miércoles, 23 de noviembre de 2011

MY BLOODY VALENTINE. Loveless. 1991



por Marcosdeaurita



Desamor, …no lugar onde se confunden o ben e o mal, o ceo e o inferno, onde a distorsión se funde coa melodía e con anxelicais voces, doces cantos de serea que te atrapan se os escoitas o tempo suficiente... Kevin Shields atopou a pedra filosofal que moitos andaban a procurar. Despois disto xa nada sería igual nin dentro nin por suposto fora.
A evolución de My Bloody Valentine é canto menos curiosa. O grupo comezou sendo algo así como se os Jesus And Mary Chain de Psychocandy se atoparan con The Cramps, para acabar converténdose en profetas da melodía ruidosa.
Pero 'Loveless' é moito máis do que calquera podía esperar. Fráxiles voces con ecos, guitarras rasgadas co trémolo, pistas de batería e efectos de reverberación para crear diversas atmósferas idílicas e texturas que se asemellan ao famoso Wall Of Sound de Phil Spector. E aínda así detrás de todo non parece haber ninguen, semella que a música flúe libre a través do universo...
Desde a tormenta inicial de 'Only Swallow' o disco discorre por unhas paisaxes sonoras entrelazadas entre si. Pezas estrañas como 'Touched' combinadas con enérxicas descargas como 'When You Sleep' ou 'I Only Said'. As melodías etéreas de 'To Here Knows When', 'Come In Alone' ou 'Blow A Wish' súmente nun estado de ensoñación lixeiro e arrastrante cara ao infinito. En 'Sometimes' o disco alcanza un momento sublime cunha sensiblidade desgarradora, dentro dunha atmósfera prácida, chea de amor (ou desamor): “...atoparás a maneira en que o amor fire...”, “...permaneces de pé, vendo como me vou, non me importa que xirases a cabeza, esperando que che devolvese a mirada...”. 'Soon' é unha premonición... sendo definida por Brian Eno como un novo standard de canción pop. Con iso sobran as palabras.
Resulta difícil non deixarse atrapar polo misterio que rodea a xestación deste álbum, o que contribúe a engrandecer aínda máis a figura de Kevin Shiels e de My Bloody Valentine. O disco xestouse ao longo de tres anos, utilizándose ata 19 estudos de gravación diferentes e participando 14 enxeñeiros de son distintos. Mesmo se chegou a dicir que o custe da gravación levou á bancarrota a Creation Records. Alan McGee, propietario do selo desminteo dicindo que “Loveless non levou ao selo á bancarrota. É certo: tardaron moito en gravarlo, gastaron moitos cartos, pero nos tomábamos demasiadas drogas e estábamos fora de control”. Aparte, e a pesar do que din as malas linguas, McGee mostra a súa admiración e devoción por eles: “...aos Valentine conocínos nos oitenta […] cando os vin dinme conta de que efectivamente eran moi bos. Desde aquel día non podía negarlles nada.” Anos máis tarde Creation Records foi vendido a Sony por 30 millóns de dólares.
Do propio Shields tamén xurdiron unha serie de lendas entorno á súa figura, relacionadas coa súa inconformidade e o seu gusto polo perfeccionismo. O certo é que Kevin Shileds tiña na súa cabeza esta obra mestra desde o principio e non parou ata que a sacou fora, sendo na totalidade practicamente obra súa. Pero non foi capaz de sobrepoñerse a ella, e desde entón a súa carreira creativa é practicamente inexistente, con permanentes rumores sobre a gravación do terceiro disco de My Bloody Valentine.

viernes, 18 de noviembre de 2011

NICK DRAKE. Five leaves left. 1969.

Que triste ten que ser escoitar os vacios eloxios e ver as profundas reverencias que se fan agora á túa música, eh Nick. Sei que tocabas para ti, sei que non che gustou nada cando tiveches na man esta portada verde coa túa foto impresa. A todos lle pareces triste nesa foto. Eu véxote despistado, vendo como marchaba en bicicleta aquela amiga nosa, acordaste de ela?. Estiveches locamente enamorado moito tempo do seu pelo, da súa sonrisa. Mil tardes compartiu con nos en aquela buhardilla. E ahora todos te ven mirando para ela na maldita portada. ¿por que sacaches á luz esas cancións? Eran nosas, recordas. Eran túas. 
Por mais que lle dou voltas non atopo os motivos. Cando estudiabamos xuntos, alí en Cambridge, a todos aqueles loucos da literatura inglesa, Locke, Defoe e o que che gustaba tanto, Lewis Carrol, sempre me falaches de mundos que estaban na túa cabeza, mundos que eu non entendía. Oiate rasguear aquela vella guitarra unha e outra vez, como ía tomando forma o teu peculiar estilo de tocala, diferente a todo o que eu oíra ata entonces. Recordo aquel tempo que estivemos en Francia, e as escapadas a Marrocos. Aquelas noites en vela eran máxicas, falando de todo e de nada, ata altas horas, sin durmir, fumando cannabis sin parar. Eu era feliz, pero nunca me din conta do desgraciado que ti eras. De como non durmíamos porque realmente ti non podias, o teu insomnio destrozabate. Perdoame por non darme conta. Perdoame por non pararte cando empezaches a tomas aquelas pildoras, de bonitas cores pero tráxico destino. Teriamos que haber buscado outra solución, Nick. Houberamola atopado. E eu non estaría escribindo ó mais alá neste momento.

