Fagamos un exercicio imaxinativo. Deixemos voar o pensamento. Sentome a escoitar este disco, e véxonos andando collidos da man por esa rúa atestada, parando diante de escaparates cheos de libros, fumando un cigarro e entrando no Sin-é. Ese misterioso e guapisimo rapaz que está no escenario, solitario como se non houbese ninguen mais no mundo, é Jeff. Sonrie, e arrancase a cantar un tema, Be your Husband, antes de que nos sentemos. Todos os que estamos na sala quedamos calados e hipnotizados.
Foi a mesma sensación que tiven a primeira vez que lle dei ó play para escoitar este Live at Sin-é, un feitizo do que todavía non espertei. Editado inicialmente en formato ep con so catro cancións, agora podemos desfrutar o concerto completo nunha edición de doble lp, no que incluso se incluen as parrafadas de Jeff, algunhas delas sorprendentes, como a que nos descubre ó seu gran ídolo, o cantante pakistaní Nusrat Fateh Alí Khan. Nusrat, el é o meu Elvis, di Jeff nun dos monologos no disco. Nusrat falece no ano 97, o mesmo ano que Jeff. Vidas e mortes paralelas.
Pedimos algo de beber, e comenza a soar Lover you should´ve come over. Vaia canción de amor, ou quizais de suplica desesperada e suicidio ... nena, onde estas esta noite? non sabes o moito que te necesito... Jeff é consciente del mesmo e da súa traxedia ... demasiado xoven para agarrarme, e demasiado vello para simplemente liberarme e correr... , e da soedade na que estamos envoltos ... a veces debemos descubrir, que realmente non temos a ninguen... , o lume e os soños están presentes ... esperareite e arderei... ... meu corpo anhela un soño que nunca vendrá... e a ocasión perdida aparece como unha gran carga dificil de soportar. ... meu amor, deberias ter vido, porque non é demasiado tarde... ¿A que me soa?. Estremecedor.
Unha maxia dificil de describir estanos rodeando. A beleza, rara cualidade no ser humano, sen dúbida pousouse sobre este rapaz. Unha oscura luz ilumina a súa cara e a súa voz, unha voz que parece entrar en trance e te eleva a donde ela quere.
Soa Mojo pin. Cunha voz casi inaudible dinos Jeff que esa cancion é sobre un soño. Paisaxes oníricos, fuxida das duras realidades. A veces a el gustarialle que todo tivera sido un mal soño, como cando a súa nai o leva a ver un concerto de Tim Buckley. Jeff tiña 8 anos. Ela dille a ese neno asombrado: Jeff, ese é teu pai. é o ano 74. Un ano despois Tim Buckley morre de sobredose. Deixa un pouso amargo no seu fillo, músico por cuestion xenetica, e suicida en potencia. Tim anticipa o triste destino do seu fillo, que acosado por un trastorno bipolar acaba morrendo antes dos 30 anos. ¿por que se lanzou a nadar vestido aquela noite?. ¿Aburrirase de vivir?, ¿foi por unha muller, sempre esa muller diabólica que nos atormenta? Ou quizais simplemente foi porque tiña que ser.
Quizais a explicación a teñamos en Grace. As palabras vanse desgranando ó ritmo feitizante e sincopado da Telecaster... “Non teño medo de marchar/ Pero resulta tan lento/ e recordame a dor/ que tal vez deixei atrás..., ... a miña voz, apagandose canta o amor e chora o tempo que pasou e non volverá... ...estou esperando o lume... ¿fala do lume eterno, sentase a esperalo? Vaia visión. Nese momento, tras catro cancións, damonos conta de que estamos diante de algo especial, de beleza inusitada.
O concerto discurre entre eses temas que anticipa o fantastico disco Grace, e versións marabillosas de Nina Simone, Van Morrison ou Bob Dylan. Polo medio, unha Last goodbye, que pon a pel de galiña. Cando teña que decirche adeus, será con esta canción. ...este é o noso ultimo adeus, dichesme mais para vivir, mais do que nunca saberás, este é o noso ultimo abrazo, deberia soñar e ver sempre asi a tua cara, por qué non podemos atravesar ese muro?, quizais porque nunca nos coñecemos de todo, besame por favor, este é o noso ultimo adeus... Jeff tivo que amar moito a esa muller da que se despide.
O climax final acercase. Eternal life, canción premonitoria, é o preludio da explosión. Soan os acordes de Hallellujah, a maxica canción de Leonard Cohen. E a miña cabeza volvese a desplazar á outra realidade paralela, a moitos anos despois. Catro amigos nun coche, unha lixeira fumareda cubre a parte cercana ó teito, alguen cambia o cd, e comenza a soar esto. Faise o silencio. Un silencio interminable mentras a interpretación de Jeff enche o coche e as nosas almas. Ningun dos catro nos movemos, paralizados, ante a revelación que supon percibir cos poros abertos esta bestialidade. Acaba a canción. Non nos miramos. Sabemos que todo estamos coa lagrima a punto de caer. Nese momento de amizade e traxedia, comprendemos por un instante fugaz a beleza do mundo. Tal é o poder da música.
Todavía hoxe desexo gritar con todas as miñas forzas ó acabar de escoitar Live at Sin-é, gritar de rabia e felicidade, gritar coa pouca forza que queda tras ser destrozado por esta lección de vida. Pero sinceramente penso que, por moito que grite, ninguén me vai a escoitar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario