan ganas de acariciala ó escoitalo.

Si algúen che regala este disco, colleo con mimo, pinchao delicadamente, escoitao con paixon. Estanche regalando vida, modos de sentir, estanche regalando unha parte de si mesmo, que quere que ti teñas. ¿Hai mellor maneira de abrazar a alguen que regalando o Radio City?

jueves, 29 de marzo de 2012

SONIC YOUTH. Daydream nation. 1988

por Marcosdeaurita

Para unha banda que anda sempre no camiño da experimentación, co tempo é difícil non acabar soando decadentes. Sonic Youth, sen embargo, comezaron soando decadentes, para logo atopar un equilibrio que non abandonarían case nunca ao longo da súa carreira, cunha linguaxe sónica que explora territorios ata entón descoñecidos. Os reis do ruído, como adoitan ser chamados, acadan notoriedade nos albores da explosión do rock alternativo, despois de medraren na latente e prolífica escena underground americana dos oitenta, e acaban por converterse nos gurús da experimentación e o ruído. Desde aí deixan unha pegada que fai que a súa influencia transcenda a todo o rock.

Nacen no entorno dunha manifestación artística denominada No Wave, unha sorte de contracultura da contracultura, unha reacción nihilista contra a domesticación do rock e inimiga dos convencionalismos. Isto provoca uns inicios nos cales a banda explora novos sons na vangarda musical de Nova York cun marcado carácter noise. Experimentan con ritmos atonais e repetitivos, xogando entre a disonancia e a distorsión e usando afinacións alternativas pouco habituais ata entón. Na procura de sacarlle á guitarra novos e estraños sons, exploran diferentes posibilidades, como introducir elementos baixo as súas cordas. As súas primeiras incursións neste universo sonoro de harmonías e distorsión sería da man do mestre Glenn Branca, co cal deron os seus primeiros pasos os guitarristas Thurston Moore e Lee Ranaldo, na banda Glenn Branca Ensemble, compartindo experiencias con futuros membros doutras bandas da gran mazá coma os Swans ou Helmet. esta impresionante

‘Daydream Nation’ representa o equilibro para Sonic Youth, e pecha unha triloxía que comezara con ‘E.V.O.L.’(1986) e ‘Sister’ (1987), logo dunhas primeiras obras máis inaccesibles. Neste disco alcanzan ese punto no cal a experimentación e as estruturas máis convencionais se atopan. O álbum combina longas pasaxes instrumentais mezcladas con ruidosas explosións de guitarras distorsionadas entre enmarañados ritmos acelerados e melodías conscientemente desafinadas. A diversidade expresiva e interpretativa de Gordon, Moore e Ranaldo enriquece unha proposta xa de por si apaixonante desde a perspectiva creativa.

Unha suxerinte voz feminina susurra “spirit desire..., spirit desire..., spirit desire… we will fall" …unha explosión sónica de guitarras que soben e baixan inundan os nosos sentidos nun espectacular xogo harmónico. Soa ‘Teen Age Riot’, que abre esta obra mestra, incluída no arquivo da Biblioteca Americana do Congreso, algo só reservado a obras de moita relevancia. Todo soa como unha ensamblaxe perfecta, todo acoplado e sen fisuras. Sen tregua segue 'Silver Rocket', un trallazo punk que se vai diluíndo e consumindo durante case noventa segundos para logo renacer das súas propias cinzas. Aquí demostran a súa capacidade para construír e deconstruír cancións, difuminar e disolver melodías, para logo recuperalas, cando xa parecía que o caos se apoderara de todo, algo que tamén acontece en ‘Total Trash’. A voz de Kim Gordon é a protagonista na fermosa ‘The Sprawl’ e na enérxica interpretación de ‘’Cross the Breeze', ("quero saber, se debo quedar ou marchar?"), cunhas longas pasaxes instrumentais con Moore e Ranaldo unidos en medidas e distorsionadas improvisacións. ‘Eric's Trip’, ‘Hey Joni’ e ‘Rain King‘, soan diferentes, cantadas pola dylaniana voz de Lee Ranaldo, convertido nunha especie de crooner futurista.

A estrañísima ‘Providence' precede á marabillosa 'Candle', como a obra do pintor alemán Gerhard Richter que ilustra a portada. Trátase probablemente un dos mellores temas de toda a súa discografía, e combina todas as cualidades que definen a banda. O ritmo angustioso e urxente de ‘Kissability’ dá paso á triloxía final: ‘The Wonder’, ‘Hyperstation’ e ‘Eliminator Jr.’, que pechan un álbum cheo de contrastes rítmicos e sonoros recollidos baixo un mesmo prisma conceptual, tan críptico como atraente.

jueves, 8 de marzo de 2012

JEFF BUCKLEY. Live at Sin-e. 1993

17 de agosto do ano 93. Ti so tiñas 5 anos. Todavía non eras consciente do placer que supón pasear por unha calle empedrada, angosta, chea de xente, deixando atras locais dos que sae fume, nos que ole a humanidade palpitante, para dirixirse a unha sala de concertos. Esa sala pode ser o Sin-é de Greenwich Village, paredes de pedra e ladrillo, e madeira no chan. E esa rúa pola que pasear quizais sexa St. Mark´s Place, fogar de beatnicks nos anos 50, lugar atestado de cafés, librerías e música. Alí, ese día de verán e calor infernal en Manhattan, tocou un dos meus músicos predilectos, unha alma sensible e tráxica, un talento encantador e que se fixo inmortal ó afogar pouco tempo despois no río Wolf, un afluente do Missisippi. Falo de Jeff Buckley.

Fagamos un exercicio imaxinativo. Deixemos voar o pensamento. Sentome a escoitar este disco, e véxonos andando collidos da man por esa rúa atestada, parando diante de escaparates cheos de libros, fumando un cigarro e entrando no Sin-é. Ese misterioso e guapisimo rapaz que está no escenario, solitario como se non houbese ninguen mais no mundo, é Jeff. Sonrie, e arrancase a cantar un tema, Be your Husband, antes de que nos sentemos. Todos os que estamos na sala quedamos calados e hipnotizados.

Foi a mesma sensación que tiven a primeira vez que lle dei ó play para escoitar este Live at Sin-é, un feitizo do que todavía non espertei. Editado inicialmente en formato ep con so catro cancións, agora podemos desfrutar o concerto completo nunha edición de doble lp, no que incluso se incluen as parrafadas de Jeff, algunhas delas sorprendentes, como a que nos descubre ó seu gran ídolo, o cantante pakistaní Nusrat Fateh Alí Khan. Nusrat, el é o meu Elvis, di Jeff nun dos monologos no disco. Nusrat falece no ano 97, o mesmo ano que Jeff. Vidas e mortes paralelas.

Pedimos algo de beber, e comenza a soar Lover you should´ve come over. Vaia canción de amor, ou quizais de suplica desesperada e suicidio ... nena, onde estas esta noite? non sabes o moito que te necesito... Jeff é consciente del mesmo e da súa traxedia ... demasiado xoven para agarrarme, e demasiado vello para simplemente liberarme e correr... , e da soedade na que estamos envoltos ... a veces debemos descubrir, que realmente non temos a ninguen... , o lume e os soños están presentes ... esperareite e arderei... ... meu corpo anhela un soño que nunca vendrá... e a ocasión perdida aparece como unha gran carga dificil de soportar. ... meu amor, deberias ter vido, porque non é demasiado tarde... ¿A que me soa?. Estremecedor.

Unha maxia dificil de describir estanos rodeando. A beleza, rara cualidade no ser humano, sen dúbida pousouse sobre este rapaz. Unha oscura luz ilumina a súa cara e a súa voz, unha voz que parece entrar en trance e te eleva a donde ela quere.

Soa Mojo pin. Cunha voz casi inaudible dinos Jeff que esa cancion é sobre un soño. Paisaxes oníricos, fuxida das duras realidades. A veces a el gustarialle que todo tivera sido un mal soño, como cando a súa nai o leva a ver un concerto de Tim Buckley. Jeff tiña 8 anos. Ela dille a ese neno asombrado: Jeff, ese é teu pai. é o ano 74. Un ano despois Tim Buckley morre de sobredose. Deixa un pouso amargo no seu fillo, músico por cuestion xenetica, e suicida en potencia. Tim anticipa o triste destino do seu fillo, que acosado por un trastorno bipolar acaba morrendo antes dos 30 anos. ¿por que se lanzou a nadar vestido aquela noite?. ¿Aburrirase de vivir?, ¿foi por unha muller, sempre esa muller diabólica que nos atormenta? Ou quizais simplemente foi porque tiña que ser.

Quizais a explicación a teñamos en Grace. As palabras vanse desgranando ó ritmo feitizante e sincopado da Telecaster... “Non teño medo de marchar/ Pero resulta tan lento/ e recordame a dor/ que tal vez deixei atrás..., ... a miña voz, apagandose canta o amor e chora o tempo que pasou e non volverá... ...estou esperando o lume... ¿fala do lume eterno, sentase a esperalo? Vaia visión. Nese momento, tras catro cancións, damonos conta de que estamos diante de algo especial, de beleza inusitada.

O concerto discurre entre eses temas que anticipa o fantastico disco Grace, e versións marabillosas de Nina Simone, Van Morrison ou Bob Dylan. Polo medio, unha Last goodbye, que pon a pel de galiña. Cando teña que decirche adeus, será con esta canción. ...este é o noso ultimo adeus, dichesme mais para vivir, mais do que nunca saberás, este é o noso ultimo abrazo, deberia soñar e ver sempre asi a tua cara, por qué non podemos atravesar ese muro?, quizais porque nunca nos coñecemos de todo, besame por favor, este é o noso ultimo adeus... Jeff tivo que amar moito a esa muller da que se despide.

O climax final acercase. Eternal life, canción premonitoria, é o preludio da explosión. Soan os acordes de Hallellujah, a maxica canción de Leonard Cohen. E a miña cabeza volvese a desplazar á outra realidade paralela, a moitos anos despois. Catro amigos nun coche, unha lixeira fumareda cubre a parte cercana ó teito, alguen cambia o cd, e comenza a soar esto. Faise o silencio. Un silencio interminable mentras a interpretación de Jeff enche o coche e as nosas almas. Ningun dos catro nos movemos, paralizados, ante a revelación que supon percibir cos poros abertos esta bestialidade. Acaba a canción. Non nos miramos. Sabemos que todo estamos coa lagrima a punto de caer. Nese momento de amizade e traxedia, comprendemos por un instante fugaz a beleza do mundo. Tal é o poder da música.

Todavía hoxe desexo gritar con todas as miñas forzas ó acabar de escoitar Live at Sin-é, gritar de rabia e felicidade, gritar coa pouca forza que queda tras ser destrozado por esta lección de vida. Pero sinceramente penso que, por moito que grite, ninguén me vai a escoitar.

Jeff non gritaba, susurraba, e morreu novo cando o mundo apenas escoitaba o seu enorme talento.

miércoles, 15 de febrero de 2012

SPACEMEN 3 – The Perfect Prescription. 1987.

por Marcosdeaurita

Taking drugs to make music to take drugs to… (Tomando drogas para facer música para tomar drogas…). Este loop, ademais de ser o nome dunha das primeiras sesións gravadas por Spacemen 3, é toda unha declaración das súas intencións. Qué foi primeiro?...

En 1987, dous brillantes mozos de 21 anos entran nos estudos VHF Sound Centre de Rugby para gravar o seu segundo álbum, ‘The Perfect Prescription’. Peter Kember e Jason Pierce, mais coñecidos como Sonic Boom e J. Spaceman, son os culpables dun amalgama sonoro onde prima o minimalismo, a repetición, o feedback..., con influencias do blues, do soul e da psicodelia, dando vida a un universo cheo de novas sensacións, para quen queiran probar algo novo.

‘The Perfect Prescription’ é unha experiencia radical, unha viaxe ao lugar no espazo-tempo ao que todos queremos ir cando pechamos os ollos pola noite, ese lugar que cadaquén ten idealizado e mitificado persoalmente. Ese lugar que é diferente para todos pero que evoca os mesmos sentimentos… ese paraíso.
Spacemen 3 acadan aquí un nivel incrible, a compenetración entre Kember e Pierce é perfecta. Atópanse nun momento de eclosión creativa excepcional. Estamos ante a confluencia de dous xenios que logo tomarían camiños diferentes. Pat Fish, líder da banda The Jazz Butcher, quedou alucinado deles desde o comezo, dicindo que Spacemen 3 eran extraordinarios, e que nunca vira nada igual.

Este experimento sonoro comezará xa tres anos, nunhas sesións nas cales aínda estaba lonxe sequera o primeiro disco, pero onde xa se rexistraron unhas primixenias versións de Walking with Jesus’, ‘Things'll never be the same’ e ‘Come down easy’. Kember describiu ‘The Perfect Prescription’ como "unha especie de álbum conceptual, que trata das nosas mellores e peores experiencias coas drogas". E xa que é un álbum de experiencias, nada mellor que o tempo para acumulalas. A banda bota máis de oito meses nos estudos VHF, un tempo que lles permitiu experimentar e perfeccionar o seu son. Kember e Pierce encárganse da produción e reducen a cantidade de overdubs de guitarra para que os temas puidesen soar máis directos. O fuzz e o trémolo son dous efectos esenciais do son de Spacemen 3, cos cales crean atmosferas hipnóticas, unhas veces sobrecargadas e outras transmitindo serenidade e profundidade.