Ven á miña cabeza a noite que coñecemos a aquel americano, Joe. Non lembro ben o seu apelido, Boyd quizais. Decian del que fora o que lle enchufara a guitarra a Dylan en Newport. Decian que impulsara a John Martyn e á Incredible String Band. Decian tantas cousas del... Enseguida te entusiasmaches. As tuas cancións eran maravillosas, e a Joe gustabanlle moito. Fai pouco alguen faloume del e dun libro que publicou. Bicicletas brancas se chama. Fala algo de ti e de como entramos en aquel estudio de gravacion. De como meteu nel a Richard Thompson e algun membro mais dos Fairport Convention, e aqueles dous que tocaban en Pentangle. Bos músicos. Richard era un mestre da guitarra electrica. Tamén había músicos de vento, eu non sabía para que. ¿pediralos ti? ¿aquelas cancions que desnudas eran máxicas, como serían revestidas desos instrumentos?

Aqueles días foron de luces e paixón. Pero tamen tristes e crueles. Vinte mostrandote tal e como eres. Vinte contando cousas que nunca contaras. Vinte na túa cumbre, no pico mais alto da túa vida. Ti que escapabas nas actuacións en directo, que non falabas con ninguén, que fuxías da xente, de repente sacaches a relucir a beleza e a delicadeza, a melancolía e a sensibilidade que eu sabía que habitaba en ti. A túa apatía de repente converteuse en lume, lume lento e pausado, lume do que dura ata o infinito.

Cando tocabas River man, parabase o tempo. A búsqueda dese home do río, dese río que fluye, desa sabiduría vital. Aquel ultimo parrafo éra cruel ... vou a ver ó home do río, voulle decir todo o que poida, sobre a prohibición de sentirse libre...

E en Fruit tree, presaxio convertido en canción, onde dis ... todos saberán que estabas aqui cando te teñas ido... Sabias o que ia pasar, cabron. Esta canción ainda hoxe se me fai dificil de escoitar. E demasiado triste. Doume conta de como era o teu interior. De como debiches sufrir... a vida non é sinon recordo, que ocorreu fai moito tempo, un teatro cheo de tristura para un espectaculo largamente olvidado. Parece moi facil deixala correr, ata que te detes a preguntarte por que nunca te preguntaches por que... Dende que che escoitei tocala por primeira vez, non deixo de preguntarme os por ques de todo. E unha maneira agonica de vivir, pero é a única que coñezo, por culpa túa.

Unha das miñas preferidas era, e sabelo, Way to blue. A túa voz case chorando, e os ventos aullando en silencio. Pideslle a alguen ... dime todo o que sepas, ensiname o que teñas que ensinar... Cantas veces cho pedin eu, e cantas te negaches. Eras así. Acepteite.

Alguen me dixo unha vez que escoitandote daba a impresión de que falabas de soños, de momentos etereos que estaban no teu limbo particular. Eu creo que falabas de cousas que estaban na terra, que sufrias diariamente, que non sabias como contalas.  A veces estás liricamente optimista, como en The thoughts of Mary Jane, ou na preciosa Time has told me. Non sabes canto me axudou esta cancion no meu tortuoso camiño pola vida. Eso que dis de que ... algun dia o noso oceano atopará a sua orilla..., faime pensar en que todo acaba sendo como ten que ser, o tempo é xuiz sabio e duro. Esa canción compuxechela para ela, para a da ventana, seino.

Drama en Three hours, quen era ese Jeremy que escapa, que busca un amo e un esclavo? ti?. E en Day is done, a que che axudei a compoñer, falamos do paso do tempo. Recordo que nos obsesionaba. Segueme doendo cada segundo que estou sin ti. A ti o tempo acabouseche pronto. Que bonita era esta canción, pero cando un está lonxe de onde quere estar volvese extremadamente cruel.

