A outra noite foi tempo despois, ó aire libre, baixo unha frondosa arboleda, lugar paradisíaco. Arthur non apareceu. Estaba a súa banda, pero non era Love. Sin él non existe Love. Tocaron os seus temas, por momentos tentaron facernos olvidar a súa ausencia, pero era imposible. ¿por que non estaba él alí? Enfermidade, dician algúns. Pouco despois falecia de leucemia.
Corría o ano 2006, pero mr. Lee tiña conciencia da morte xa facía moito tempo. Ponme os pelos de punta The Red Telephone, tema aparentemente inocuo que encerra oscuridades inimaxinables:
"Sentado na ladeira dunha colina
vendo a toda a xente morrer
sentireime mellor no outro lado."
Espera á dama negra... sentado¡ A canción, tremenda, remata con un tozudo fraseo e unha súplica... Freedom, freedom, freedom. ¿quen ten prisioneiro a Arthur? Penso que a propia vida, a traxedia da súa existencia, culminada no caos e descontrol de un día a día marcado polas drogas e o alcohol, e a conciencia de ver cousas que outros nin sospeitaban.
Arthur Lee, negro deprimido na America das loitas raciais, nado en Memphis, emigrado a L.A. - California, home de personalidade atormentada e risa contaxiosa, como quen oculta ahí os seus tormentos. Monta un grupo na mitade da voráxine dos 60, e so se lle ocorre chamarlle Love. Ridiculamente tópico si se tratase de outro, ten todo o sentido ó tratarse de Lee. Porque, e especialmente no disco que nos ocupa, Arthur Lee, Love, trata os seus propios desenganos e desencontros co mundo con sorprendente falta de electricidade, de agresividade. Parece que o formato acústico, as orquestacións, sirven como elemento apaciguador e conteñén toda a negritude que hai destras dos temas. Arthur viste traxedias coas mellores sedas, decora sinsabores con lazos rosas, fainos ver que o mundo pode ser mellor, ... ainda que sexa un lugar infernal.
Corría setembro do 67. Setembro, como agora. Love leva grabando dende inicios do verán. Calor axfisiante fora, atmosferas doces e pausadas dentro. Si un cerra os ollos escoitando este disco rápidamente ve unha praia, nota as altas temperaturas, escoita a música que soaba, sinte ó seu lado esa muller de agosto. Dende logo Forever changes ten un sabor indiscutible a verán, pero según avanzas polos surcos unha e outra vez percibes a chegada do outono, un triste outono onde o sol se oculta e as follas caen.
Foi cumbre e tumba. Forever Changes é o apoxeo creativo dun home, dun grupo, detras do cal foron moitos dos mais mitificados ídolos da época. Jimmi Hendrix, amigo personal de Lee ou Jim Morrison, que sempre declarou querer chegar á súa altura, por nomear dous cercanos a él.
Séntate a escoitalo con paciencia, como si foses a disfrutar da froita prohibida do paraíso, que a cada mordisco che pode dar as sensacións mais doces ou os sabores mais amargos. As suaves e maravillosas melodias que envolven o ambiente son un terrible engano, e abren as portas do pozo mais profundo. Escoita no ultimo tema, You Set The Scene, o que di Lee:
... Este é o momento e a vida que estou vivindo
afrontarei cada dia con unha sonrisa
porque o tempo que se me concede é tan breve
e as cousas que debo facer tan importantes
hai lugares os que me dirixo
é o unico que teño claro
que o que vive haberá de morrer
e sempre haberá xente que se pregunte por que
e por cada saludo feliz haberá un adeus
xa haberá mais tempo de estar contigo
a quen pense que a vida é solo un xogo
¿gustouche o papel que che tocou xogar?
E remata o disco. Sinto frío. Necesito volver ó principio.
Necesito escoitar o trio inicial de cancións: Alone again or, A house is not a motel e Andmoreagain.
Esa suavidade acústica que me mece, esas melodias que envolven a miña cabeza, esa trompeta no primeiro tema, o mais coñecido do disco. Esa segunda canción, ritmo alto, verdades anticipadas a un tempo, ...as noticias de hoxe seran peliculas mañan..., e esa terceira, Andmoreagain, belisima, seductora, atrapate na sua tea de araña melódica.
Xa caemos na trampa, a ver quen nos saca agora. Porque o que se sucede é unha continuidade, unha unidade de acción, esa bateria apenas audible, as mullidas guitarras, os ventos e as cordas aullando en voz baixa, a paleta completa de cores orquestais. En A Daily Planet Lee observa o mundo dende unha ventana, en Bummer in the Summer canta sobre esa relación de verán fallida, unha muller esquiva, en The Good Humor ... Lee xoga co ointe, cun final de orquesta desencaixada, que te fai levantar do asento para ver si o disco se raiou. Pero non, segue ahí engaiolandome coas suas melodias e martirizandome cos seus textos.
Imaxino por un momento as incendiarias actuacións de Love no barrio de Sunset Strip no 67 e non podo mais que pedir a quen lle corresponda que me deixe viaxar no tempo, ainda que sexa por unha soa vez. E voa a miña imaxinación tamen para buscan canto hai de certo na lenda que di que o primeiro productor do Forever Changes era un homiño chamado Neil, de apelido Young, pero cuestions de choque de caracteres e supoño que drogas fixeron que Arthur Lee tomara as rendas. ¿que houbera pasado nese choque de trens? Creo que non sobreviria ninguen.
Love, Forever Changes. Amor, dor, caras da mesma moeda. Cando alguén che diga que te odia, non lle fagas moito caso, porque ó mellor o que quere decir é xusto o contrario.