As cancións son como pequenos paraísos artificiais, que invitan a cruzar ao outro lado para vivir novas experiencias extrasensoriais e a evadirse a outros lugares, sempre á procura de estados de ánimo que alteren a mente. 'Take me to the other side’ marca o comezo desa viaxe (“vamos nena colle a miña man / e camiñemos pola area / iremos a lugares nos que non estivemos / veremos todas as cousas que non vimos”). A travesía vai discorrendo paseniño pola suave ‘Walking with Jesus’, seguida da repetitiva ‘Ode to Street Hassle’. O experimento sonoro ‘Ecstasy Symphony’ lévanos ao climax coa marabillosa ‘Transparent Radiation’, unha canción que pode trasladarnos a un atardecer, nun lugar solitario, o laranxa do sol vaise confundindo co azul escuro do ceo e unha melodía que o atravesa, un son etéreo que o vai enchendo todo… e despois, un sentimento de felicidade indescriptible… ‘Feel so good’.

A partir de ai o experiencia torna cara abaixo, coa calidoscópica ‘Things'll never be the same’, e comezase a caer suavemente con ‘Come down easy’ ata rematar a viaxe con ‘Call the doctor’, vencido, nostálxico, anhelando esa efémera felicidade, que sempre nos abandona. Se estivese, sempre, ata o final, enchendo de sentido o universo, ata que todo volva a ser irremediablemente igual… de real. Esa doce condena destruirao todo…, pero igualmente a vida tamén o fará. Por iso mellor será que o seu final sexa o meu tamén.

jueves, 19 de enero de 2012

WILSON PICKETT. The sound of... 1967

Un pequeno escenario ó fondo. Unha sala oscura, parecida a unha caverna. O espacio repleto de xente dos que so se ve o blanco dos ollos entre tan pouca luz. Calor, alcol, suor. Sete mesas nas primeiras filas, que pronto sobraron cando apareciu Mr. Pickett ... e se desatóu a tempestad do soul... Unha forza semellante á dun furacán invadiu o pequeño antro. Lume incandescente, un tema tras outro a audiencia foi noqueada. Ritmo, paixon, intensidade, algo saido do mais fondo das entrañas volvia loca á parroquia ali presente, féminas desbocadas ante tanto alarde. Un tema lento, de xeonllos no escenario, cantando como se fose a última vez que o faría, fai que todos desexen sexo desenfrenado e cheo de tenrura ó mesmo tempo . O soul en estado puro. Wilson tiña algo que só teñen os mais grandes. Tiña SOUL, ese ritmo infernalmente abrasador que che penetra dentro e alimenta a tua alma cos mais intensos fogos do averno, esa música parida na marmita onde se mestura o amor, a paixon e os desexos con outros ingredientes moito mais malignos. Chamabanlle the Wicked Pickett, e abofé que foi o mais malvado soulman dos anos 60.

Nado en Alabama, nunha familia de 11 irmáns, a violencia apareceu na sua vida moi pronto. A súa nai abusaba físicamente do pequeño Wilson. Como válvula de escape refuxiase nas igrexas, templos de culto nos que as voces dos nenos negros pretendían xuntarse con Deus. Esa formación gospel foi chave na súa futura vida musical. Pronto fuxe de onda a nai para irse co pai a Detroir. Nas súas rúas inxecta sangue urbana á musica que lle sae do fondo dos intestinos. Pronto acompaña ó mesmísimo Sam Cooke a cantar de igrexa en igrexa. Vivindo cerca da indixencia mais plena, cando case non tiña para subsistir, abrenselle as portas dese ceo ó que canta, cando os cantantes negros coma el comezan a firmar contratos para interpretar música secular. Monta un grupo, os Falcons, e substitue a ese Deus etereo ó que lle cantou sempre por un novo elemento a idolatrar: a muller amada.

Nunha época na que o single era o rei, Wilson fartouse de sacar rodaxas explosivas. O día que o formato sg comenzou a desaparecer, foi o principio do fin da canción, un proceso que xa dura moito tempo e que segue costa abaixo. A canción como ente con vida propia, que se saboreaba, que se pinchaba unha e outra vez, deixou paso a temas agrupados en lps, dobres e triples, que en moitos casos non fan mais que ocultar a falta de talento dos seus interpretes. Dous minutos e medio son suficientes para sintetizar mil emocións, é a grandeza da musica. Este The Sound Of Wilson Pickett, non é mais que un agrupamento de singles, un detrás do outro, que nos ensina o potencial do terrible cantante, na época mais esplendida da súa carreira, ese ano 67 no que graba ata 3 albumes con Atlantic.

Borracho penitente, con unha vida chea de altercados e visitas á carcel, irascible, tiña mal beber e era habitual velo con armas de fogo armandoas gordas, agredindo as suas multiples mulleres, conducir bébedo ata o paroxismo e acabar invadindo xardins alleos. Un deses xardíns foi o do alcalde de Englewood, que o perdoou a cambio dun concerto gratuito, non sen antes decir que … o peor enemigo de Mr. Pickett chamase Jack Daniels… Todo iso trasladabase á escea. O seu estilo, sacado do fondo de unha garganta que parece que vai quebrar en calquera momento, impoñíase con tensión e febre cando os focos o iluminaban.

Foi Jerry Wexler, o mítico productor, o que o fixo chorar por primeira vez na súa vida, cando graba con Solomon Burke o tema If you need me, éxito de Pickett, co que outro se levou a gloria que lle parecia destinada. Pero Wexler tiñalle que devolver a moeda, e vaia si o fixo. O productor Jerry Wexler, ó que se lle concede o mérito de acuñar o término Rythm and blues. Traballou cos mais grandes, ray charles, aretha, otis, e wicked pickett. Fillo de inmigrantes polacos, xuntase con un descendente de africanos, para crear a musica mais excelsa do ano 67. Entre as paredes do estudio Stax e dos estudios Fame, graban os grandiosos temas soul que se incluen no Lp do que falamos. Este último, unha antigua fabrica de tabacos, era un lugar especial, en palabras do propio Wilson, no que parecia que se transpiraba a alma da música negra. O que pasaba entre esas paredes so o saben os musicos que interviñan nesas maratonianas noites de música, estimulantes, tensión e maxia. Alí viu Wexler o fogo de Pickett, como el mesmo decía, “Cando grita, grita notas”, “a sua voz era tan potente como unha serra mecánica, pero nunca estaba descontrolada; sempre era melódica“ O cantante que implantou un novo nivel de ferocidade no soul, tamen era capaz de ser o mais doce, o mais suave dos cantantes. Facia coa sua voz o que queria. Faciache sentarte a escoitalo.