Hoxe volvo a escoitar o disco tras mais de 17 anos sin facelo. E oio Saturday sun cando a agulla toca case ó seu fin. E veñen á miña cabeza esas tardes simples, fugaces, casi inaprensibles, que co paso do tempo gañaron un valor infinito... non parecian gran cousa ese dia, pero cando os recordo eran momentos realmente bos...

E mentras escribo esto doume conta de todo. Claro, como non cain antes. Realmente foi a unica maneira que atopaches de contarnos o que sentias. Vichelo claro no teu interior, e nunca fuches capaz de facernolo ver os demais. Excepto nestes surcos. Recordote, e resbala unha bagoa... Por que non me din conta cando estabas conmigo¡¡¡??? Quixente, Nick, e a miña traxedia é que so me queda esta portada verde e esta foto tua mirando para ela, en vez de mirar para quen che saca a foto, en vez de mirar para min.

Robert Kirby

viernes, 21 de octubre de 2011

THE DREAM SYNDICATE. Days of wine and roses. 1982

por Marcosdeaurita.


“No son longos, os días de viño e rosas: dun soño nebuloso xorde o noso camiño, para perderse dentro doutro soño” Ernest Dowson

Os bos momentos son tan efímeros como a vida mesma, obrigandonos a sentilos e vivilos con máis intensidade. Iso mesmo lles sucedeu no outono de 1982 a un grupo de mozos californiano que, baixo o nome de The Dream Syndicate, abrazaron creativamente a costa leste e os anos sesenta, nun idilio que se prologou durante estes días de viño e rosas, que se foron pouco despois dunha aloucada gravación express que concentrou todo o frenesí e o talento dun grupo de rock de guitarras, nun disco que parece desbocado, pero que en ningún momento perde o control, aínda que sexa bailando permanentemente no límite. A experiencia tornouse irrepetible.
Pero a historia comezara algo antes, en 1981, cando Steve Wynn, que contaba con apenas 21 anos, decide poñer a proba o seu talento nunha deslumbrante sesión chamada '15 Minutes', grabada por el mesmo na súa propia casa. Estamos na época do 'Do It Yourself', o espiritu punk esta moi presente no mundo do rock e moitos abrense camiño deste xeito. Nesta gravación anticipanse as claves do son que definiría un icono do rock americano: 'The Days Of Wine And Roses'. Wynn asina oito das nove cancións do disco, e xunto a el un elenco de luxo formado pola baixista Kendra Smith, compañeira de universidade de Steve, o batería Dennis Duck e o salvaxe, desbocado e talentoso guitarrista Karl Precoda.
Rock de guitarras non é só unha cualidade descriptiva da música de The Dream Syndicate, senón tamén unha declaración de intencións, nun momento no que os sintetizadores borraran do mapa as seis cordas. 'The Days Of Wine And Roses' é un disco adiantado á súa época, cun son que non atopa semellante en 1982, coma se dun eslabón perdido se tratase, e que segue a soar actual hoxe en día.
O disco comeza coas potentes guitarras de 'Tell Me When It's Over', un medio tempo delicioso no que esta moi presente o Neil Young máis eléctrico. En 'Definitely Clean' a enerxía punk de coetáneos seus como Gun Club xorde nun tema no que novamente as guitarras dominan a escena, algo que en 1982 era toda unha afrenta ao sitema establecido, e que os relegaba ao underground e a categoría de proscritos. O mesmo impetu repitese en 'Then She Remembers' un tema velvetiano acelerado ao triple de revolucións, o que provoca unha desatada loucura garaxeira. Antes, un dos momentos máxicos do disco 'That´s What You Always Say', que xa formara parte do citado '15 Minutes'. Podemos dicir que nos atopamos ante un hit, un número 1, un tema que o ten todo para poder ser considerada unha das mellores cancións pop do seu tempo.
A paradigmática 'Halloween', asinada por Precoda (a única non composta por Wynn), convertirase nun referente para moitas bandas posteriores que se beberon desta fonte, como Galaxie 500 ou Yo La Tengo que teñen unha innegable débeda con este disco. Aquí, Precoda, mostra un estilo máis clásico e menos desaliñado que no resto do álbum.
A angustia e a melacolía contidas de 'When You Smile' (“Cando ti sorrís, non sei qué facer / Porque podería perder todo en un ou dous minutos / E parece que ven o fin do mundo / Cando ti sorrís”) deambulan collidos da man da luminosidade a ledicia e a inxeniudade sen deixar claro en ningún momento a que lado están.
'Too Little, Too Late', con Kendra Smith na voz, desprende un aire velvetiano warholiano (se se admite o termo). 'Until Lately' mostra unha cara diferente, menos tensa e máis desenfadada, mostrando a súa versatilidade. Jonathan Richman xa pasará por alí.
Ao longo do disco, as tormentas eléctricas alternan con momentos de calma tensa debaténdose entre o desorde e a precisión, ata chegar ao tema final, co mesmo título que o disco, onde os californianos pechan con máis de sete minutos de desenfreno eléctrico, nunha incrible descarga de intensidade onde todo estoupa polos aires, rematando así os efímeros días de viño e rosas, que se irán para sempre, e que só voltaran cando a agulla se pouse neste incrible disco, roubándolle momentos ao pasado.

miércoles, 12 de octubre de 2011

JOHN LENNON. Plastic Ono Band. 1970.


Como afrontalo, preguntome. Quero pero non podo. Escoito a John gritandome ó oido, dicindo tanto con tan pouco, e sinto a necesidade de facer o mesmo. Imposible. Imposible en duas liñas explicar o que pasa nestos surcos. Imposible recrear a sensación primeira, esa que te leva ós teus propios pozos negros escoitando estas cancións, esa que te fai sentir perdido ante o mundo para acto seguido darche un ápice de esperanza. ¿Hai esperanza, John? ...responde...respondeme¡¡¡

A caixa negra non parpadea coa sua inaguantable e irritante luz vermella, non hai resposta. Quizais porque na realidade él tamén a estaba buscando. Necesito que alguén me explique por que un dos homes mais idolatrado, icónico, rico e amado do mundo ten a necesidade de facer isto. Por qué alguen na cima da súa vida, descende ós infernos a mirarse ó espello de Satanás, e decide ensinarnos a todos qué é o que se ve. ¿Realmente necesito que alguén mo explique? Penso que John nunca estivo na cima, sempre estivo nese inferno, e que sabía que non ía sair del nunca, pero que había cousas que melloraban a súa estancia nel: e naciu PLASTIC ONO BAND. John, o mais grande, descendendo ó barro, enfangandose e mostrandose en alma plena. Aqui estou, este son eu, deixade de decir todos como son ou como queredes que sexa. Nas nosas vidas poucas persoas nos ven asi, a veces ninguen, pero John mostrouse nun disco que todo o mundo ia escoitar. Pouco lle importaba.


Primeiro album de estudio despois da separación dos catro de Liverpool, para el xunta vellos amigos que o coñecen ben: a sección rítmica, contida, concisa, elemental, Ringo á batería e Klaus Voorman ó baixo. John co piano e as guitarras. Phil Spector, o mago enano, na producción, e flirteando co piano en Love, como fai o gran Billy Preston en God. As tomas de cada canción son básicas, crudas, duas como máximo para cada tema, sensacións primixeneas plasmadas no acetato.

Escoitando este disco, danme ganas de rir do punk, que todavia tardaria en chegar, da súa simpleza de plantexamentos, dese quedar na superficie da rebeldia. Punkis, escoitade a John Lennon, o gran rebelde, o home desnudo, o home contra o mundo. Movia as conciencias cunha muller de punto de apoio. Non llo contedes a Arquimides, pero sí, o seu famoso punto de apoio era unha muller.

Unha muller que lle ensinou a amar. Unha muller que desnudou os seus medos e traumas, mostrandollos na cara, para que os contemplara e sacara a rabia e a dor, sumerxindoa nas cancións deste disco. ¿Sabes como se chama este disco na edición xaponesa?: a alma de John.

Deiteime a escoitalo antes de escribir isto. Vinme superado. Por John e por min mesmo. John está ó meu lado, outros non. Deitado na cama, penso na alma de John. Penso na miña alma. Penso nas almas todas. Estamos unidas pola mesma traxedia: non somos inmortais. Ese é o punto final. Pero, ¿que pasa no camiño hacia alí?. Ese camiño é unha festa, unha festa de sufrimento, de medo, pero ó mesmo tempo de autoafirmación, de amor. De amor a vivir a pesar da morte.¿a donde van os que morren? non o sei, pero sei onde quedan os que os sobreviven, no mais profundo inferno, cheo de dor e esperanza. Con cantas tonterias nos preocupamos a veces.