Que temos neste the sound of…? Xemas, mundos pasionais comprimidos en 3 minutos. Femias asasinas facendo coros e competindo a grito limpo con Wilson como nese I need a lot of loving everyday, lume nocturno no clasico Funky Broadway, duelos de guitarras e ventos, co organo Farfisa fumejando detrás en You can´t stand alone, e sobre todo amor, moito amor, e perdon, demasiado perdon polos excesos cometidos. A cara blanca e a negra do mais grande dos actos humanos nese trio de cancións, I found a love, I found the one, e I´m sorry about that. ¿Cómo se pode amar tanto e acabar facendo un dano irreparable? Son caras da mesma moeda, esa que a maioria das veces cae de canto, pero que cando cae de algun dos dous lados fai uns estropicios marabillosos e crueles ó mesmo tempo. A quen está lendo direille algo: si te enamoras de verdade algunha vez regala un disco co tema I found the one… e si todo se che escapa das mans, e sendo o último que queres neste mundo, lle fas dano á esa persoa, gráballe outro con I´m sorry about that. Case todo o que hai que decir sobre o que che pasa está nesas duas cancións. O resto corre da tua conta.

A Wilson Pickett parouselle o corazon os 64 anos, aquel que os fixo bater ó seu ritmo tantas veces. The wicked Pickett, o enfant terrible da música mais marabillosa.

miércoles, 14 de diciembre de 2011

VAN MORRISON. Astral weeks. 1968.

Novembro do ano 68. O soño hippie todavia se mostra potente pero xa comeza a agonizar, con un sentido de cercanía do apocalipse que vibraba no aire, alimentado polas drogas e a paranoia. Os grandes álbumes da época conteñen elementos de morte e decadencia, postos fronte a un desexo utopico de amor e liberdade. Van Morrison fai nacer Astral Weeks, como equipo de supervivencia para este tempo extrano e intermedio.
Van Morrison, o home que devolveu as palabras ás suas orixes máxicas, onde xuntadas coa música se combinan para crear unha nova realidade. Astral Weeks é o exemplo perfecto de como calquera cousa se pode cohesionar nun todo cargado dunha emoción suprema. Van chega a un punto que leva a música a un campo totalmente diferente, a un lugar no que podes penetrar e establecerte. A súas mellores cancións ocupan ese espacio encantado, no que se fai dificil desligar o amor sagrado do profano. Esa icónica imaxe do xardin brumoso e da choiva caendo, pode ser o Edén, o paraíso ou o xardin da tua casa. En Moondance, o seu seguinte album e un dos mais maravillosos para facer o amor, hai mais disto. Pero é en Astral Weeks onde esas imaxes forxan unha cousa nova a partir da sensualidade e do coñecemento místico.
O pequeno irlandes de sexualidade conflictiva fai un album mentalmente a cabalo entre Belfast, Londres e Nova Iorke, onde se grabou. Mais que un disco é unha autorevelación. Por momentos parece un predicador cantando para apagar o lume do inferno. Van pode ser enormemente cómico ou un malhumorado insoportable, un mistico e un inadaptado, a ratos inxenuo e a ratos maxestuoso. Igual que calquera, en realidade, so que el crea o seu mundo nas incribles cancions deste disco.
Conta John Densmore, dos Doors, sobre Astral Weeks e unha festa: "...no apartamento fixose o silencio. Todos miramos a Van. O oilo cantar sobre camiñar por xardins húmidos de choiva saltaronseme as bagoas. Era como si el non se poidese comunicar a un nivel de charla normal, e o puxera todo nas cancións. A música xurdia dun lugar moi profundo. Ó rematar fixose un silencio longo, case sagrado. E logo seguimos coa festa..."
Traballar con él é como estar colgado a unha altura de 85 pisos agarrado pola punta dos dedos. Van era un pequeno Dylan, que utilizaba o estudio como un lugar para compoñer e probar ideas novas. Presentabase sempre con servilletas de papel con letras e melodias. Facía malabares con granadas de man. Trata de chegar a un cambio que veña dun nivel mais inconsciente, todo conectado coas profundidades do pensamento. Van busca un concepto con unha orientacion visual, case se podería decir que tenta facer unha película en vez de un disco. Saiulle unha obra que habita nese mundo máxico da melancolía á deriva.
A portada do disco: Van esta nun circulo negro e mira hacia abaixo e ó seu interior, cos ollos cerrados e unha lixeira sonrisa. Sinistro e soñador, coma a sua música. Na contraportada parece un autentico asesino en serie.
25 de setembro do 68. Entran a grabar catro temas nunha sesion de 7 horas: Cyprus Avenue, Madame George, Beside You e Astral Weeks. Semellaba que Van estivese todo o rato colocado, como si sufrise unha gran pena personal. Non houbo ensaios, simplemente se improvisaba. Tales riscos foron sorteados dunha maneira espectacular. Si se pode falar de un instrumento solista fora desa guitarra casi líquida sería o deslizante contrabaixo de Richard Davis, musico que traballara co arbitro do talento, Miles Davis.
15 de outubro do 68. O elenco volve a arder. En sesions nocturnas, as mellores para ese tipo de musicos, grabaronse Sweet Thing, Ballerina, The way young lovers do e Slim slow slider.
Disco rematado. O acetato xira, a agulla rasca...
Astral weeks. A idea de que para nacer debes morrer primeiro está presente. É pura enerxia en transformación, ves a luz ó final do tunel O primeiros e preciosos versos ..." si me aventuro na estela, entre os viaductos dos teus sonos, donde o aceiro en movemento esta a piques de chocar, e remata a cuneta das carreteras secundarias, podrias atoparme?"... Busca ese lugar que mencionaba Dylan, no que as palabras non poden oirse. Guitarra estremecida e amable e logo a voz de Van, madura e chea de tenrura. Todo é incerto, Van non é mais que un extraño neste mundo.
Beside you. Parece cantada a un neno, quizais el mesmo, e por momentos a alguén amado. Canción de beleza básica, na que Van arrastra as palabras como se foran a durar sempre.
Sweet thing. Cancion suave, romantica, como pedindolle a alguén que se deite silenciosamente o seu lado. Van parece un gato que ronronea. Aparecen eses xardins completamente empapados de choiva, a súa imaxe mental caracteristica.
Cyprus avenue. Unha rúa de Belfast, lugar místico onde pasear e pensar, sitio perdido e oculto da traxedia do mundo. Van ten a sensacion de estar atrapado, como vencido no asento dun coche e reducido a un silencio torturante que non lle deixa escoitar os ruidos da vida.
Young lovers do. O amor xuvenil. Choiva unha vez mais. Sensualidade por arrobas, a imaxe do primeiro bico adolescente sobrevoando a canción.
Slim slow slider. Ese saxo que voa como si se cruzara cunha flauta, soando como chegada atravesando un lago azul claro.. A imaxe dunha persoa atrapada nunha gran cidade, posiblemente drogada, que confunde Notting hill cunha praia arenosa, confusión unha vez mais..
Madame george. Tema capital do disco, levanta unha arrolladora atmosfera de desesperacion e decadencia. É case un monologo interior, no que Van repite palabras ata o infinito: ollo, adeus, porque e amor fundense nunha melodia que se hincha e desmorona. Sedante e chispeante como plantarse de pe cara o vento en medio dunha gran nevada. O contraste entre o amor e o odio, o calor e o frio. Visions infantis que se volven sinistras, sexualidade que crece luxuriosa. O tema desemboca no final mais bonito que escoitei en moito tempo, e acaba sendo unha cancion de despedida cando ela se sube ó tren que parte.
Ballerina. So poesia, sobre unha puta, ou unha ex amante, posiblemente Janet Planet, esa actriz da que enamorou en san francisco. Trasluce emocion ó cantar, alegria, desexo, esperanza, hastio, asombro e ilusion. A vida mesma.
Astral Weeks sobresalta e consuela, convoca emocions universais e recordos en profundidade como so fai o arte xenial. Ten esa atmosfera agridoce. Van fala sobre seguir avanzando, sobre aspirar e espirar, sobre os perigos da vida e as suas alegrias. A forza de astral weeks esta no seu aire acumulador de paixon e de misterio. É unha busqueda xenial, alimentada pola creencia de que a traves dos procesos mentales e musicais se pode acceder a vislumbrar a iluminacion. A veces é como ver o corpo dende arriba, dende ese plano astral, no que so percibes xente aturdida pola vida, totalmente agobiada, nos osos, á que se lle concede un momento de vision e unha vida enteira para gozar de el. Secate os ollos, di Van, e deixate levar pola música.