PLASTIC ONO BAND é un canto a todo isto do que falo. Disco crudo, no que un home esceptico co mundo desnuda a sua alma. Intenta eliminar os fantasmas vitaiss. Fachada de éxito, aspecto emocional derrumbado. Minimalismo, melodia, reflexion existencial.

Unhas campás anticipan a chegada da morte, pero tamen o inicio de algo novo. Mother, primeiro e desgarrador tema. O abandono dos seus pais, a morte da nai, o inicio da súa tráxica vida. Grita desesperadamente por ela. A voz é desgarradora, o piano aporreado con desgana. Penso o peor... canta..." nai, ti tivechesme, un a ti nunca, necesitabate, ti xamais me necesitaches. Así que so teño unha cousa que decirche, adeus, adeus...."

Tras este inicio matador, “Hold On” parece que quere devolver a esperanza. Mantente, que que todo vai ir ben, parece dicirse a si mesmo. É un consuelo no medio do caos e da catastrofe, casi unha cancion de cuna. John, aguanta, ninguen cho vai decir, ninguen te vai abrazar cando o necesites, aguanta. Apreta os dentes, dixome unha vez un amigo.

En I found out, John arremete contra todo. Agria exposición de rexeitamento ante a falsedade humana, xa sexa na relixión, os movimentos pacifistas, os dioses da música incluindo ó propios Beatles... Quen vos creedes que sodes... Desaogo no medio da tormenta emocional.

Working class hero é unha das miñas favoritas. Cancion social por excelencia, reivindicacion da clase obrera, ten unha tenue melodia que te atrapa e che fai esquencer por un momento a violencia do que conta. Escoitao cando di cousas como ...polo que vexo seguides sendo uns putos campesinos... Despertade, estanos dicindo. Despertade dunha vez¡¡¡

Soa “Isolation”, tremenda, arrebatadora. Ese piano quitalle o control do tempo a Deus e tomao como propio. A lentitude da execución contrasta coa rabia na voz. John confesa que ten medo, da soedade, do mundo. Vivir con medo é algo natural, pero demoledor:

... non espero que o entendas
despois de causar tanto dano
pero de novo, non tes a culpa,
eres solo un ser humano, unha victima da loucura...

Remember, outra preciosa melodia, aguillona no punto clave,... non sintas pena da forma que se foi, non te sintas culpable, solo recorda... Non me jodas, John.

Chegado a este punto, ou me meto un chute de esperanza, ou por que non pegarse un tiro. Soa “Love”, título breve, gran emoción. Simple e complexo, o misterio do amor. Ahh, si, recordo o porque de tanto sufrimento. O amor, ese gran misterio.

En well, well, well discute coa súa amada de temas diversos. Look at me, preciosa, para esa muller tamen... mirame, mira dentro de min... Dous temas que son pausa antes da tempestade que é God. John renega de todo, dos heroes da cultura popular, incluindo os Beatles. Iconos derrumbados como si fora o propio Nietzsche. O Deus son eu, saio do mundo dos soños para ser eu mesmo, declaro a sua independecia do mundo e a unica creencia nel mesmo.. e por suposto en esa muller sempre presente. Escribirei a miña propia historia, si me deixan. Final do disco antes do panexírico que é my mummy´s dead, recordo da traxedia e da beleza do mundo.

John Lennon, aquel que xa guiara os Beatles hacia mundos descoñecidos e surrealistas, hacia zonas delirantes do pensamento, cando se atopou so esto multiplicouse exponencialmente. Un home cunha vida tormentosa, inestable, caprichosa. O triunfo, o favor do publico, bañarse en cartos, non o cambiaron. So multiplicaron a súa angustia.

Home que fixo da dor a sua relixion, para John crear e amar é un sufrimento, pero tamen unha redención, un camiño para o conseguir o orgasmo que é vivir, a búsqueda continua do placer de amar, do amor verdadeiro. En todos lados grita con desesperacion, a veces en voz baixa, pero sempre hai alguen que o oia. Grita que a unica verdade é o amor, e a traxedia máxima a falta de amor. Unha vez cantou: ...amote sempre, todos os dias de novo, fixemos o amor todos os dias, pero empezamos de novo, lonxe, solos, como se fose a primeira vez.

Nunha entrevista na radio 6 horas antes de morrer oiuselle unha vez mais...todo o que vale a pena neste mundo pódese reducir a unha cousa: o amor.

viernes, 7 de octubre de 2011

RORY GALLAGHER. Tattoo. 1973

Bebía como si o sentido da vida estivese no fondo dunha botella. Moi irlandés, pensaredes. Isto levouno a unha morte anunciada. Ainda aguantou bastante. A combinación do alcol cos fármacos que tomaba para disimular o seu pánico a voar foi unha combinación letal. Un transplante dun fígado cheo de buratos e queimado ata o infinito foi o camiño directo á tumba. Non deixa de dar que pensar o feito de que alguén que nos fai flotar tantas veces a un palmo da terra coa súa música tivera medo a voar. Pero, ¿quen necesita os avións cando xa voa nos escenarios?

A súa música perdurará eternamente, como unha desas maravillas ocultas para o placer dos que o admiramos. Guitarrista idolatrado polos mais grandes, sen embargo non é o clasico instrumentista que masturba o mastil buscando o propio placer, senón que non seu caso as seis cordas estan sempre ó servicio da canción. O aspecto emocional imponse á tecnica. Rory chega a ter un dominio da guitarra tal que non lle fai falla alardear del, logra pulsar as teclas da esencia das cancións sin recrearse no control do instrumento. ¿para que tocar mil notas por segundo si con dúas che digo o que quero decir?.

Recibe unha forte educación musical na casa, toca todo instrumento de corda que chega as suas mans. O neno Rory escoita a Lonnie Donegan e ós mestres do blues con fruicion na radio tentando imitalos. A súa vida é a música dende pequeno, e pronto monta os seus primeiros grupos. Con ¡ 17 anos ¡ xa fai maravillas co trio Taste.

A súa historia é a da súa famosa guitarra, esa stratocaster do 61, a primeira que aterrizou en Irlanda. O seu detalle caracteristico é o desgaste do acabado. Rory, debido ó seu raro grupo sanguineo, convertia os litros de suor que chorreaba en cada concerto nun poderoso acido que acababa co barniz da guitarra. Observao en calquera actuación en directo, todo ese acido caendo encima da guitarra, un instrumento e unha vida consumida pola música.

No ano 73 estaba nun periodo de franca inspiración, tras editar Blueprint. Rodadas ata a saciedade en Cork City, as cancións deste Tatoo entran no estudio perfectamente engraxadas. Suor e paixon resbalan nota a nota, transpiran os surcos do disco. A magnífica formación do grupo, McAvoy ó baixo coordinado como se foran un con Rod de´Ath á bateria, e o organo de Lou Martin facendolle as beiras á Strato. Fian unha combinación de blues, rythm&blues, skiffle, rock´n´roll, jazz, e slide con absoluta maestría, como si todo formase parte dunha unidade de acción. A base rítmica martillea constantemente e marca o camiño, que sigue Rory, desbocado por momentos, docemente contido en outros, acompañado dun organo que enche os ocos que deixa Gallagher. A tensión palpase en Cradle Rock, tema costa abaixo, banda desatada, estribillo revelador:

... you´ll miss out of you, let me out of your
day and night, i been tryin to make you see that
hear what i got to say
that´s all about me and you...

Daste conta?

Admit it vai polos mesmos sendeiros. Crudeza nos acordes para contar unha historia de rupturas e crueldade. ¿que queda despois da tormenta?. Repitese a historia en sleep on a clothes line.

...looking for my baby
but everywhere i´ve gone
tell me i just missed her
it´s gone on too long...

Xa nos vamos dando conta de que pe coxea Rory. Levanos ó terreo que el quere, o da desesperación, o da amargura, a súa música sona triste en un ritmo que cabalga sin cesar, é unha fuxida hacia adiante. Unha pausa para escoitar livin´like a trucker, un canto mais á vida do músico na carretera, desarraigado de todo, lonxe dos seres queridos, casi vivindo ... like a gipsy.., di Rory.

Tras catro cancions, escoitadas en desorden razonable, o corpo de un está preparado para afrontar a parte mais dura do disco, a que toca con un punzon fervendo a sensibilidade das entrañas. 20:20 vision, e ese ritmo acustico que se vai metendo, falando desa rapaza que pode ...facer sentir a meu avo como se tivese seis anos... Who´s that coming? traballa o slide e a armónica, en tradición bluesy, conta unha maravillosa historia, a chegada de alguén, ela?, ante a que ...o demo debe empezar a rezar coas suas rodillas no chan... Terrible e maravillosa chegada, ritmo en aumento, voz rasgada e rota.

They don´t make them... é unha das miñas favoritas. Chega un momento en que o solo de guitarra te leva a terreos descoñecidos, nun dialogo brutal co teclado, no que so eles saben o que se estan a decir, pero ti desde fora podes intuilo. A veces non se cruzan palabras, non fai falla decir as cousas, pero moi adentro un sabe o que está a pasar. Verdade?