SLINT – Spiderland. 1991 por Marcosdeaurita

Post-rock, post-hardcore, post…, está claro que Slint semella ser algo post. Sen embargo, 'Spiderland' é un deses discos precursores, que cambiou a forma de escoitar e entender o rock e pode ser considerado cando menos unha encrucillada de camiños, derrubando moitos convencionalismos e abrindo as portas a novos universos sonoros moito máis eclécticos e menos ríxidos.
O mesmísimo Steve Albini apostou polos de Louisville e gravoulles xa en 1987 o experimental ‘Tweez’. Pero ese debut quedaba moi lonxe da obra que asinarían anos despois, e ninguén podía esperar a esas alturas que puidesen cambiar a configuración do que entendiamos por rock e darlle un novo xiro.
Slint xoga cos contrastes, unha fermosa foto en branco e negro ilustra a portada, unha plácida imaxe que se contrapón radicalmente ao que o disco garda no seu interior. ‘Spiderland’ pinta un mundo inhóspito e tenebroso, de pesadelo, cheo de estraños e inquietantes seres que parecen vagar resignadamente por ese inferno. O álbum vai discorrendo por diferentes pasaxes, medrando en intensidade de principio a fin, xogando con permanentes cambios de ritmo que transmiten estados de ánimos. Os instrumentos contribúen a dar énfase á historia, mesmo participando dela; e as letras, susurradas ou recitadas máis que cantadas por Brian McMahan, son escuras e desoladoras.
O disco abre con ‘Breadcrumb Trail’, que é como unha montaña rusa, arriba e abaixo, a un lado e ao outro. ‘Nosferatu Man’ é a banda sonora da vida dun vampiro, na cal as afiadas guitarras contribúen a crear o ambiente axeitado para as andanzas do protagonista. ‘Don, Aman’ é un dos temas máis crus e intensos, cunha rabia contida durante case toda a canción que desencadea ao final un arrebato de ira, unha ira contida contra todo e contra todos. Novamente a alucinante guitarra de David Pajo contribúe a dar énfase á historia. ‘Washer’ e ‘for dinner’ rebaixan o ton intenso do disco, pero non a súa escuridade, máis aínda acentúana.
‘Good Morning, Captain’ é simplemente sublime, enigmática e con moitos matices. Baseada no poema ‘The Rime Of The Ancient Mariner’ de Samuel Taylor Coleridge, que conta a inquietante historia dun vello capitán de navío. Se Slint creou un estilo propio, ou cando menos se definiu as bases del, este tema sería o paradigma. Un remate espectacular e escalafriante, un dos mellores momentos do rock de todos os tempos…
Despois da súa publicación, a banda disolveuse e o disco pasou practicamente desapercibido ata que cos anos foi gañando o recoñecemento que merece.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

MY BLOODY VALENTINE. Loveless. 1991



por Marcosdeaurita



Desamor, …no lugar onde se confunden o ben e o mal, o ceo e o inferno, onde a distorsión se funde coa melodía e con anxelicais voces, doces cantos de serea que te atrapan se os escoitas o tempo suficiente... Kevin Shields atopou a pedra filosofal que moitos andaban a procurar. Despois disto xa nada sería igual nin dentro nin por suposto fora.
A evolución de My Bloody Valentine é canto menos curiosa. O grupo comezou sendo algo así como se os Jesus And Mary Chain de Psychocandy se atoparan con The Cramps, para acabar converténdose en profetas da melodía ruidosa.
Pero 'Loveless' é moito máis do que calquera podía esperar. Fráxiles voces con ecos, guitarras rasgadas co trémolo, pistas de batería e efectos de reverberación para crear diversas atmósferas idílicas e texturas que se asemellan ao famoso Wall Of Sound de Phil Spector. E aínda así detrás de todo non parece haber ninguen, semella que a música flúe libre a través do universo...
Desde a tormenta inicial de 'Only Swallow' o disco discorre por unhas paisaxes sonoras entrelazadas entre si. Pezas estrañas como 'Touched' combinadas con enérxicas descargas como 'When You Sleep' ou 'I Only Said'. As melodías etéreas de 'To Here Knows When', 'Come In Alone' ou 'Blow A Wish' súmente nun estado de ensoñación lixeiro e arrastrante cara ao infinito. En 'Sometimes' o disco alcanza un momento sublime cunha sensiblidade desgarradora, dentro dunha atmósfera prácida, chea de amor (ou desamor): “...atoparás a maneira en que o amor fire...”, “...permaneces de pé, vendo como me vou, non me importa que xirases a cabeza, esperando que che devolvese a mirada...”. 'Soon' é unha premonición... sendo definida por Brian Eno como un novo standard de canción pop. Con iso sobran as palabras.
Resulta difícil non deixarse atrapar polo misterio que rodea a xestación deste álbum, o que contribúe a engrandecer aínda máis a figura de Kevin Shiels e de My Bloody Valentine. O disco xestouse ao longo de tres anos, utilizándose ata 19 estudos de gravación diferentes e participando 14 enxeñeiros de son distintos. Mesmo se chegou a dicir que o custe da gravación levou á bancarrota a Creation Records. Alan McGee, propietario do selo desminteo dicindo que “Loveless non levou ao selo á bancarrota. É certo: tardaron moito en gravarlo, gastaron moitos cartos, pero nos tomábamos demasiadas drogas e estábamos fora de control”. Aparte, e a pesar do que din as malas linguas, McGee mostra a súa admiración e devoción por eles: “...aos Valentine conocínos nos oitenta […] cando os vin dinme conta de que efectivamente eran moi bos. Desde aquel día non podía negarlles nada.” Anos máis tarde Creation Records foi vendido a Sony por 30 millóns de dólares.
Do propio Shields tamén xurdiron unha serie de lendas entorno á súa figura, relacionadas coa súa inconformidade e o seu gusto polo perfeccionismo. O certo é que Kevin Shileds tiña na súa cabeza esta obra mestra desde o principio e non parou ata que a sacou fora, sendo na totalidade practicamente obra súa. Pero non foi capaz de sobrepoñerse a ella, e desde entón a súa carreira creativa é practicamente inexistente, con permanentes rumores sobre a gravación do terceiro disco de My Bloody Valentine.