Pero Tatoo, sin dubida, son duas cancións. Eu teño que facer como o demo de who´s that coming?, poñerme a rezar, porque o efecto que producen é demoledor. Claro, son Tatoo´d lady e A million miles away. Para maior desespero e regocixo simultaneo, o disco abrese coa maravillosa Tatoo´d lady, un dos mais incribles temas de Rory. Outro conto sobre feirantes, e as maravillas de pasar a vida baixo un teito de lona e vagar de cidade en cidade. Un mundo de fábula para unha canción que chega fondo.

Pouco podo decir de A million miles away. Deixate levar e escoitaa. Deixate levar como ese home que, acodado na barra do bar, ten a cabeza a un millon de millas. Ese home derrotado sentado na penumbra observando ledicia ó seu arredor pero incapaz de compartila. Ese home que ten grabado con lume momentos do pasado, onde soaba unha canción parecida. Ese home que viu o ceo e ten medo de voltar ós infernos. Ese era... Rory.

viernes, 30 de septiembre de 2011

LOVE. Forever changes.

Duas noites sobrevoan a miña cabeza: unha delas sudorosa, apretada, mais de mil persoas sin poder mover un músculo, coa boca aberta ante a exibición de Arthur. A clásica cinta na cabeza, e os incribles temas de Forever Changes soando un detras do outro, atronando a sala coa súa aparente delicadeza, clavando o aguillón cheo de veneno no momento mais oportuno. Parecía inofensivo, pero matounos a todos.

A outra noite foi tempo despois, ó aire libre, baixo unha frondosa arboleda, lugar paradisíaco. Arthur non apareceu. Estaba a súa banda, pero non era Love. Sin él non existe Love. Tocaron os seus temas, por momentos tentaron facernos olvidar a súa ausencia, pero era imposible. ¿por que non estaba él alí?  Enfermidade, dician algúns. Pouco despois falecia de leucemia.

Corría o ano 2006, pero mr. Lee tiña conciencia da morte xa facía moito tempo. Ponme os pelos de punta The Red Telephone, tema aparentemente inocuo que encerra oscuridades inimaxinables:

"Sentado na ladeira dunha colina
vendo a toda a xente morrer
sentireime mellor no outro lado."

Espera á dama negra... sentado¡ A canción, tremenda, remata con un tozudo fraseo e unha súplica... Freedom, freedom, freedom. ¿quen ten prisioneiro a Arthur? Penso que a propia vida, a traxedia da súa existencia, culminada no caos e descontrol de un día a día marcado polas drogas e o alcohol, e a conciencia de ver cousas que outros nin sospeitaban.

Arthur Lee, negro deprimido na America das loitas raciais, nado en Memphis, emigrado a L.A. - California, home de personalidade atormentada e risa contaxiosa, como quen oculta ahí os seus tormentos. Monta un grupo na mitade da voráxine dos 60, e so se lle ocorre chamarlle Love. Ridiculamente tópico si se tratase de outro, ten todo o sentido ó tratarse de Lee. Porque, e especialmente no disco que nos ocupa, Arthur Lee, Love, trata os seus propios desenganos e desencontros co mundo con sorprendente falta de electricidade, de agresividade. Parece que o formato acústico, as orquestacións, sirven como elemento apaciguador e conteñén toda a negritude que hai destras dos temas. Arthur viste traxedias coas mellores sedas, decora sinsabores con lazos rosas, fainos ver que o mundo pode ser mellor, ... ainda que sexa un lugar infernal.

Corría setembro do 67. Setembro, como agora. Love leva grabando dende inicios do verán. Calor axfisiante fora, atmosferas doces e pausadas dentro. Si un cerra os ollos escoitando este disco rápidamente ve unha praia, nota as altas temperaturas, escoita a música que soaba, sinte ó seu lado esa muller de agosto. Dende logo Forever changes ten un sabor indiscutible a verán, pero según avanzas polos surcos unha e outra vez percibes a chegada do outono, un triste outono onde o sol se oculta e as follas caen.

Foi cumbre e tumba. Forever Changes é o apoxeo creativo dun home, dun grupo, detras do cal foron moitos dos mais mitificados ídolos da época. Jimmi Hendrix, amigo personal de Lee ou Jim Morrison, que sempre declarou querer chegar á súa altura, por nomear dous cercanos a él.

Séntate a escoitalo con paciencia, como si foses a disfrutar da froita prohibida do paraíso, que a cada mordisco che pode dar as sensacións mais doces ou os sabores mais amargos. As suaves e maravillosas melodias que envolven o ambiente son un terrible engano, e abren as portas do pozo mais profundo. Escoita no ultimo tema, You Set The Scene, o que di Lee:

... Este é o momento e a vida que estou vivindo
afrontarei cada dia con unha sonrisa
porque o tempo que se me concede é tan breve
e as cousas que debo facer tan importantes
hai lugares os que me dirixo
é o unico que teño claro
que o que vive haberá de morrer
e sempre haberá xente que se pregunte por que
e por cada saludo feliz haberá un adeus
xa haberá mais tempo de estar contigo
a quen pense que a vida é solo un xogo
¿gustouche o papel que che tocou xogar?

E remata o disco. Sinto frío. Necesito volver ó principio.

Necesito escoitar o trio inicial de cancións: Alone again or, A house is not a motel e Andmoreagain.
Esa suavidade acústica que me mece, esas melodias que envolven a miña cabeza, esa trompeta no primeiro tema, o mais coñecido do disco. Esa segunda canción, ritmo alto, verdades anticipadas a un tempo, ...as noticias de hoxe seran peliculas mañan..., e esa terceira, Andmoreagain, belisima, seductora, atrapate na sua tea de araña melódica.

Xa caemos na trampa, a ver quen nos saca agora. Porque o que se sucede é unha continuidade, unha unidade de acción, esa bateria apenas audible, as mullidas guitarras, os ventos e as cordas aullando en voz baixa, a paleta completa de cores orquestais. En A Daily Planet Lee observa o mundo dende unha ventana, en Bummer in the Summer canta sobre esa relación de verán fallida, unha muller esquiva, en The Good Humor ... Lee xoga co ointe, cun final de orquesta desencaixada, que te fai levantar do asento para ver si o disco se raiou. Pero non, segue ahí engaiolandome coas suas melodias e martirizandome cos seus textos.

Imaxino por un momento as incendiarias actuacións de Love no barrio de Sunset Strip no 67 e non podo mais que pedir a quen lle corresponda que me deixe viaxar no tempo, ainda que sexa por unha soa vez. E voa a miña imaxinación tamen para buscan canto hai de certo na lenda que di que o primeiro productor do Forever Changes era un homiño chamado Neil, de apelido Young, pero cuestions de choque de caracteres e supoño que drogas fixeron que Arthur Lee tomara as rendas. ¿que houbera pasado nese choque de trens? Creo que non sobreviria ninguen.

Love, Forever Changes. Amor, dor, caras da mesma moeda. Cando alguén che diga que te odia, non lle fagas moito caso, porque ó mellor o que quere decir é xusto o contrario.

miércoles, 7 de septiembre de 2011

CAMPER VAN BEETHOVEN • Telephone Free Landslide Victory. 1985

Por Marcos de Aurita

No 25º aniversario do Silfo, Antón fixo un disco recopilatorio con cancións escollidas por xente que pinchara no local ao longo deses anos. El pediume que escollera unha, e non sei porque (xa que existían unha chea de posibilidades), escollín sen dubidalo a fantástica 'Take the Skinheads Bowling'.

Descubrín este disco na fantástica colección de vinilos do Silfo, ao igual que outros imprescindibles que alí se atopaban. A ledicia que supón bater con algo inesperado, algo que non sabías que existía, non por marabilloso (que tamén), senón por diferente, por escapar do común e do habitual, ou do que se supoñía que era iso, ...e sentir a sensación de que o eclecticismo musical pode ser levado sen complexos ata lugares inimaxinables, e sobre todo e máis importante a ledicia de atopar algo tan pracenteiro de escoitar como 'Telephone Free Landslide Victory', o primeiro e inclasificable disco dos marabillosos Camper Van Beethoven, unha banda sen complexos que asinou algún dos mellores temas da música americana dos últimos trinta anos.

Comprimindo a enerxía do garage e do punk ('Wasted' dos imprescindibles Black Flag ou 'Club Meda Sucks'), con melodías províntes do ska ('Border Ska', Skinhead Stomp'), do folk americano ('Tina'), do da Europa do leste ('Payed Vacation: Greece', 'Vladivostok') e mesmo reminiscencias psicodelicas ('Oh No!'), todo iso sumámoslle unhas letras absurdas, cheas de ironía e humor (moi na liña dos sempre especiais Violent Femmes), poderíamos dicir que nos atopamos diante dun delirio esquizofrénico en toda regra, pero o certo é que cada vez que o escoito pareceme mellor.

Un álbum cheo de momentos impagables. 10 sobre 10.