viernes, 18 de noviembre de 2011

NICK DRAKE. Five leaves left. 1969.

Que triste ten que ser escoitar os vacios eloxios e ver as profundas reverencias que se fan agora á túa música, eh Nick. Sei que tocabas para ti, sei que non che gustou nada cando tiveches na man esta portada verde coa túa foto impresa. A todos lle pareces triste nesa foto. Eu véxote despistado, vendo como marchaba en bicicleta aquela amiga nosa, acordaste de ela?. Estiveches locamente enamorado moito tempo do seu pelo, da súa sonrisa. Mil tardes compartiu con nos en aquela buhardilla. E ahora todos te ven mirando para ela na maldita portada. ¿por que sacaches á luz esas cancións? Eran nosas, recordas. Eran túas. 
Por mais que lle dou voltas non atopo os motivos. Cando estudiabamos xuntos, alí en Cambridge, a todos aqueles loucos da literatura inglesa, Locke, Defoe e o que che gustaba tanto, Lewis Carrol, sempre me falaches de mundos que estaban na túa cabeza, mundos que eu non entendía. Oiate rasguear aquela vella guitarra unha e outra vez, como ía tomando forma o teu peculiar estilo de tocala, diferente a todo o que eu oíra ata entonces. Recordo aquel tempo que estivemos en Francia, e as escapadas a Marrocos. Aquelas noites en vela eran máxicas, falando de todo e de nada, ata altas horas, sin durmir, fumando cannabis sin parar. Eu era feliz, pero nunca me din conta do desgraciado que ti eras. De como non durmíamos porque realmente ti non podias, o teu insomnio destrozabate. Perdoame por non darme conta. Perdoame por non pararte cando empezaches a tomas aquelas pildoras, de bonitas cores pero tráxico destino. Teriamos que haber buscado outra solución, Nick. Houberamola atopado. E eu non estaría escribindo ó mais alá neste momento.

Ven á miña cabeza a noite que coñecemos a aquel americano, Joe. Non lembro ben o seu apelido, Boyd quizais. Decian del que fora o que lle enchufara a guitarra a Dylan en Newport. Decian que impulsara a John Martyn e á Incredible String Band. Decian tantas cousas del... Enseguida te entusiasmaches. As tuas cancións eran maravillosas, e a Joe gustabanlle moito. Fai pouco alguen faloume del e dun libro que publicou. Bicicletas brancas se chama. Fala algo de ti e de como entramos en aquel estudio de gravacion. De como meteu nel a Richard Thompson e algun membro mais dos Fairport Convention, e aqueles dous que tocaban en Pentangle. Bos músicos. Richard era un mestre da guitarra electrica. Tamén había músicos de vento, eu non sabía para que. ¿pediralos ti? ¿aquelas cancions que desnudas eran máxicas, como serían revestidas desos instrumentos?

Aqueles días foron de luces e paixón. Pero tamen tristes e crueles. Vinte mostrandote tal e como eres. Vinte contando cousas que nunca contaras. Vinte na túa cumbre, no pico mais alto da túa vida. Ti que escapabas nas actuacións en directo, que non falabas con ninguén, que fuxías da xente, de repente sacaches a relucir a beleza e a delicadeza, a melancolía e a sensibilidade que eu sabía que habitaba en ti. A túa apatía de repente converteuse en lume, lume lento e pausado, lume do que dura ata o infinito.

Cando tocabas River man, parabase o tempo. A búsqueda dese home do río, dese río que fluye, desa sabiduría vital. Aquel ultimo parrafo éra cruel ... vou a ver ó home do río, voulle decir todo o que poida, sobre a prohibición de sentirse libre...

E en Fruit tree, presaxio convertido en canción, onde dis ... todos saberán que estabas aqui cando te teñas ido... Sabias o que ia pasar, cabron. Esta canción ainda hoxe se me fai dificil de escoitar. E demasiado triste. Doume conta de como era o teu interior. De como debiches sufrir... a vida non é sinon recordo, que ocorreu fai moito tempo, un teatro cheo de tristura para un espectaculo largamente olvidado. Parece moi facil deixala correr, ata que te detes a preguntarte por que nunca te preguntaches por que... Dende que che escoitei tocala por primeira vez, non deixo de preguntarme os por ques de todo. E unha maneira agonica de vivir, pero é a única que coñezo, por culpa túa.

Unha das miñas preferidas era, e sabelo, Way to blue. A túa voz case chorando, e os ventos aullando en silencio. Pideslle a alguen ... dime todo o que sepas, ensiname o que teñas que ensinar... Cantas veces cho pedin eu, e cantas te negaches. Eras así. Acepteite.

Alguen me dixo unha vez que escoitandote daba a impresión de que falabas de soños, de momentos etereos que estaban no teu limbo particular. Eu creo que falabas de cousas que estaban na terra, que sufrias diariamente, que non sabias como contalas.  A veces estás liricamente optimista, como en The thoughts of Mary Jane, ou na preciosa Time has told me. Non sabes canto me axudou esta cancion no meu tortuoso camiño pola vida. Eso que dis de que ... algun dia o noso oceano atopará a sua orilla..., faime pensar en que todo acaba sendo como ten que ser, o tempo é xuiz sabio e duro. Esa canción compuxechela para ela, para a da ventana, seino.

Drama en Three hours, quen era ese Jeremy que escapa, que busca un amo e un esclavo? ti?. E en Day is done, a que che axudei a compoñer, falamos do paso do tempo. Recordo que nos obsesionaba. Segueme doendo cada segundo que estou sin ti. A ti o tempo acabouseche pronto. Que bonita era esta canción, pero cando un está lonxe de onde quere estar volvese extremadamente cruel.

Hoxe volvo a escoitar o disco tras mais de 17 anos sin facelo. E oio Saturday sun cando a agulla toca case ó seu fin. E veñen á miña cabeza esas tardes simples, fugaces, casi inaprensibles, que co paso do tempo gañaron un valor infinito... non parecian gran cousa ese dia, pero cando os recordo eran momentos realmente bos...

E mentras escribo esto doume conta de todo. Claro, como non cain antes. Realmente foi a unica maneira que atopaches de contarnos o que sentias. Vichelo claro no teu interior, e nunca fuches capaz de facernolo ver os demais. Excepto nestes surcos. Recordote, e resbala unha bagoa... Por que non me din conta cando estabas conmigo¡¡¡??? Quixente, Nick, e a miña traxedia é que so me queda esta portada verde e esta foto tua mirando para ela, en vez de mirar para quen che saca a foto, en vez de mirar para min.

Robert Kirby

viernes, 21 de octubre de 2011

THE DREAM SYNDICATE. Days of wine and roses. 1982

por Marcosdeaurita.


“No son longos, os días de viño e rosas: dun soño nebuloso xorde o noso camiño, para perderse dentro doutro soño” Ernest Dowson

Os bos momentos son tan efímeros como a vida mesma, obrigandonos a sentilos e vivilos con máis intensidade. Iso mesmo lles sucedeu no outono de 1982 a un grupo de mozos californiano que, baixo o nome de The Dream Syndicate, abrazaron creativamente a costa leste e os anos sesenta, nun idilio que se prologou durante estes días de viño e rosas, que se foron pouco despois dunha aloucada gravación express que concentrou todo o frenesí e o talento dun grupo de rock de guitarras, nun disco que parece desbocado, pero que en ningún momento perde o control, aínda que sexa bailando permanentemente no límite. A experiencia tornouse irrepetible.
Pero a historia comezara algo antes, en 1981, cando Steve Wynn, que contaba con apenas 21 anos, decide poñer a proba o seu talento nunha deslumbrante sesión chamada '15 Minutes', grabada por el mesmo na súa propia casa. Estamos na época do 'Do It Yourself', o espiritu punk esta moi presente no mundo do rock e moitos abrense camiño deste xeito. Nesta gravación anticipanse as claves do son que definiría un icono do rock americano: 'The Days Of Wine And Roses'. Wynn asina oito das nove cancións do disco, e xunto a el un elenco de luxo formado pola baixista Kendra Smith, compañeira de universidade de Steve, o batería Dennis Duck e o salvaxe, desbocado e talentoso guitarrista Karl Precoda.
Rock de guitarras non é só unha cualidade descriptiva da música de The Dream Syndicate, senón tamén unha declaración de intencións, nun momento no que os sintetizadores borraran do mapa as seis cordas. 'The Days Of Wine And Roses' é un disco adiantado á súa época, cun son que non atopa semellante en 1982, coma se dun eslabón perdido se tratase, e que segue a soar actual hoxe en día.
O disco comeza coas potentes guitarras de 'Tell Me When It's Over', un medio tempo delicioso no que esta moi presente o Neil Young máis eléctrico. En 'Definitely Clean' a enerxía punk de coetáneos seus como Gun Club xorde nun tema no que novamente as guitarras dominan a escena, algo que en 1982 era toda unha afrenta ao sitema establecido, e que os relegaba ao underground e a categoría de proscritos. O mesmo impetu repitese en 'Then She Remembers' un tema velvetiano acelerado ao triple de revolucións, o que provoca unha desatada loucura garaxeira. Antes, un dos momentos máxicos do disco 'That´s What You Always Say', que xa formara parte do citado '15 Minutes'. Podemos dicir que nos atopamos ante un hit, un número 1, un tema que o ten todo para poder ser considerada unha das mellores cancións pop do seu tempo.
A paradigmática 'Halloween', asinada por Precoda (a única non composta por Wynn), convertirase nun referente para moitas bandas posteriores que se beberon desta fonte, como Galaxie 500 ou Yo La Tengo que teñen unha innegable débeda con este disco. Aquí, Precoda, mostra un estilo máis clásico e menos desaliñado que no resto do álbum.
A angustia e a melacolía contidas de 'When You Smile' (“Cando ti sorrís, non sei qué facer / Porque podería perder todo en un ou dous minutos / E parece que ven o fin do mundo / Cando ti sorrís”) deambulan collidos da man da luminosidade a ledicia e a inxeniudade sen deixar claro en ningún momento a que lado están.
'Too Little, Too Late', con Kendra Smith na voz, desprende un aire velvetiano warholiano (se se admite o termo). 'Until Lately' mostra unha cara diferente, menos tensa e máis desenfadada, mostrando a súa versatilidade. Jonathan Richman xa pasará por alí.
Ao longo do disco, as tormentas eléctricas alternan con momentos de calma tensa debaténdose entre o desorde e a precisión, ata chegar ao tema final, co mesmo título que o disco, onde os californianos pechan con máis de sete minutos de desenfreno eléctrico, nunha incrible descarga de intensidade onde todo estoupa polos aires, rematando así os efímeros días de viño e rosas, que se irán para sempre, e que só voltaran cando a agulla se pouse neste incrible disco, roubándolle momentos ao pasado.

miércoles, 12 de octubre de 2011

JOHN LENNON. Plastic Ono Band. 1970.


Como afrontalo, preguntome. Quero pero non podo. Escoito a John gritandome ó oido, dicindo tanto con tan pouco, e sinto a necesidade de facer o mesmo. Imposible. Imposible en duas liñas explicar o que pasa nestos surcos. Imposible recrear a sensación primeira, esa que te leva ós teus propios pozos negros escoitando estas cancións, esa que te fai sentir perdido ante o mundo para acto seguido darche un ápice de esperanza. ¿Hai esperanza, John? ...responde...respondeme¡¡¡

A caixa negra non parpadea coa sua inaguantable e irritante luz vermella, non hai resposta. Quizais porque na realidade él tamén a estaba buscando. Necesito que alguén me explique por que un dos homes mais idolatrado, icónico, rico e amado do mundo ten a necesidade de facer isto. Por qué alguen na cima da súa vida, descende ós infernos a mirarse ó espello de Satanás, e decide ensinarnos a todos qué é o que se ve. ¿Realmente necesito que alguén mo explique? Penso que John nunca estivo na cima, sempre estivo nese inferno, e que sabía que non ía sair del nunca, pero que había cousas que melloraban a súa estancia nel: e naciu PLASTIC ONO BAND. John, o mais grande, descendendo ó barro, enfangandose e mostrandose en alma plena. Aqui estou, este son eu, deixade de decir todos como son ou como queredes que sexa. Nas nosas vidas poucas persoas nos ven asi, a veces ninguen, pero John mostrouse nun disco que todo o mundo ia escoitar. Pouco lle importaba.


Primeiro album de estudio despois da separación dos catro de Liverpool, para el xunta vellos amigos que o coñecen ben: a sección rítmica, contida, concisa, elemental, Ringo á batería e Klaus Voorman ó baixo. John co piano e as guitarras. Phil Spector, o mago enano, na producción, e flirteando co piano en Love, como fai o gran Billy Preston en God. As tomas de cada canción son básicas, crudas, duas como máximo para cada tema, sensacións primixeneas plasmadas no acetato.

Escoitando este disco, danme ganas de rir do punk, que todavia tardaria en chegar, da súa simpleza de plantexamentos, dese quedar na superficie da rebeldia. Punkis, escoitade a John Lennon, o gran rebelde, o home desnudo, o home contra o mundo. Movia as conciencias cunha muller de punto de apoio. Non llo contedes a Arquimides, pero sí, o seu famoso punto de apoio era unha muller.

Unha muller que lle ensinou a amar. Unha muller que desnudou os seus medos e traumas, mostrandollos na cara, para que os contemplara e sacara a rabia e a dor, sumerxindoa nas cancións deste disco. ¿Sabes como se chama este disco na edición xaponesa?: a alma de John.

Deiteime a escoitalo antes de escribir isto. Vinme superado. Por John e por min mesmo. John está ó meu lado, outros non. Deitado na cama, penso na alma de John. Penso na miña alma. Penso nas almas todas. Estamos unidas pola mesma traxedia: non somos inmortais. Ese é o punto final. Pero, ¿que pasa no camiño hacia alí?. Ese camiño é unha festa, unha festa de sufrimento, de medo, pero ó mesmo tempo de autoafirmación, de amor. De amor a vivir a pesar da morte.¿a donde van os que morren? non o sei, pero sei onde quedan os que os sobreviven, no mais profundo inferno, cheo de dor e esperanza. Con cantas tonterias nos preocupamos a veces.

PLASTIC ONO BAND é un canto a todo isto do que falo. Disco crudo, no que un home esceptico co mundo desnuda a sua alma. Intenta eliminar os fantasmas vitaiss. Fachada de éxito, aspecto emocional derrumbado. Minimalismo, melodia, reflexion existencial.

Unhas campás anticipan a chegada da morte, pero tamen o inicio de algo novo. Mother, primeiro e desgarrador tema. O abandono dos seus pais, a morte da nai, o inicio da súa tráxica vida. Grita desesperadamente por ela. A voz é desgarradora, o piano aporreado con desgana. Penso o peor... canta..." nai, ti tivechesme, un a ti nunca, necesitabate, ti xamais me necesitaches. Así que so teño unha cousa que decirche, adeus, adeus...."

Tras este inicio matador, “Hold On” parece que quere devolver a esperanza. Mantente, que que todo vai ir ben, parece dicirse a si mesmo. É un consuelo no medio do caos e da catastrofe, casi unha cancion de cuna. John, aguanta, ninguen cho vai decir, ninguen te vai abrazar cando o necesites, aguanta. Apreta os dentes, dixome unha vez un amigo.

En I found out, John arremete contra todo. Agria exposición de rexeitamento ante a falsedade humana, xa sexa na relixión, os movimentos pacifistas, os dioses da música incluindo ó propios Beatles... Quen vos creedes que sodes... Desaogo no medio da tormenta emocional.

Working class hero é unha das miñas favoritas. Cancion social por excelencia, reivindicacion da clase obrera, ten unha tenue melodia que te atrapa e che fai esquencer por un momento a violencia do que conta. Escoitao cando di cousas como ...polo que vexo seguides sendo uns putos campesinos... Despertade, estanos dicindo. Despertade dunha vez¡¡¡

Soa “Isolation”, tremenda, arrebatadora. Ese piano quitalle o control do tempo a Deus e tomao como propio. A lentitude da execución contrasta coa rabia na voz. John confesa que ten medo, da soedade, do mundo. Vivir con medo é algo natural, pero demoledor:

... non espero que o entendas
despois de causar tanto dano
pero de novo, non tes a culpa,
eres solo un ser humano, unha victima da loucura...

Remember, outra preciosa melodia, aguillona no punto clave,... non sintas pena da forma que se foi, non te sintas culpable, solo recorda... Non me jodas, John.

Chegado a este punto, ou me meto un chute de esperanza, ou por que non pegarse un tiro. Soa “Love”, título breve, gran emoción. Simple e complexo, o misterio do amor. Ahh, si, recordo o porque de tanto sufrimento. O amor, ese gran misterio.

En well, well, well discute coa súa amada de temas diversos. Look at me, preciosa, para esa muller tamen... mirame, mira dentro de min... Dous temas que son pausa antes da tempestade que é God. John renega de todo, dos heroes da cultura popular, incluindo os Beatles. Iconos derrumbados como si fora o propio Nietzsche. O Deus son eu, saio do mundo dos soños para ser eu mesmo, declaro a sua independecia do mundo e a unica creencia nel mesmo.. e por suposto en esa muller sempre presente. Escribirei a miña propia historia, si me deixan. Final do disco antes do panexírico que é my mummy´s dead, recordo da traxedia e da beleza do mundo.

John Lennon, aquel que xa guiara os Beatles hacia mundos descoñecidos e surrealistas, hacia zonas delirantes do pensamento, cando se atopou so esto multiplicouse exponencialmente. Un home cunha vida tormentosa, inestable, caprichosa. O triunfo, o favor do publico, bañarse en cartos, non o cambiaron. So multiplicaron a súa angustia.

Home que fixo da dor a sua relixion, para John crear e amar é un sufrimento, pero tamen unha redención, un camiño para o conseguir o orgasmo que é vivir, a búsqueda continua do placer de amar, do amor verdadeiro. En todos lados grita con desesperacion, a veces en voz baixa, pero sempre hai alguen que o oia. Grita que a unica verdade é o amor, e a traxedia máxima a falta de amor. Unha vez cantou: ...amote sempre, todos os dias de novo, fixemos o amor todos os dias, pero empezamos de novo, lonxe, solos, como se fose a primeira vez.

Nunha entrevista na radio 6 horas antes de morrer oiuselle unha vez mais...todo o que vale a pena neste mundo pódese reducir a unha cousa: o amor.